Illas Alhucemas
From Wikipedia, the free encyclopedia
As Illas Alhucemas constitúen un conxunto de tres illotes situados na baía da Hoseima, enfronte da costa mediterránea de Marrocos, que son de soberanía española. Trátase do Peñón de Alhucemas e dos illotes de Tierra e Mar, situadas a uns 155 km ao leste de Ceuta e a uns 100 km ao oeste de Melilla. As illiñas de Mar e Tierra áchanse ao suroeste do Peñón e a unha distancia de 800 e 900 metros, respectivamente. A superficie total das illas é duns 0,04 km².
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Alhucemas (homónimos).
Tipo | arquipélago territorio disputado | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Melilla, España | |||
| ||||
Bañado por | Mar de Alborán | |||
Composto por | ||||
Xeografía
As tres illas son dun tamaño parello; o penedo tampouco chega ás 2 hectáreas. A maior altura do conxunto dáse no Peñón cunha cota de 27 metros sobre o nivel do mar. A illa de Mar non supera os 4 metros de altura mentres que a illa de Tierra chega só ata os 11 metros. As illas foron ocupadas temporalmente por España en 1560, sen consolidar un dominio nelas. Foron ocupadas definitivamente o 28 de agosto de 1673 por unha escuadra dirixida polo príncipe de Montesacro co fin de actuar contra os corsarios berberiscos.
Mar e Tierra están completamente deshabitadas (Mar foi o cemiterio do Peñón ), mentres que o Peñón está ocupado por forzas militares pertencentes ao Corpo de Regulares de Melilla do exército de terra español.
Historia
As illas pertencen á coroa española desde 1560, cando o sultán Muley Abdalá cedeullas a Filipe II a cambio da protección das invasións otomás. Foron ocupadas definitivamente o 28 de agosto de 1673, durante o reinando de Carlos II, por unha escuadra dirixida polo xeneral de Armada Andrés Dávalos, conde de Montesacro que a bautizou "San Agustín e San Carlos de Alhucemas" na honra aos barcos que o transportaron co fin de actuar contra os corsarios berberiscos. Desde entón sempre existiu unha guarnición española na illa.
As illas Alhucemas chegaron a ter unha poboación de 350 habitantes que exercían o comercio coa próxima cábila de Beni Urriaguel. Máis tarde converteuse nun penal de presos comúns, políticos e desterrados. En 1838 sufriu unha sublevación dos presos políticos.
En 1902, Francia recoñeceu a soberanía española do Peñón. En 1921 sufriu un ataque por parte dos homes de Abd el-Krim durante a Guerra do Rif. En 1922, as baterías cabileñas afundiron o vapor Juan de Juanes, que exercía as funcións de correo con Melilla. Está situado, aínda hoxe, a uns 150 m ao norte da illa. En 1925 participou no desembarco de Alhucemas como posición avanzada de combate, xa que tiña 24 pezas de artillaría con obuses de 155 e canóns de 7,5 a fin de apoiar a operación, con independencia da artillaría móbil das unidades de desembarco.
En 1957, as illas de Mar e Tierra foron cedidas por Marrocos a España.
No ano 2002, durante o incidente da illa Perejil, as illas de Mar e Tierra foron ocupadas por lexionarios españois[1], os cales instalaron algunhas tendas de campaña, co fin de evitar o acceso á zona por parte dos bañistas dunha praia próxima. O suceso provocou críticas por parte do alcalde de Al-Hoceima.
En 2012, 83 inmigrantes ocuparon a illa de Tierra pero os militares e a policía española desaloxáronos aos poucos días.[2]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.