Al-Hoceima
cidade de Marrocos From Wikipedia, the free encyclopedia
Al-Hoceima ou Alhucemas[1][2] (en árabe الحسيمة, Al-Hoceima que significa lavanda; en rifeño:ⴻⵍ-ⵃⵓⵙⵉⵎⴰ) é unha cidade capital da provincia homónima de Marrocos. Está situada na costa marroquí mediterránea, na parte oriental da baía de Alhucemas (ou de Al-Hoceima) e xunto ao Peñón de Alhucemas. Atópase, en liña recta, a uns 155 quilómetros ao leste de Ceuta e a 100 km ao oeste de Melilla.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Al-Hoceima (homónimos).
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Alhucemas (homónimos).
الحسيمة (ar) ⵍⵃⵓⵙⵉⵎⴰ (tzm) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Monarquía constitucional | Marrocos | |||
Rexión | Tánxer-Tétouan-Al Hoceïma | |||
Provincia | Provincia de Al-Hoceima | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 50.225 (2024) | |||
Número de fogares | 13.881 (2014) | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 37 m | |||
Creación | 1925 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | alhoceima.info | |||
Historia
A actual Al-Hoceima tivo a súa orixe nun asentamento precario no século XVII, pero non foi ata despois do desembarco de Alhucemas levado a cabo polas tropas españolas durante a guerra do Rif (1926) que se creou a actual poboación. Con todo, daquela chamóuselle Villa Sanjurjo, na honra do xeneral Sanjurjo, un dos protagonistas dese desembarco.
Durante a II República pasou a denominarse Villa Alhucemas, aínda que logo o réxime franquista restituíu novamente o nome de Villa Sanjurjo, que xa se mantivo durante o resto do protectorado español, ata o ano 1956 en que Marrocos accedeu á independencia. A partir desa data pasou a chamarse Al-Hoceima, en árabe, segundo a denominación marroquí.
Como legado da cultura española, quedan na vila numerosos edificios construídos durante a época do protectorado. Así, atópase nesta cidade o Colexio Español Melchor de Jovellanos, dirixido polo Estado español. Este conta cunha arquitectura similar a edificios do sur de España e foi en orixe un cuartel militar.
Na actualidade é unha cidade de vacacións de verán, frecuentada polo turismo, na súa maioría do norte de Europa, debido ás súas fermosas praias, en especial Praia Quemado, e á beleza da súa contorna, entre a cordilleira do Rif e as augas do Mediterráneo. Ten instalacións turísticas destacadas, como o Club Med, o complexo Chafarinas ou o Hotel Mohamed V.
Con todo, a cidade atópase afastada do nivel de desenvolvemento do resto do Marrocos turístico, cunha importante falta de infraestruturas e de promoción. Á marxe das estradas que chegan á cidade, no verán establécese un servizo marítimo que comunica a cidade con Málaga, nun treito de aproximadamente unhas 11 horas.
Al-Hoceima e os seus arredores sufriron un importante sismo de 6,5 graos na escala Richter o 24 de febreiro de 2004, que causou graves danos materiais e provocou a morte de cando menos 560 persoas.
Demografía
Malia que se estima en 60 000 habitantes a súa poboación, non se pode saber con exactitude, pois existe un alto índice de poboación que vive no campo.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.