Abd el-Krim

Presidente da República do Rif From Wikipedia, the free encyclopedia

Abd el-Krim

Abd el-Krim[1] (amazigh: Mulay Abdelkrim, nome completo: Muhammad Ibn 'Abd El-Karim El-Khattabi), nado en Ajdir o 12 de xaneiro de 1882 e finado no Cairo o 6 de febreiro de 1963, foi un líder bérber do Rif convertido en líder da resistencia armada do goberno colonial español e francés no norte de África.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Abd el-Krim

Biografía
Nacemento12 de xaneiro de 1882
Ajdir (Marrocos)
Morte6 de febreiro de 1963 (81 anos)
O Cairo, Exipto
Causa da mortemorte natural
Lugar de sepulturaO Cairo
Maroc (en)
18 de setembro de 1921 – 17 de maio de 1926 (Guerra do Rif)
Datos persoais
RelixiónIslam
EducaciónMadraça Attarine (pt)
Universidade Al Quaraouiyine (pt)
Universidade de Salamanca
Actividade
Campo de traballoPolítica e xornalismo
Ocupacióncadí, xornalista, membro da resistencia, político, escritor, tradutor, presidente
Carreira militar
LealdadeRepública do Rif
Rango militarcapitán xeneral
ConflitoBatalla de Annual
Guerra do Rif
Participou en
8 de setembro de 1925Desembarco de Alhucemas
29 de xullo de 1921Massacre of Monte Arruit (en)
22 de xullo de 1921Batalla de Annual
8 de xuño de 1911Guerra do Rif
Familia
PaiAbdelkrim Khattabi
IrmánsMhamed Abd el-Krim
Sinatura

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética (1926—1947)
Dictionary of African Biography,
Abdelkrim: Whose Hero is He? The Politics of Contested Memory in Today's Morocco (en)
Pechar

Traxectoria

O seu pai era Abdelkrim El-Khattabi, un cadi (xuíz islámico) do clan Ait Yusuf da tribo Aith Uriaghel, colaborador dos españois. Abd el-Krim estudou na Universidade de Fez e ao rematar recibiu o nomeamento de cadi en Melilla. Durante a primeira guerra mundial seu pai colaborou cos alemáns e Abd el-Krim permaneceu en prisión un ano (1915). Cando os españois entraron nas montañas do Rif en 1919 seu pai chamou os seus fillos e Abd el-Krim acudiu á chamada. Trala morte de seu pai en agosto de 1920 Abd el-Krim converteuse no líder da resistencia rifeña, en xuño de 1921 os rifeños dirixidos por Abd el-Krim atacaron unha posición española en Abarran, a súa caída supuxo o punto de partida dunha resistencia máis ampla có comezo da Guerra do Rif, durante o verán atacáronse posicións españolas e o 22 de xullo derrotou ás tropas españolas na batalla de Annual.

Abd el-Krim constituíu un goberno central no Rif, nomeou un cadí en cada cabila co obxecto de reforzar ese poder e unha policía secreta que o mantiña informado, tamén organizou un exército regular, que non conseguiu desenvolverse xa que a maioría das accións militares realizáronas as propias cabilas. En 1923 estendeu o seu poder sobre Gomara, rexión ao oeste do Rif. En 1924 fíxose co control da Yebala (rexión ao sur de Tetuán) pero tivo contestación das cabilas locais, que non recoñecían a súa autoridade, e ás que reprimiu. En abril de 1925 atacou posicións francesas e en xuño as tropas rifeñas estaban a 40 quilómetros de Fez, mentres tanto España e Francia chegaban a un acordo en Madrid para unha acción militar coordinada, o 10 de setembro desembarcaron tropas españolas mentres os franceses avanzaban polo sur. O 26 de maio de 1926 Abd el-Krim rendeuse aos franceses que o deportaron á illa de Reunión, en 1947 fuxiu mentres era trasladado á metrópole e refuxiouse en Exipto, onde encabezou o Comité de Liberación do Magreb Árabe.

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.