Músico e cantante galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Davide Salvado, nado en Marín o 24 de xullo de 1981, é un cantante de música tradicional galega.[1][2]
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de xullo de 1981 (43 anos) Marín, España |
Actividade | |
Ocupación | cantante, labrego |
Instrumento | Voz |
Ten formación autodidacta, percorrendo a xeografía galega para recoller a música tradicional. No 2004 comezou a formar parte do grupo Ecléctica Ensemble, xunto a Ugia Pedreira, Ramon Pinheiro e Richard Rivera. Pouco despois, uniuse como cantante e percusionista á banda de Xosé Manuel Budiño, coa que xirou por escenarios de medio mundo. É cantante na Banda das Crechas.
Achegouse a xéneros como o cabaré. Canda a Pepa Yáñez formou a compañía Cabaret d'Aquí, coa que levaron a cabo espectáculos como Unha noite no muíño non é nada ou O negro vai con todo, xunto a Nacho Muñoz. No mundo do teatro participou na obra As Dunas, do Centro Dramático Galego, e no musical Dillei de Carlos Blanco.
En 2023 lanzou o trío Permita Deus, a canda Cibrán Seixo (violín) e Antonio Casado (guitarra eléctrica).
Recibiu o premio Martín Códax na categoría de música tradicional galega en 2014 e 2017.
Vive en Liulfe (Palas de Rei)[3].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.