Xosé Manuel Budiño, nado en Moaña en 1969, é un músico e gaiteiro galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Modelo:BiografíaXosé Manuel Budiño
Thumb
(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1969 Editar o valor en Wikidata (54/55 anos)
Moaña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm2002929 Facebook: xosemanuelbudino iTunes: 265498779 Last fm: Xosé+Manuel+Budiño Musicbrainz: 7025b16f-c58d-4939-9d25-74b871cbc6da Songkick: 354140 Discogs: 1625898 Editar o valor en Wikidata
Pechar

Traxectoria

A comezo dos 80 vai á escola de gaitas "Semente Nova" de Moaña. Participa na banda de gaitas Xarabal e en 1991 funda o grupo Fol de Niu, colaborando posteriormente con bandas como Altan (Irlanda), Capercaillie (Escocia), Oskorri (Euskadi) ou artistas como Kepa Junkera e Uxía Senlle.

En 1996 presenta o seu proxecto en solitario Paralaia. Para as actuacións contou con Leandro Deltell (Batería, percusións), Xan Hernández (baixo), Pedro Pascual (bouzouki, mandola), Xabier Díaz (acordeón) e Pablo Alonso (clarinete baixo).

No seu álbum Fulgor (2019), Budiño interpreta por primeira vez coa súa voz as melodías das cancións.[1] Neste álbum mestura elementos da música tradicional galega coa electrónica ou o pop.

A carreira musical de Budiño permitiulle levar a música galega polo mundo, con actuación en cidades como Shanghai, Damasco, Beirut, Casablanca, Frankfurt, Milán, Glasgow ou Cidade de México.

Discografía

  • 1997 - Paralaia
  • 2000 - Arredor
  • 2004 - Zume de Terra
  • 2004 - Colabora no disco do cantautor Xil Ríos Vai e ven como frautista no tema "Alalá o meu mare"
  • 2007 - Home (coas colaboracións de Xoel López, Kepa Junkera, Mercedes Peón, Jorge Pardo e Jacky Molard)
  • 2010 - Volta
  • 2013 - Sotaque
  • 2019 - Fulgor

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.