cantante galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Xoel López, nado na Coruña o 12 de agosto de 1977, anteriormente coñecido polo nome da súa banda musical unipersoal Deluxe, é un músico galego. As principais linguas que utiliza nas letras son o inglés e o castelán, aínda que tamén ten algún tema en galego.
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de agosto de 1977 (47 anos) A Coruña, España |
Outros nomes | Deluxe |
Actividade | |
Ocupación | músico |
Período de actividade | 2000 - |
Xénero artístico | Música pop |
Selo discográfico | EMI |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Páxina web | xoel.com |
Desde 1996 formou parte do grupo Elephant Band, co que chegou a tocar no Festival da Illa de Wight.[1]
Xa en solitario, como Deluxe, deu numerosos concertos en España e participou no Festimad, Festival Internacional de Benicàssim (2002, 2003 e 2005), Sonorama, Contempopranea, Espárrago Rock, Festival do Norte e moitos outros. Ademais deu unha xira con Juan Aguirre (Amaral) e participou no proxecto Laboratorio Ñ con Iván Ferreiro, Amaral e Quique González, entre outros[2]. Deu concertos ademais en Renania do Norte-Westfalia, Alemaña durante o Mundial de Fútbol de 2006.[3]
Os seus primeiros álbums graváronse baixo o selo de Mushroom Pillow, pero o seu traballo, Fin de un viaje infinito, gravouse con Virgin Records. O seu LP Los Jóvenes Mueren Antes de Tiempo foi considerado o mellor de 2005 segundo a revista Rolling Stone.
Not What You Had Thought | (2001) |
If Things Were to Go Wrong | (2004) |
Los jóvenes mueren antes de tiempo | (2005) |
Fin de un viaje infinito | (2007) |
Reconstrucción | (2008) |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.