copiloto de rally monegasco From Wikipedia, the free encyclopedia
Daniel Elena, nado en Mónaco o 26 de outubro de 1972, é un copiloto de rally monegasco, de orixe galega. É o copiloto máis laureado da historia do Campionato do Mundo, con nove títulos e 79 vitorias, todas elas logradas xunto ao piloto francés Sébastien Loeb. Destacan entre outras as súas actuacións no Rally Cataluña e no Rally de Alemaña, conquistando nove veces cada un deles, no Rally da Arxentina, que gañou en oito ocasións, ou no Rally de Montecarlo, onde sumou sete vitorias.
(2005) | |||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 26 de outubro de 1972 (52 anos) Mónaco | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | copiloto (–2021), piloto de automobilismo | ||||||||||||||||
Deporte | rally rally raid (en) | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||
Foi ademais campión de Francia e disputou cinco veces xunto a Loeb o Rally Dakar, sumando 14 vitorias de etapa e subindo ao podio final nas edicións de 2017 e 2019.
É fillo de Amelia Rivera, unha emigrante galega das Somozas, que se instalou en Mónaco na súa xuventude.[1]
Comezou nos rallys en 1992, como copiloto de Christophe Bovini no campionato francés, pero a súa primeira tempada completa realizouna en 1996, xunto a Hervé Bernard. En 1998 converteuse no copiloto de Sébastien Loeb, co que correu durante practicamente toda a súa carreira deportiva. Ese mesmo ano disputou o Trofeo Citroën do campionato francés a bordo dun Citroën Saxo, gañando as tres probas que rematou, e ao ano seguinte conquistou o título. Debutou no Campionato do Mundo no Rally Cataluña de 1999, aínda que sen poder completalo por mor dun accidente, e ao ano seguinte gañou o campionato francés de dúas rodas motrices.
No 2001 fíxose co campionato francés, enriba dun Xsara preparado por Piedrafita Sport, e gañou tamén o Campionato de Super 1600 da FIA, neste caso a bordo dun Saxo 1600. Ese mesmo ano correu por primeira vez co equipo oficial de Citroën no Campionato do Mundo, disputando cun Xsara o Rally de San Remo, e conseguindo subir ao podio na segunda posición, só por detrás do Peugeot 206 dos irmáns Gilles e Hervé Panizzi.
En 2002 correu varios rallys máis do campionato mundial co equipo Citroën, logrando a súa primeira vitoria, no Rally de Alemaña, e en 2003 pasou a ser copiloto oficial do equipo a tempo completo, gañando tres rallys, incluído o da súa casa, o Rally de Montecarlo, e rematando subcampión por detrás de Mills Phil e por diante de Marc Martí.
No 2004 conseguiu seis vitorias, proclamándose por primeira vez campión do mundo. Nos seguintes anos o dominio de Loeb e Elena no campionato do mundo foi case total, acadando os nove títulos consecutivos, e chegando a gañar ata 11 rallys nunha mesma tempada. No 2006 igualou e superou ao coruñés Luís Moya como o copiloto con máis vitorias no campionato (26), e durante as seguintes tempadas elevou a cifra ata 79.
Tanto el como Loeb deixaron o Campionato do Mundo en 2013, disputando durante os seguintes anos só algunha proba de xeito ocasional. En 2018, a bordo dun Citroën C3, lograron unha nova vitoria no Rally Cataluña, por diante dos vixentes campións do mundo, Sébastien Ogier e Julien Ingrassia. O equipo oficial de Hyundai ofreceulles entón un contrato de dous anos para disputar varias probas nas tempadas 2019 e 2020, e lograron subir ao podio dúas veces máis, no Rally de Chile de 2019 e no Rally de Turquía de 2020.
Entre 2016 e 2019 competiu xunto a Loeb no Rally Dakar, cun Peugeot 3008 modificado. Na edición de 2017 lograron cinco vitorias de etapa e remataron subcampións, por detrás de Stéphane Peterhansel e Jean-Paul Cottret. Volveu ao Dakar en 2021, a bordo dun vehículo de Prodrive,[2] pero tras numerosos problemas o equipo tivo que abandonar a proba. O mal rendemento no Dakar, fixo que Loeb despedise a Elena, separándose a parella despois de 23 anos xuntos.[3][4]
Ademais da súa labor como copiloto, fixo algunhas incursións como piloto, entre elas no Rally de Montecarlo de 1998, que correu cun Peugeot 106 Rallye.
Ano | Equipo | Vehículo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | Posición | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1999 | Equipe de France FFSA | Citroën Saxo Kit Car | ESP Ret |
FRA 19 |
ITA 21 |
- | 0 | |||||||||||||
2000 | Sébastien Loeb | Citroën Saxo Kit Car | FIN Ret |
GBR 38 |
- | 0 | ||||||||||||||
Equipe de France FFSA | Toyota Corolla WRC | FRA 9 |
ITA 10 |
|||||||||||||||||
2001 | Sébastien Loeb | Citroën Saxo Kit Car | MON 15 |
SUE Ret |
14º | 6 | ||||||||||||||
Citroën Saxo S1600 | ESP 15 |
GRE 19 |
FIN 28 |
FRA 13 |
GBR 15 |
|||||||||||||||
Automobiles Citroën | Citroën Xsara WRC | ITA 2 |
||||||||||||||||||
2002 | Automobiles Citroën | Citroën Xsara WRC | MON 2 |
SUE 17 |
ESP Ret |
GRE 7 |
KEN 5 |
FIN 10 |
ALE 1 |
GBR Ret |
10º | 18 | ||||||||
Piedrafita Sport | AUS 7 |
|||||||||||||||||||
2003 | Citroën Total | Citroën Xsara WRC | MON 1 |
SUE 7 |
TUR Ret |
NZL 4 |
ARX Ret |
GRE Ret |
CHP 3 |
ALE 1 |
FIN 5 |
AUS 2 |
ITA 1 |
FRA 13 |
ESP 2 |
GBR 2 |
2º | 71 | ||
2004 | Citroën Total | Citroën Xsara WRC | MON 1 |
SUE 1 |
MEX Ret |
NZL 4 |
CHP 1 |
GRE 2 |
TUR 1 |
ARX 2 |
FIN 4 |
ALE 1 |
XAP 2 |
GBR 2 |
ITA 2 |
FRA 2 |
ESP Ret |
AUS 1 |
1º | 118 |
2005 | Citroën Total | Citroën Xsara WRC | MON 1 |
SUE Ret |
MEX 4 |
NZL 1 |
ITA 1 |
CHP 1 |
TUR 1 |
GRE 1 |
ARX 1 |
FIN 2 |
ALE 1 |
GBR 3 |
XAP 2 |
FRA 1 |
ESP 1 |
AUS Ret |
1º | 127 |
2006 | Kronos Total Citroën WRT | Citroën Xsara WRC | MON 2 |
SUE 2 |
MEX 1 |
ESP 1 |
FRA 1 |
ARX 1 |
ITA 1 |
GRE 2 |
ALE 1 |
FIN 2 |
XAP 1 |
CHP 1 |
1º | 112 | ||||
2007 | Citroën Total WRT | Citroën C4 WRC | MON 1 |
SUE 2 |
NOR 14 |
MEX 1 |
POR 1 |
ARX 1 |
ITA Ret |
GRE 2 |
FIN 3 |
ALE 1 |
NZL 2 |
ESP 1 |
FRA 1 |
XAP Ret |
IRL 1 |
GBR 3 |
1º | 116 |
2008 | Citroën Total WRT | Citroën C4 WRC | MON 1 |
SUE Ret |
MEX 1 |
ARX 1 |
XOR 10 |
ITA 1 |
GRE 1 |
TUR 3 |
FIN 1 |
ALE 1 |
NZL 1 |
ESP 1 |
FRA 1 |
XAP 3 |
GBR 1 |
1º | 122 | |
2009 | Citroën Total WRT | Citroën C4 WRC | IRL 1 |
NOR 1 |
CHP 1 |
POR 1 |
ARX 1 |
ITA 4 |
GRE Ret |
POL 7 |
FIN 2 |
AUS 2 |
ESP 1 |
GBR 1 |
1º | 93 | ||||
2010 | Citroën Total WRT | Citroën C4 WRC | SUE 2 |
MEX 1 |
XOR 1 |
TUR 1 |
NZL 3 |
POR 2 |
BUL 1 |
FIN 3 |
ALE 1 |
XAP 5 |
FRA 1 |
ESP 1 |
GBR 1 |
1º | 276 | |||
2011 | Citroën Total WRT | Citroën DS3 WRC | SUE 6 |
MEX 1 |
POR 2 |
XOR 3 |
ITA 1 |
ARX 1 |
GRE 2 |
FIN 1 |
ALE 2 |
AUS 10 |
FRA Ret |
ESP 1 |
GBR Ret |
1º | 222 | |||
2012 | Citroën World Rally Team | Citroën DS3 WRC | MON 1 |
SUE 6 |
MEX 1 |
POR Ret |
ARX 1 |
GRE 1 |
NZL 1 |
FIN 1 |
ALE 1 |
GBR 2 |
FRA 1 |
ITA Ret |
ESP 1 |
1º | 259 | |||
Ano | Equipo | Piloto | Vehículo | Posto | Vitorias |
---|---|---|---|---|---|
2016 | Team Peugeot | Sébastien Loeb | Peugeot 3008 DKR | 9º | 4 |
2017 | Team Peugeot | Peugeot 3008 DKR | 2º | 5 | |
2018 | Team Peugeot | Peugeot 3008 DKR | Ret | 1 | |
2019 | PH Sport | Peugeot 3008 DKR | 3º | 4 | |
2021 | Bahrain Raid Extreme | Prodrive BRX Hunter | Ret | 0 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.