From Wikipedia, the free encyclopedia
Hyundai Motor Company (en coreano: 현대자동차 주식회사, hanja: 現代自動車株式會社, Hyeondae Jadongcha Jushikhwesa; que significa modernidade) é unha multinacional surcoreana de fabricación de automóbiles con sede en Seúl. A compañía foi fundada en 1967 e, xunto coa súa subsidiaria Kia Motors, conforma o Hyundai Motor Group, que é o quinto meirande grupo automobilístico do mundo en función de vendas anuais.[1][2] No 2008, Hyundai Motor (sen Kia) clasificouse como a oitava meirande empresa de automoción.[3] No 2012, a compañía vendeu 4,4 millóns de vehículos en todo o mundo,[4] e xunto con Kia, as vendas ascenderon a 7,12 millóns.[5]
No 2010, Hyundai era o cuarto maior fabricante de coches do mundo. Ademais, conta coa meirande fábrica integrada de todo o mundo[6] en Ulsan, Corea do Sur, que ten unha produción anual de 1,6 millóns de unidades. A empresa ten 75.000 empregados en todo o mundo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.