Remove ads
moeda de Singapur From Wikipedia, the free encyclopedia
O dólar (en chinés: 元, támil: வெள்ளி, malaio: Ringgit, e inglés: dollar), é a moeda de curso legal de Singapur. Divídese en 100 centavos e o seu código ISO 4217 é SGD. Normalmente adóitase abreviar utilizando o símbolo do dólar e engadindo a letra S para diferencialo doutros dólares: S$.
Dólar de Singapur | |
---|---|
新加坡元 (Xīnjiāpō Yuán) en chinés Ringgit Singapura en malaio சிங்கப்பூர் வெள்ளி Siṅkappūr veḷḷi en támil Singaporean dollar en inglés | |
Código: | SGD |
Ámbito: | Singapur Brunei |
Símbolo: | S$ |
Fracción: | 100 centavos |
Moedas: | 1, 5, 10, 20, 50 centavos e 1 dólar |
Billetes: | 2, 5, 10, 20, 50, 100, 1.000 e 10.000 dólares |
Emisor: | Autoridade Monetaria de Singapur http://www.mas.gov.sg |
Taxa de troco: 21-2-2014 [1] | 1 EUR = 1.73 SGD 1 USD = 1.26 SGD |
Entre 1845 e 1939 Singapur utilizou o dólar do Estreito. Este foi substituído polo dólar malaio e, desde 1953, o dólar de Malaia e Borneo, que foron emitidos polo Consello Monetario para Malaia e Borneo.
Singapur seguiu utilizando a moeda común ata que se integrou en Malaisia en 1963, pero dous anos despois independizouse, e desligouse a unión monetaria con Malaisia e Brunei. O 7 de abril de 1976, Singapur estableceu un Consello Monetario e emitiu as primeiras moedas e billetes. De todos os xeitos, o dólar de Singapur cambiábase á vez co ringgit malaio ata 1973, e hoxe en día mantén esa intercambiabilidade co dólar de Brunei.
Ao principio, o dólar de Singapur fixouse á libra esterlina cunha taxa de cambio de 60 SGD = 7 GBP. Esta taxa mantívose ata a decimalización de todas as moedas baseadas na libra esterlina a principios dos 70. Tras este cambio, Singapur fixou a súa taxa de cambio en base ao dólar durante un curto período de tempo. Co desenvolvemento económico do país e a diversificación dos seus intercambios entre distintos países, Singapur fixou a súa taxa de cambio definitiva a unha cesta de divisas entre 1973 e 1985. Desde 1985 en diante, Singapur adoptou un sistema de mercado baseado no réxime de cambio de divisas, no que o dólar de Singapur tiña a propiedade de ser unha moeda flutuante, pero fortemente controlada pola Autoridade Monetaria de Singapur en comparación coas demais divisas coas que Singapur realizaba intercambios. Isto en teoría dálle un maior control ao goberno de Singapur sobre a inflación importada e para asegurar que as exportacións sexan máis competitivas. Toda a moeda emitida por Singapur está amplamente apoiada polo mercado internacional para manter a confianza do público. O 1 de outubro de 2002 o Consello Monetario de Singapur disolveuse, e as súas funcións e competencias foron asumidas pola Autoridade Monetaria de Singapur.
No 1967, introducíronse as primeiras series de moedas en denominacións de 1, 5, 10, 20, 50 centavos e 1 dólar. Exceptuando a moeda de 1 centavo, todas as demais cuñáronse en cuproníquel. En 1985 introduciuse unha nova serie nas mesmas denominacións, só que os tamaños, os metais e os deseños varían.[2][3]
Estas moedas foron cuñadas na Casa da Moeda de Singapur, que acababa de establecerse.[3][4]
Denominación | Emisión | Metal | Canto | Diámetro (mm) |
Peso (g) |
Grosor (mm) |
Anverso | Reverso |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 Centavo | 1967-1984 | Cu+Zn | Liso | 17,80 | 1,94 | 1,11 | Vivendas de protección oficial e fonte | 1 CENT - Espigas de arroz - SINGAPORE - ano de cuñaxe |
5 Centavos | 1967-1984 | Cu+Ni | Estriado | 16,26 | 1,41 | 1,01 | Anhinga oriental | 5 CENTS - Espigas de arroz - SINGAPORE - ano de cuñaxe |
10 Centavos | 1967-1984 | Cu+Ni | Estriado | 19,41 | 2,83 | 1,39 | Cabalo de mar | 10 CENTS - Espigas de arroz - SINGAPORE - ano de cuñaxe |
20 Centavos | 1967-1984 | Cu+Ni | Estriado | 23,60 | 5,66 | 1,77 | Pez espada | 20 CENTS - Espigas de arroz - SINGAPORE - ano de cuñaxe |
50 Centavos | 1967-1984 | Cu+Ni | Estriado | 27,76 | 9,33 | 2,03 | Pez león | 50 CENTS - Espigas de arroz - SINGAPORE - ano de cuñaxe |
1 Dólar | 1967-1984 | Cu+Ni | Estriado | 33,32 | 16,85 | 2,38 | León de Singapur | $1 - Espigas de arroz - SINGAPORE - ano de cuñaxe |
Denominación | Emisión | Metal | Canto | Diámetro (mm) |
Peso (g) |
Grosor (mm) |
Anverso | Reverso |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 Centavo | 1985-2013 | Cu+Zn | Liso | 15,90 | 1,24 | 1,10 | Escudo de armas - SINGAPORE - SINGAPURA - 新加坡 - சிங்கப்பூர் - ano de cuñaxe | 1 - ONE CENT - Orquídeas |
5 Centavos | 1985-2013 | Cu+Ni+Zn | Estriado | 16,75 | 1,56 | 1,22 | Escudo de armas - SINGAPORE - SINGAPURA - 新加坡 - சிங்கப்பூர் - ano de cuñaxe | 5 - FIVE CENTS - Costela de Adán |
10 Centavos | 1985-2013 | Cu+Ni | Estriado | 18,50 | 2,60 | 1,38 | Escudo de armas - SINGAPORE - SINGAPURA - 新加坡 - சிங்கப்பூர் - ano de cuñaxe | 10 - TEN CENTS - Xasmín estrullado |
20 Centavos | 1985-2013 | Cu+Ni | Estriado | 21,36 | 4,50 | 1,72 | Escudo de armas - SINGAPORE - SINGAPURA - 新加坡 - சிங்கப்பூர் - ano de cuñaxe | 20 - TWENTY CENTS - Calandra |
50 Centavos | 1985-2013 | Cu+Ni | Estriado REPUBLIC OF SINGAPORE |
24,66 | 7,29 | 2,06 | Escudo de armas - SINGAPORE - SINGAPURA - 新加坡 - சிங்கப்பூர் - ano de cuñaxe | 50 - FIFTY CENTS - Trompeta de ouro |
1 Dólar | 1985-2013 | Cu+Ni+Zn | Estriado REPUBLIC OF SINGAPORE |
22,40 | 6,30 | 2,40 | Escudo de armas - SINGAPORE - SINGAPURA - 新加坡 - சிங்கப்பூர் - ano de cuñaxe | $1 - ONE DOLLAR - Lochnera rosea |
O 21 de febreiro de 2013 a Autoridade Monetaria de Singapur anunciou a emisión dunha nova serie de moedas que entraron en circulación o 26 de xuño de 2013, representando símbolos nacionais e paisaxes de Singapur.[5][6]
O 12 de xuño de 1967, emitíronse as primeiras series de billetes coñecidos como a "Serie das Orquídeas". Introducíronse as denominacións de 1, 5, 10, 50, 100 e 1.000 dólares. En 1972 engadíronse denominacións de 25 e 500 dólares, seguidos dos billetes de 10.000 dólares en 1973. Entre 1976 e 1980 introduciuse unha nova serie, coñecida como a "Serie dos Paxaros". Esta serie engadiu unha denominación de 20 dólares en 1979. A "Serie dos Barcos" introduciuse ntre 1985 e 1989 nas mesmas denominacións excepto porque non se introduciu o billete de 20 dólares, e engadiuse un de 2 dólares.
A serie actual introduciuse en 1999, coa omisión das denominacións de 1 e 500 dólares. Nos billetes aparece o retrato do primeiro presidente da República de Singapur, Yusof bin Ishak. Esta serie ten billetes impresos en papel normal e en polímero.
Tamén se emiten billetes conmemorativos en cantidades concretas, por exemplo o de 20 dólares emitido o 27 de xuño de 2007 para conmemorar os corenta anos do acordo monetario entre Singapur e Brunei.
Denominación | Cor predominante | Dimensións | Descrición do anverso | Descrición do reverso |
---|---|---|---|---|
2 Dólares | Violeta | 126 x 63 mm | 2 - TWO DOLLARS - Yusof bin Ishak - Escudo de armas - SINGAPORE - 新加坡 - சிங்கப்பூர் - SINGAPURA | 2 - Estudantes - Victoria Bridge School - Raffles Institution - Facultade de Medicina |
5 Dólares | Verde | 133 x 66 mm | 5 - FIVE DOLLARS - Yusof bin Ishak - Escudo de armas - SINGAPORE - 新加坡 - சிங்கப்பூர் - SINGAPURA | 5 - Xardín Botánico de Singapur - Tembusu |
10 Dólares | Vermello | 141 x 69 mm | 10 - TEN DOLLARS - Yusof bin Ishak - Escudo de armas - SINGAPORE - 新加坡 - சிங்கப்பூர் - SINGAPURA | 10 - Deportistas |
20 Dólares | Amarillo | 145 x 69 mm | 20 - TWENTY DOLLARS - Yusof bin Ishak - Escudo de armas - SINGAPORE - 新加坡 - சிங்கப்பூர் - SINGAPURA | 20 - Vista da cidade de Singapur - Mesquita de Omar Ali Saifuddin en Bandar Seri Begawan - FORTY YEARS CURRENCY INTERCHANGEABILITY AGREEMENT 1967-2007 - SINGAPORE - BRUNEI DARUSSALAM |
50 Dólares | Azul | 156 x 74 mm | 50 - FIFTY DOLLARS - Yusof bin Ishak - Escudo de armas - SINGAPORE - 新加坡 - சிங்கப்பூர் - SINGAPURA | 50 - Instrumentos musicais: frauta chinesa, kompang malaio, veena india e violín |
100 Dólares | Laranxa | 162 x 77 mm | 100 - ONE HUNDRED DOLLARS - Yusof bin Ishak - Escudo de armas - SINGAPORE - 新加坡 - சிங்கப்பூர் - SINGAPURA | 100 - Voluntarios da Cruz Vermella de Singapur, a Brigada de St. John's Ambulance e o Corpo de Cadetes da Policía Nacional |
1.000 Dólares | Violeta | 170 x 83 mm | 1000 - ONE THOUSAND DOLLARS - Yusof bin Ishak - Escudo de armas - SINGAPORE - 新加坡 - சிங்கப்பூர் - SINGAPURA | 1000 - Edificio Istana - Parlamento de Singapur - Corte Suprema de Justicia |
10.000 Dólares | Amarillo | 180 x 90 mm | 10000 - TEN THOUSAND DOLLARS - Yusof bin Ishak - Escudo de armas - SINGAPORE - 新加坡 - சிங்கப்பூர் - SINGAPURA | 10000 - Microchip - Técnico con ordenador - Secuencia dunha proteína |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.