Radio comunitaria da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
Cuac FM é unha radio comunitaria[1] que emite desde 1996[2] no 103.4 FM da Coruña e a través de Internet. Está xestionada pola asociación cultural Colectivo de Universitarios Activos, que dá nome á emisora; esta asociación foi declarada no ano 2021 de utilidade pública pola Xunta de Galicia.[3]
Cuac FM | |
---|---|
Localización | A Coruña |
Área de radiodifusión | A Coruña |
Eslogan | Nada que ver. |
Frecuencia | 103.4 FM |
Primeira emisión | 8 de marzo de 1996 |
Formato | FM Internet |
Lingua(s) | Galego e castelán |
Clase | Radio comunitaria |
Afiliación | Asociación Mundial de Radios Comunitarias, Red de Medios Comunitarios, ReGaRLiC |
Propietario | Colectivo de Universitarios Activos |
Na rede | |
Webcast | |
https://cuacfm.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A radio está situada nun edificio do Campus da Zapateira, da Universidade da Coruña,[4] onde se atopa o estudio José Couso (ou estudio 1) e a redacción da emisora. Dende o 29 de xaneiro de 2011 está en funcionamento o estudio Alexandre Bóveda ou estudio 2 (estudio de gravación).[5][6][7] Desde 2015, a Escola de Radio e Asociacionismo da emisora sitúase no anexo do edificio.[8] A súa actual presidenta é Paula Alonso.[9]
Desde a súa fundación foi canteira[10] de numerosos comunicadores de prensa escrita, radio e televisión, tales como Hugh McGinley,[11] Antón Lezcano, Txury Ferrer, Tomás Legido, Mariano Fernández, Víctor Grande, Estíbaliz Espinosa, Fernando Molezún, Teba Chacón, Javier Lojo, Isaac González, Álvaro Valiño ou Francisco Dotras. Os seus padriños de honra son o escritor e periodista Manuel Rivas e o tamén escritor e músico Xurxo Souto.
A emisora ten a súa orixe no club de prensa da Universidade da Coruña.[12] O dito club realizaba en 1995 un programa chamado A pé de Campus en Radio Culleredo, así que pensaron que a UDC debería ter unha radio que dese voz a todos os estudantes e colectivos, polo cal o 15 de xuño de 1995 crearon o Colectivo de Universitarios Activos como asociación xuvenil. Unicamente dous dos fundadores (Tomás Legido e Mariano Fernández), seguen formando parte activa de Cuac FM.[2][10][13] Por esa data comezou Café con Gotas, conducido por Pablo Rubén Fernández, único programa que se mantivo ininterrompidamente desde a inauguración da emisora.[9]
O 8 de marzo de 1996, instalouse o dipolo radiante vertical (antena) e o emisor nun despacho da Facultade de Económicas, e comezou o período de probas. A inauguración oficial produciuse o 27 de marzo, contando no estudio con Antonio Erias, Decano da Facultade de Económicas, e Manuel Sarceda, Vicerreitor de Estudantes.
En maio de 2002, clausurouse por sorpresa o estudio, xa que a Facultade de Económicas se mudaba ao Campus de Elviña, e o seu edificio sería ocupado pola Facultade de Filoloxía (empregouse o espazo do aula para ampliar a biblioteca), e en outubro de 2003 reiniciáronse[14][15] as emisións por FM, coa participación de Manuel Rivas e Xurxo Souto.[16]
En 2006, coincidindo co seu décimo aniversario,[17] participou xunto con outros 5 proxectos radiofónicos, na creación da Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias[18] (ReGaRLiC), aínda que esta aínda non ten personalidade xurídica. É un dos proxectos fundadores da Red de Medios Comunitarios,[19] asociación que dá forma xurídica ao movemento de medios comunitarios no Estado español, no que participa activamente durante os catro anos previos á súa constitución.[20] Sobre Cuac FM recae a sede social[19] da Rede na Asemblea Fundacional celebrada en Madrid o 24 de maio de 2009, e a emisora asumiría a Secretaría e a Coordinadora de Lexislación na persoa de Mariano Fernández. Nesta época, mentres se tramitaba a Lei Xeral da Comunicación Audiovisual,[21] a emisora posicionouse a favor[22][23] da regulación dos medios do Terceiro Sector da Comunicación.[24][25][26]
A publicación en setembro de 2006 do Plan Técnico Nacional de Radiodifusión Sonora[27] permitiu que Galicia sacase a concurso 84 frecuencias de FM máis, tres delas na Coruña: 87,7, 99,9 e 106,8. Non foi ata o 7 de agosto de 2011 cando a Xunta de Galicia convocou un concurso de licenzas exclusivamente para emisoras comerciais, ao que respondeu nun comunicado Cuac FM,[28][29] protestando por que as radios comunitarias quedaran fóra do concurso de licenzas, e lembrando que o dial 103.2 en Ferrol estaba a concurso e que coa convocatoria se esgotaba o espectro radioeléctrico previsto. Tendo en conta o ditame do Consello Consultivo de Galicia, que (entre outras incompatibilidades) non considerou correcta a denominación das emisoras comerciais por excluír do concurso as que non tiñan esa denominación, a Xunta declarou deserto o concurso,[30] e convocou outro o 30 de xullo de 2012.[31] Aínda que cambiou o seu nome a emisoras privadas, o devandito certame deixa fóra do seu ámbito de aplicación aos servizos de comunicación audiovisual radiofónica comunitaria sen ánimo de lucro no artigo primeiro das súas bases.[32] A resposta da emisora foi unha rolda de prensa na cal anunciaron que, mentres a Rede de Medios Comunitarios impugnará o concurso por vulnerar os dereitos dos medios comunitarios,[33] Cuac FM presentaríase ao concurso para obter unha licenza comercial,[34] e iniciaría unha campaña de recollida de fondos para o financiamento masivo de poder afrontar o proceso.[35] Así mesmo, iniciaron unha campaña de concienciación cidadá a través de vídeos e diferentes recursos legais.[36] Nesta campaña contou co apoio de diferentes formacións políticas locais ou comarcais, como Esquerda Unida - Os Verdes,[37] o Bloque Nacionalista Galego[38] ou o Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE.[39] O 1 de agosto de 2013 aprobouse a repartición de licenzas, sen conceder ningunha a Cuac FM.[40]
Do 11 ao 13 de abril de 2014, organizou o Encontro Europeo de Medios do Terceiro Sector, que coincidiu coa Asemblea da Rede de Medios comunitarios.[41][42]
En 2021, a Xunta de Galicia declarou o Colectivo de Universitarios Activos (CUAC), xestor da emisora, como asociación de utilidade pública.[3]
O 27 de marzo de 2023, coincidindo co 27º aniversario da emisora, inauguraron o seu terceiro estudio, que leva o nome de Rafaela Hervada, primeira directora dunha emisora de radio en España; o acto coincidiu cunha emisión conxunta con Radio Coruña - Cadena SER, emisora que foi dirixida por Rafaela Hervada.[43]
Nos seus inicios, Cuac FM foi concibida polos seus fundadores como unha radio universitaria, isto é, unha emisora dependente da Universidade na que os alumnos puidesen expresarse; no entanto, a oposición[44] da Universidade provocou que os fundadores creasen unha asociación xuvenil autoxestionada (o Colectivo de Universitarios Activos) que puxese en marcha, pola súa conta e risco, a devandita emisora.
Pouco a pouco, Cuac FM foi mudando ata converterse nunha radio comunitaria (aínda que segue emitindo dende a Universidade). En diversos medios refírense a esta emisora cos adxectivos de universitaria e comunitaria (ou incluso co de radio libre), pero considérase que o concepto de radio comunitaria é máis correcto por diversos motivos:
En conclusión, pode dicirse que, se ben Cuac FM foi nas súas orixes unha emisora con vocación universitaria, transformouse nunha radio comunitaria.
A Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia, comunicou en setembro de 2017 a Cuac FM a incoación dun expediente sancionador por emitir sen dispoñer da correspondente licenza.[46] A asociación expúxose a unha sanción administrativa que ía dos 100.001 aos 200.000 €, o que podería supoñer a fin da emisora. A raíz deste suceso, decidiron apagar as súas emisións en FM e transmitir unicamente en Internet, declarando non renunciar á FM e coa intención de recuperar a frecuencia 103.4 do dial da Coruña.[47] Decidiron emitir unha maratón de 28 horas titulada Maratón CUAC resiste, protagonizada polos membros da emisora e exsocios, apagando o dial da 103.4 FM á 1:03:04 da madrugada do 1 de outubro de 2017.[48]
Esta sanción está argumentada en que a emisora non dispón da licenza que Cuac FM leva solicitando á Xunta de Galicia desde a súa fundación. Ante isto, o Consello de Cuac FM decidiu poñer en marcha a campaña #CuacResiste, de forte relevancia nas redes sociais, baseada, entre outras medidas, na publicación dun Manifesto polo Dereito a Comunicar, Cuac Resiste,[49] presentado a público no Campo da Leña, na Praza de España da Coruña o 11 de novembro de 2017. A presentación deste manifiesto contou coa presenza de Manuel Rivas e Xurxo Souto (padriños da emisora), a comunicadora Estíbaliz Espinosa e o periodista e locutor de RNE Antón Luaces.[50] Dito Manifesto superou a barreira das 2000 firmas á semana do seu lanzamento ao público, subscrito co apoio de:
Tamén numerosas persoas vinculadas ao mundo editorial galego, do sector servizos ou entidades sociais e colectivos, xunto coa ReGaLiC, a Rede de Medios Comunitarios e AMARC Europa, decidiron subscribir e compartir este manifesto.
En febreiro de 2018, a Secretaría Xeral de Medios resolveu o expediente sancionador 16/2017,[53][54] polo cal decidiuse que:
Tras un recurso da asociación ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, este resolveu o 29 de outubro de 2018 que a Secretaría Xeral de Medios vulnerou o artigo 20 da Constitución Española e anula a resolución de dito organismo. Así mesmo, autoriza temporalmente a emisión en FM da emisora mentres a administración non se pronuncie de forma motivada e clara sobre a falta de dita garantía temporal. A sentenza aínda é recorrible en casación ante o mesmo tribunal, ou ante o Supremo.[55][56][57] Tras unha Asemblea Extraordinaria, o colectivo decidiu reiniciar as súas emisións o 3 de novembro baixo o lema #CuacVolve.[58]
Con motivo dos 25 anos da emisora, o 10 de febreiro de 2022 estreouse no Teatro Colón da Coruña un documental titulado Nada que ver, que trata da historia da emisora, e foi dirixido por Iago Prada.[59] Foi subvencionado pola Deputación Provincial, e o custo das entradas destinouse á Cociña Económica.[60] O 25 de marzo do ano seguinte, a emisora colgou o documental na súa canle de YouTube.[61]
Un dos programas que máis éxito tiveron na cidade foi o "magazine" Zapping dende o 11 de novembro de 1996, levado a cabo por Antón Lezcano e Txuri Ferrer, quen máis adiante ficharían pola emisora local de Radio Voz; así e todo, o seu programa rematou por sorpresa causando malestar nos seus responsables, malestar que manifestaron na despedida da tempada, que se realizou de novo en Cuac FM.[62] Posteriormente ficharon por Radio Coruña[63] (emisora local comercial asociada á Cadena SER) onde continuaron o programa ata o 15 de xaneiro de 2010.[64]
Outro programa histórico é o musical Inframundo (conducido por Hugh McGinley, quen chegou a ser Presidente da emisora), dedicado integramente a difundir a música local. A susodita difusión realizábase, non só a través do programa, senón tamén do Inframundo Magazine (revista gratuíta mensual que chegou a 13 edicións), a web, o disco gratuíto Inframundo (en 2010 saíu a terceira edición)... e os Premios Inframundo da Música, que na súa primeira edición foron cualificados por La Voz de Galicia como os Grammy Coruñeses.[11][65] Na segunda edición, realizouse un ciclo de concertos[66] na sede da Fundación Caixa Galicia; a final celebrouse no Teatro Colón, presentada por Rober Bodegas. No 2010 deixou de emitirse en Cuac FM para converterse nun microespazo de Radio Coruña (Cadena SER).
Pola emisora pasaron máis de 475 programas,[67] algúns deles moi seguidos no ámbito radiofónico coruñés, como "Fraggel Rock", "Cosecha del 78", "El Kamikaze", "Falta Paixón", "La Senda del Bebedor", "O Arredemo", "Ulalume", "Oye Neno", "4con60", "Cabaret", "La Calle del Delfín Verde"...
A emisora convoca anualmente un Concurso de Maquetas a nivel estatal no que se pode presentar calquera grupo ou solista de España que non tivese contrato con ningunha discográfica. Ata a XII edición (2010), presentáronse grupos de todas as autonomías de España, coas excepcións de Cantabria e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla. Cada ano adoitan recibirse entre 150 e 200 maquetas.
En inverno de 2000, comezouse a editar o Cuaczine,[68] unha revista de balde adicada a difundir a cultura da cidade e a súa área de influencia. Debido á cantidade de traballo e material necesarios para realizar a revista, só chegou aos 3 números.[69]
Dende 2009, Cuac impulsou[70] en diversas ocasións ao Concello da Coruña a creación dun albergue xuvenil[71][72] na cidade, xa que o máis achegado se atopa en Gandarío, en Bergondo. O antedito proxecto, aínda que contaba co aval da Concellería de Xuventude e Normalización Lingüística,[73] foi paralizado polo Concello[74] porque, en palabras do Alcalde Javier Losada,[75] atopámonos nunhas circunstancias difíciles (en referencia á crise).
En 2010 (representados por Tomás Legido Sanchez) formou parte do Xurado [76] que elixiu aos grupos participantes na 24ª edición do Festival Noroeste Pop Rock, a cal estivo a piques de non celebrarse[77] a pesar de que o alcalde prometeu un Gran Noroeste para 2010[78]. As protestas de organizacións sociais[79] (entre as que se encontraba Cuac FM) e dos hostaleiros fixeron rectificar[80] ao Consistorio. Trala súa celebración, o Colectivo enviou unha proposta aos tres grupos municipais (PP, PSdeG e BNG) para asegurar que o Festival se leve a cabo no ano 2011.[81][82][83] Desde 2015, colabora activamente co festival: os grupos gañadores do seu concurso de bandas e solistas actúan no evento musical.[84]
Cuac FM realiza máis actividades, vinculadas co mundo da cultura local, creación de cursos de galego,[85] organización de obradoiros de radio,[86] actividades escénicas e musicais, e ata freta autobuses para acudir a citas culturais noutras localidades como o concerto de Patti Smith[87] en Vigo ou o de Muse[88] en Santiago de Compostela.
Coincidindo co seu décimo quinto aniversario, en 2011 Cuac FM realizou diversas actividades de cara ao exterior, entre as que destacan as xornadas Alterando o Normal, realizadas na UDC, e nas que participaron personalidades como Juantxo López de Uralde (que falou do proxecto Equo), ademais de representantes de colectivos como ATTAC, ACSUR, Ayuda en Acción, Rádio Filispim, a Rede de Medios Comunitarios ou a Asociación Mundial de Radios Comunitarias.[89][90] Tamén organizaron a I Romaría asociativa no barrio de Montealto, desde onde se emitiu unha edición do programa Ar de Coruña en directo e na que participaron diversas asociacións da cidade.[91]
En febreiro de 2018, coincidindo cos seus 22 anos, a emisora convocou o seu I Premio de Radioficción, co fin de fomentar a creatividade e a expresión artística en forma de guións de radioficción ou radionovela.[92] Este primeiro certame ten tamén como fin conmerorar o Día das Letras Galegas, xa que todos os originais deben ser presentados en lingua galega.
Un dos proxectos estrela da emisora desde febreiro de 2011 foi o programa comunitario Ar de Coruña.[93][94] Realizado pola Coordinadora de Redacción da emisora, emitiuse de 12 a 14 horas os sábados, e estaba dedicado integramente á cidade da Coruña:
O Isto é Galego é un curso de galego que a emisora difunde desde febreiro de 2012, e que leva producindo, polo menos, desde 2010.[85] Está protexido con licenza Creative Commons by-nc-sa. Consiste en 12 capítulos radiofónicos (máis un extra) que se dividen en seis seccións:
O curso presentouse en diferentes formatos: CDs;[98] páxina web[99] (desde onde se pode descargar en formatos MP3 e OGG); a través dunha aplicación do Google Play para teléfonos móbiles con Sistema Operativo Android;[100] e desde as canles da emisora en Youtube,[101] Vimeo[102] e Dailymotion.[103]
O órgano supremo de decisión da asociación é a asemblea xeral,[104] que consta de todos os socios. Reúnese de forma ordinaria unha vez ó ano, e de forma extraordinaria cantas veces o determine a asociación (xeralmente 2 veces ao ano). Ademais, a asociación Cuac organízase nunha comisión de coordinación que consta das seguintes coordinadoras (ás que os socios se poden unir de forma voluntaria):[105]
Como tódalas asociacións culturais, o Colectivo de Universitarios Activos ten unha Xunta Directiva que se elixe cada dous anos e que consta de presidencia, vicepresidencia, secretaría, tesourería e tres vogalías.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.