Xurxo Souto

artista e licenciado en filoloxía clásica galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Xurxo Souto

Xurxo Manuel Souto Eiroa, máis coñecido como Xurxo Souto, nado na Coruña o 25 de xullo de 1966, é escritor, músico, locutor galego.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Xurxo Souto
Thumb
Biografía
Nacemento25 de xullo de 1966 (58 anos)
A Coruña, España
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Actividade
Ocupaciónescritor, acordeonista, actor, cantante, músico, locutor
InstrumentoAcordeón

AELG: 91
Pechar

Traxectoria

Entrevista en Nós Televisión.

Licenciado en Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi o líder e vocalista da banda de rock Os Diplomáticos de Monte-Alto entre 1990 e 2001, e gran difusor da música galega de agora e sempre. Outra das súas facetas a destacar é a de escritor. Ademais de ter sete libros publicados, ten colaborado con artigos en diferentes publicacións, como a revista Bravú.

Dende 1986 comezou a traballar en diversos programas de radio en galego, sendo o máis coñecido e lonxevo A tropa da tralla, xunto a Aberto por reformas e Mil ribeiras, na Radio Galega. Desde outubro de 2005 até abril de 2009 foi Director de Programas desta emisora. Tamén participou en Sitio Distinto (Antón Reixa) e o Luar da TVG.[2]

No eido audiovisual dirixiu a serie de programas Repichoca, sobre música popular, para a TVE en Galicia; a película documental Pucho Boedo, un crooner na fin do mundo e o documental Dos gaiteiros do mar.

Alén de Os Diplomáticos de Monte-Alto, tocou -voz e acordeón- no conxunto Os Tres Trebóns e mais en Banda Xangai.

En outubro de 2003 participou, xunto con Manuel Rivas, na reinauguración[3] da emisora comunitaria Cuac FM (A Coruña), da que ambos se converteron en padriños e socios de honra.

Tamén traballou como actor en producións galegas como a serie de éxito Mareas vivas ou o telefilme Entre bateas, de Jorge Coira.

Foi colaborador do periódico coruñés La Opinión e participou, como socio promotor, no nacemento do xornal Nós Diario, no que fai parte do seu consello de administración.

Foi profesor de secundaria no IES Xesús Taboada Chivite de Verín, no IES Val de Tea de Ponteareas e en 2022 no IES Gregorio Fernández de Sarria.[4]

Bibliografía

Narrativa

Ensaio

Obras colectivas

Thumb
Xurxo Soto na manifestación de Nunca Máis no xuízo do Prestige.
  • O mar de adentro (1990). Edicións do Dragón.
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996). Vigo: Xerais. Relato.
  • A aldea terremota (1998). COAG. Relato.
  • Mini-relatos (1999). Libraría Cartabón. Relato.
  • Materia prima (2002). Vigo: Xerais. Relato.
  • Narradio: 56 historias no ar (2003). Vigo: Xerais. Relato.
  • Manuel María: fotobiografía sonora (2005). Ouvirmos. Ensaio.
  • Cartafol poético para Alexandre Bóveda (2006). Espiral Maior. Poesía.
  • Polifonías II. Voces poéticas contra a violencia de xénero (2007). Espiral Maior. Poesía.
  • Celso Emilio Ferreiro. Fotobiografía sonora (2008). Ouvirmos. Ensaio.
  • Lois Pereiro: fotobiografía sonora (2010). Ouvirmos. Ensaio.
  • A terra queima (2013). Vigo: Xerais. 56 páxs. Infanto xuvenil. ISBN 978-84-9914-560-0.

Premios

  • 2010: Premio Leixaprén pola promoción da lingua galega.
  • 2014: Premio Irmandade do Libro ao mellor libro de 2014, por Contos do mar de Irlanda.[8]
  • 2019: Premio Facer País da Asociación Val do Láncara.[9]
  • 2019: Arrraiano Maior.[10]
  • 2021: Bos e xenerosos (con Elena Ferro e Henrique Peón), Fundación Eduardo Pondal.[11]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.