cantante estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Corey Todd Taylor , nado en Des Moines (Iowa) o 8 de decembro de 1973,[1][2] é un cantante, músico, compositor, actor e escritor estadounidense, coñecido por ser o vocalista principal e compositor dos grupos Slipknot e Stone Sour.[3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de decembro de 1973 (50 anos) Des Moines, Estados Unidos de América |
Educación | Waterloo East High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantante, actor, cantautor, produtor musical, compositor, escritor, vocalista, guitarrista |
Período de actividade | 1990 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Nu metal, Metal alternativo e Groove metal |
Pseudónimo literario | |
Tesitura | Barítono |
Instrumento | Guitarra eléctrica, guitarra e voz |
Selo discográfico | Roadrunner Records |
Familia | |
Fillos | Griffin Taylor |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | thecoreytaylor.com |
|
Taylor é un dos membros fundadores de Stone Sour, grupo co que leva publicados cinco álbums de estudio, e uniuse a Slipknot en 1997 substituíndo ao vocalista orixinal Anders Colsefni, grupo co que leva publicado outros cinco álbums. Tamén colaborou en temas doutros artistas e grupos musicais, como Apocalyptica, Anthrax, Soulfly e Aaron Lewis entre outros. Segundo Hit Parader, foi clasificado no posto número 86 da súa lista Top 100 Metal Vocalists of All Time.[4]
Corey Todd Taylor naceu en Des Moines, Iowa o 8 de decembro de 1973.[2] A súa nai, solteira, encargouse del na súa residencia de Waterloo, Iowa, lugar descrito por Taylor como "un furado no chan con edificios ó seu redor".[2] A súa familia ten ascendencia alemá e nativo-americana por parte do seu pai e irlandesa e holandesa por parte da súa nai.[5]
En 1979 Taylor viu un avance do filme de terror de 1978 Halloween, o que nas súas propias palabras "desenvolveu unha parte de Slipknot nel".[2] A súa avoa introduciuno a música rock, grazas a súa colección de discos de Elvis Presley, dos que Taylor se fixo afeccionado a escoitar. En declaracións propias, afirmou que os temas que recordaba con máis aprecio foran "Teddy Bear", "In the Ghetto", e "Suspicious Minds".[2] Por aquel entón tamén comezou a escoitar a grupos de heavy metal, afeccionándose en particular ós primeiros discos de Black Sabbath.[2]
Taylor vivía xunto coa súa nai e a súa irmá nunha vella casa rural, que no outono "semellaba unha capa dun álbum de Black Sabbath".[6][7] Ós quince anos de idade Taylor fíxose adicto as drogas e sufriu unha sobredose de cocaína en dúas ocasións.[6][8] Nesta época mudouse a vivir coa súa avoa en Iowa, que se fixo cargo da súa custodia legal e axudoulle a comprar equipamento musical.[7] O cumprir os 18 anos de idade marchou da casa da súa avoa e residiu en varios lugares do estado, pasando a maior parte do tempo en Des Moines.[9] Poucos anos despois, vivindo de novo coa súa avoa, tentou suicidarse por medio dunha sobredose. A súa antiga moza levouno en coche ata o hospital de Des Moines onde os médicos puideron reanimalo. Segundo a súa propia descrición, este foi o peor momento da súa vida.[10]
Taylor e o seu pai coñecéronse por primeira vez cando Taylor tiña 30 anos, momento dende o que mantiveron contacto, aínda que segundo el mesmo non adoitan coincidir habitualmente.[11] O 17 de setembro de 2002 a daquela prometida de Taylor, Scarlett Stone, deu a luz ó seu fillo Griffin Parker.[12] Este era o seu segundo fillo, xa que ten outra filla dunha relación anterior, Angeline.[12] Taylor e Stone casaron o 11 de marzo de 2004, e divorciáronse tres anos despois[13]
Ó longo da súa vida tivo problemas de alcoholismo, recibindo a axuda da súa muller Scarlett para superalos, incluso chegando a evitar que se suicidase.[14] No 2006 Taylor afirmou nunha entrevista coa MTV que tentara saltar dun balcón do oitavo piso do Hotel Hyatt en Sunset Boulevard no ano 2003, pero que a súa muller conseguira evitalo. Nunha entrevista posterior con Kerrang!, afirmou que en realidade fora o seu amigo Thom Hazaert o que lle parara nesa nesa ocasión.[15] Tralo incidente a súa muller deulle un ultimato para deixara o alcohol, e que se non o facía ela anularía o matrimonio.[14] Taylor deixou a bebida pouco antes de que Stone Sour comezara a gravación do álbum Come What(ever) May, en xaneiro de 2006.[14][16]
O 3 de agosto de 2009 presentou a gala de premios "2009 Kerrang! Awards" xunto a Scott Ian de Anthrax.[17][18] O seguinte ano volveron a presentar a gala de premios, na que Taylor recolleu o premio "K! Services to Metal" en nome de Paul Gray, que falecera tras unha sobredose accidental de morfina e fentanyl.[19][20] Posteriormente en novembro de 2009, Taylor casou de novo, esta vez con Stephanie Luby no the Palms Hotel de Las Vegas.[13]
Na súa cidade natal de Des Moines, Joey Jordison, Shawn Crahan e Mick Thomson contactaron a Taylor para pedirlle que se unise ó seu recentemente creado grupo, chamado Slipknot.[21] Acordou asistir a unha das súas prácticas, pasando a formar parte do grupo dende ese momento, o sexto en unirse dos nove membros orixinais. Adoptou o alcume de "Número oito", seguindo o esquema de números que adoptou o grupo para referirse ós seus membros. Segundo Crahan, Taylor quixo o número oito xa que para el simbolizaba o infinito.[22]
Aínda membro de Stone Sour naquel momento, Taylor deixou este grupo de forma temporal para centrarse en Slipknot, malia atoparse no proceso de gravación dun álbum con Sean McMahon como produtor.[23] A súa primeira actuación con Slipknot tivo lugar o 22 de agosto de 1997, que segundo os membros do grupo non foi ben. Nesta primeira actuación Taylor non levaba unha máscara, pero para o seu segundo concerto un mes despois levou unha máscara semellante á do seu álbum de estrea co grupo.[24] A súa máscara foi evolucionando, ata chegar a última descrita por Chris Harris da MTV como "se estivese feita de pel humana seca, coma Leatherface".[25]
Taylor leva actuando e gravando con Slipknot dende que gravaron a súa segunda demo, empregada polo grupo para facer promoción perante varios selos e produtores.[26] Como vocalista permanente do grupo formou parte da gravación que fixeron en Indigo Ranch, en Malibú (California), para a publicación do seu álbum de estrea, que chegou ó número un da lista Top Heatseekers de Billboard,[27][28] e conseguiu a certificación dobre de platino nos Estados Unidos.[29] Taylor foi acusado de infrinxir os dereitos de autoría nas letras do tema "Purity", pero non chegou a recibir unha denuncia legal.[30] A gravación do seu segundo álbum Iowa comezou no 2001 no estudio Sound City and Sound Image de Van Nuys, Os Ánxeles.[31] O álbum publicouse o 28 de agosto de 2001, acadando o número un das listas do Reino Unido,[32] e o número tres na lista Billboard 200.[33] Para a composición de Vol. 3: (The Subliminal Verses), Taylor decidiu escribir letras sen obscenidades nin blasfemias para que o disco non recibise a clasificación de explícito, tralas críticas recibidas nos seus álbums anteriores.[34] O álbum chegou ó número dous da lista Billboard 200.[35] All Hope Is Gone foi o primeiro álbum de Slipknot que chegou ó número un desta mesma lista, en setembro do 2008.[36]
Taylor é membro fundador do grupo de hard rock Stone Sour. Tras comezar o grupo xunto ó batería Joel Ekman, Shawn Economaki uniuse ó baixo e Josh Rand na guitarra. Stone Sour gravou dúas demos, unha no 1993 e outra no 1994. Tras unirse a Slipknot en 1997 deixou temporalmente Stone Sour, malia estar nese momento gravando un disco con Sean McMahon.[21][23] Non retornou co grupo ata pasados cinco anos, cando gravaron o seu álbum de estrea homónimo Stone Sour. Tanto Taylor coma Josh Rand puxéronse en contacto con Jim Root, guitarrista de Slipknot, e Shawn Economaki, o baixista orixinal do grupo, para comezar a gravar os temas deste álbum de estrea,[37] xunto a Joel Ekman de novo á batería.[38][39]
O seu primeiro álbum publicouse finalmente o 27 de agosto de 2002, debutando no número 46 da lista Billboard 200.[40] O seu segundo álbum, Come What(ever) May estrearíase no número catro desta mesma lista,[40] publicado o 1 de agosto de 2006.[40][41][42] Live in Moscow foi o único álbum que publicaron soamente en formato de descarga dixital.[43] Durante a gravación o batería Joel Ekman deixou o grupo por motivos persoais, sendo substituído por Roy Mayorga.[44] O seu terceiro álbum de estudio, Audio Secrecy, publicouse o 7 de setembro de 2010.[45]
Posteriormente Taylor afirmou que o grupo estaba a producir un novo álbum, con plans de que fose un álbum dobre ou conceptual, describíndoo como unha mestura de "The Wall de Pink Floyd con Dirt de Alice in Chains".[46] Finalmente o grupo publicou dous álbums, House of Gold & Bones – Part 1 o 23 de outubro de 2012,[47] e House of Gold & Bones – Part 2 o 9 de abril de 2013.[48] Este proxecto foi acompañado dunha banda deseñada de catro partes escrita por Taylor e o grupo e publicada por Dark Horse Comics, na que se conta a historia linear entre as letras destes dous álbums.[49]
Taylor participou como músico invitado en álbums de Soulfly, Apocalyptica e Damageplan. Estivo involucrado na gravación do álbum Worship Music de Anthrax, pero as súas sesións de gravación non foron nunca publicadas.[50] Tamén contribuíu no álbum Roadrunner United de 2005, coas voces do tema "Rich Man",[51] así como nos sinxelos de Steel Panther "Death to All but Metal", "Eyes of a Panther" e "Asian Hooker".[52] No 2006 Taylor fundou o selo discográfico Great Big Mouth Records,[53] co que produciu dous álbums, entre eles o EP de Walls of Jericho titulado Redemption.[54][55]
O 30 de marzo de 2009 confirmouse que Taylor e o seu grupo Junk Beer Kidnap Band actuarían na edición do Rockfest dese ano.[56] Actuaron o 24 de abril dese mesmo ano no People's Court de Des Moines, Iowa, sendo esta a primeira actuación en solitario de Taylor.[57]
Como artista en solitario gravou o sinxelo titulado "X-M@$" para unha fundación benéfica, que se publicou en formato de descarga dixital o 12 de decembro de 2010,[58] e acadou o número 37 das listas de vendas do Reino Unido.[59] En xullo de 2011 Taylor colaborou con Aaron Lewis na promoción do álbum en solitario deste último, titulado Town Line, nun concerto acústico único,[60] e nese mesmo ano colaborou co batería de Blink-182 Travis Barker no seu álbum en solitario Give the Drummer Some, no tema titulado "On My Own".[61]
Os dous primeiros álbums de Slipknot con Taylor nas voces, Slipknot e Iowa, conteñen letras explícitas e palabras malsoantes. Moitos críticos afirmaron que Taylor baseábase nestas blasfemias para as súas letras, polo que o terceiro álbum do grupo Vol. 3: (The Subliminal Verses) está libre destas, (con dúas excepcións), e non recibiu a clasificación de contido explícito.[34] En comparación co vocalista orixinal do grupo Anders Colsefni, Taylor ten un estilo vocal cualificado por Joey Jordison como "unha voz melódica realmente boa".[62] Este estilo vocal inclúe voces cantadas, voces guturais, gritos e rap, e acadou a posición número 86 na lista Top 100 Metal Vocalists of All Time de Hit Parader.[63]
Os dous proxectos musicais principais de Taylor presentan temperamentos contrastados.[38] Slipknot está considerado un grupo de heavy metal, nu metal e metal alternativo, con letras que expresan depresión, hostilidade, ira, misantropía e rebelión.[64] Pola súa parte, Stone Sour adoita clasificarse como metal alternativo ou hard rock, con letras de temáticas desoladoras e pesimistas, así como de ira e rebelión.[65]
Ano | Artista | Álbum | Tema(s) | Contribución | Ref. |
---|---|---|---|---|---|
1998 | Sister Soleil | Soularium | "Liar" | Coros | [66] [67] |
1998 | Smakdab | Smakdab | "Shadowed" | Voz | [68] |
2000 | Soulfly | Primitive | "Jumpdafuckup" | Voz | [69] [70] [71] |
2000 | Snot | Strait Up | "Requiem" | Voz | [72] [73] |
2001 | Biohazard | Uncivilization | "Domination" | Coros | [74] |
2001 | Slitheryn | Snake Slitheryn |
"Lost", "Get Up", "Come + Go", The Same | Voz, coros, produción | [75] [76] |
2002 | Rollins Band | Rise Above | "Rise Above", "Room 13", "TV Party", "Six Pack", "Annihilate This Week" | Voz, coros | [77] [78] |
2004 | Damageplan | New Found Power | "Fuck You" | Voz | [79] [80] |
2005 | Roadrunner United | The All-Star Sessions | "The Rich Man" | Voz | [81] [82] [83] |
2006 | Korn | Family Values Tour 2006 | "Freak on a Leash (Live)" | Coros | [84] [85] |
2006 | FaceCage | III | — | Produción | [86] [87] |
2007 | Dream Theater | Systematic Chaos | "Repentance" | Contribución falada | [88] [89] |
2007 | Apocalyptica | Worlds Collide | "I'm Not Jesus" | Voz | [90] [91] |
2008 | Walls of Jericho | Redemption | "Ember Drive", "My Last Stand", "Addicted" | Coros, produción | [92] [93] |
2009 | Steel Panther | Feel the Steel | "Death to All But Metal", "Asian Hooker", "Eyes of a Panther" | Voz, coros | [94] [95] [96] |
2010 | Johnny Aloha | Lavapalooza (Tiki Music Versions of Rock And Rap Hits!) | Almost Paradise | Voz | [97] [98] |
2010 | Corey Taylor | X-M@$ | X-M@$ | Voz, guitarra, baixo, batería, produción | [97] [98] |
2011 | Travis Barker | Give the Drummer Some | "On My Own" | Voz, guitarra, Produción | [61] |
2013 | Corey Taylor, Dave Grohl, Rick Nielsen, Scott Reeder | Sound City: Real to Reel | "From Can to Can't" | Voz | [99] |
2014 | Corey Taylor, Jason Christopher, Christian Martucci, Roy Mayorga, Satchel | This Is Your Life – A Tribute to Ronnie James Dio | "Rainbow in the Dark" | Voz | [100] |
2015 | Tech N9ne | Special Effects | "Wither" | Voz | [101] |
2015 | Teenage Time Killers | Greatest Hits Vol. 1 | "Egobomb" | Voz | [102] |
2016 | Zakk Wylde | Book of Shadows II | "Sleeping Dog" | Voz | [103] |
2016 | Korn | The Serenity of Suffering | "A Different World" | Voz | [104] |
Ano | Filme | Personaxe | Director |
---|---|---|---|
2001 | We Sold Our Souls for Rock 'n Roll[105] | - | Penelope Spheeris[106] |
2002 | Rollerball[107][108] | John McTiernan | |
2006 | Voliminal: Inside the Nine[109][110] | Shawn Crahan | |
2008 | Nine: The Making Of All Hope Is Gone | ||
Get Thrashed | Rick Ernst | ||
2009 | Of the (sic): Your Nightmares, Our Dreams[111][112] | Shawn Crahan | |
2010 | Audible Visions of (sic)nesses | ||
2011 | Goat | ||
2013 | Sound City | Dave Grohl | |
2014 | Fear Clinic | Bauer | Robert Green Hall |
2015 | Doutor Who - Before the Flood[113] | Fisher King (voz) | Daniel O'Hara |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.