lista dos álbums máis vendidos nos Estados Unidos durante a semana From Wikipedia, the free encyclopedia
A Billboard 200 é unha lista publicada semanalmente pola revista Billboard que amosa os 200 álbums máis vendidos nos Estados Unidos durante a semana en curso. Frecuentemente é usada para ver a popularidade dun artista ou grupo musical segundo a venda dos seus discos.
Desde os anos 50 ata 1983 era chamada Top Pop Albums e ese ano cambiou o seu nome a Billboard, cambiando novamente en 1992 ao actual Billboard 200. A súa publicación iniciouse o 24 de marzo de 1945 amosando os 100 álbums máis vendidos, e no ano 1967 a lista expandiuse a 200. Dende 1991, Billboard toma como fontes á compañía Nielsen SoundScan, e as respectivas discográficas de cada artista ou banda. Posto que os resultados publicados na lista son substanciais e con moi bos respaldos, a RIAA (Recording Industry Association of America) tómaos como unha importante referencia, non sendo a única para despois valorar a entrega de discos de ouro (500.000 copias vendidas), platino (1 millón) e ocasionalmente os escasos de diamante (10 millóns) ao respectivo artista nos Estados Unidos.
A lista tamén conta coas súas limitacións, por exemplo na súa publicación omite as vendas que semanalmente vende o artista ou grupo, o que é unha gran desvantaxe xa que non se pode xulgar o desempeño do álbum dunha semana a outra. É tamén imposible determinar o éxito relativo de álbums, por exemplo non hai indicación de se o álbum do número un vendeu millairos máis de copias que o número 50, ou se só ducias máis. Pero para ese problema SoundScan ten unha exclusiva subscrición onde Billboard reserva unha lista alterna onde contén datos de vendas do disco.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.