From Wikipedia, the free encyclopedia
Discogs, abreviatura de discografías, é unha páxina web e unha base de datos colaborativa que recolle información sobre gravacións de son, entre as que se inclúe gravacións comerciais, promocionais e gravacións non comerciais. Os servidores de Discogs, aloxados baixo o dominio discogs.com, son propiedade de Zink Media, Inc., e atópanse en Portland, Oregón, nos Estados Unidos.
Discogs | |
---|---|
Tipo | base de datos de música en liña e aplicación de catalogación social |
Data de fundación | outubro de 2000 |
Fundador(es) | Kevin Lewandowski |
Nomeado en referencia a | discografía |
Sede | Portland |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://www.discogs.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Aínda que a páxina contén listas musicais de tódolos xéneros e en tódolos formatos, é especialmente coñecida por ser a meirande base de datos de música electrónica e polas súas gravacións en discos de vinilo.
Discogs contén arredor de 6 millóns de cancións, 3,9 millóns de artistas e uns 743 000 selos discográficos. Existen unhas 275 688 contas de usuario de colaboradores. Estas cifras están constante crecemento debido as contribucións dos usuarios[1][2].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.