From Wikipedia, the free encyclopedia
A Copa Príncipe de Asturias de fútbol foi unha competición entre seleccións formadas por xogadores pertencentes ás distintas federacións territoriais afiliadas á Real Federación Española de Fútbol. Foi disputada de 1914 a 1918 co seu nome orixinal, e de 1922 a 1926 co nome de Campionato Interrexional. As federacións territoriais podían seleccionar calquera futbolista dos seus clubs federados para participar no torneo, independentemente do lugar onde naceran.
O torneo fora creado inicialmente pola Federación Española de Clubs de Foot-ball (FECF), antecesora da RFEF, en 1913.[1]
A competición foi creada orixinalmente en 1913 pola Federación Española de Clubs de Foot-ball (FECF), antecesora da RFEF, en honor do entón Príncipe de Asturias, don Afonso de Borbón e Battenberg, sendo o trofeo unha doazón feita no seu nome polo seu pai Afonso XIII.[1][2][3][4][5] Don Afonso era o primoxénito do rei Afonso XIII, e ostentou o devandito cargo dende o seu nacemento en 1907 até a proclamación da Segunda República en 1931.
A diferenza do que logo sucedería nos torneos posteriores organizados pola RFEF, onde eran as súas federacións rexionais afiliadas as responsables da elaboracións das súas respectivas seleccións, no torneo da FECF a elaboración das seleccións recaeu directamente nos propios clubs das rexións delimitadas nas bases da competición, que segundo as mesmas tiñan que formar xurados conxuntos para a citada tarefa.[1]
Inscribíronse as seleccións do Centro (formada por xogadores do Madrid F.C., Gimnástica de Madrid e Español), a do Norte (formada soamente polo Racing de Irún) e a das Academias Militares (integrada pola Academia de Infantaría),[6] retirándose esta última antes do comezo do torneo.[7][8]
A competición tivo lugar en Madrid co gallo das celebracións do aniversario do Príncipe de Asturias os días 11 e 12 de maio. O primeiro partido foi gañado pola selección do Norte por 2-1,[8][9][10][11] mentres que o segundo partido rematou con polémica, xa que fora temporalmente suspendido por unha forte sarabia e cando o árbitro mandou reanuda-lo encontro os xogadores madrileños non se aliñaron no campo, marcando os irundarras un gol a porta baleira e finalizado así o encontro, gañando a selección do Norte os dous partidos disputados.[8][12][13]
Posteriormente a Asemblea da Federación acordou a repetición deste segundo encontro, instando a que o Racing de Irún e os equipos madrileños se puxeran de acordo coa data e lugar de celebración do mesmo.[14][15] A finais de xuño aínda non había data fixada.[16] A principios de xullo foi publicado que o partido tería lugar a finais dese mesmo mes en Irún, e que a selección do Centro viría acompañada do presidente da FECF, Ricardo Ruiz Ferry.[17]
O certo é que Ruiz Ferry chegaría a ir a Guipúscoa a finais dese mesmo mes, pero para se reunir en Donostia cos representantes da Real Unión Española de Clubs de Foot-ball (RUECF), unha escisión da FECF, e negociar con eles a fusión de ámbalas dúas federacións,[18][19][20] feito que culminaría coa creación da Real Federación Española de Fútbol (RFEF).[21][22]
Coa Real Federación Española de Fútbol xa constituída, o torneo foi instituído oficialmente na súa Asemblea Ordinaria de 1914.[23][24]
Durante a primeira etapa desta competición (entre 1914 e 1918), disputábanse tódolos partidos en Madrid e a inscrición era voluntaria para as distintas federacións territoriais. Após catro edicións, o trofeo foi outorgado en propiedade á Federación Centro por se-la primeira en gaña-la competición dúas veces, e non se volveron disputar máis edicións.
Catro anos despois, na asemblea da RFEF celebrada en Vigo en xullo de 1922, acordouse reinstaura-lo torneo co nome de Campionato Interrexional para axudar á escolla de xogadores para a selección española. O torneo sería disputado mediante eliminatorias e a final sería xogada en sedes que variarían cada ano. A participación sería obrigatoria para tódalas federacións afiliadas á RFEF[25][26].
Despois de se xogar dúas edicións baixo o novo sistema, acordouse elimina-la competición nunha asemblea da RFEF[27], mais aínda sería disputada unha derradeira edición co obxectivo de outorga-lo trofeo en propiedade, onde só participaron as dúas seleccións que o gañaran previamente nas dúas anteriores edicións.
Na tempada 1914-1915, e por iniciativa do Comité Nacional que rexía entón os destinos da Real Federación Española de Fútbol, empezou a xogarse un campionato de seleccións rexionais, co nome de «Copa Príncipe de Asturias» por disputarse como trofeo a copa doada pola Súa Alteza Real.Nesta proba, cuxos partidos debían ter lugar todos en Madrid, participaban, con carácter voluntario, as Federacións rexionais. O primeiro ano, gañou a copa a selección da Federación Norte, o segundo ano a da Catalana e os dous seguintes a da Centro, ficando así definitivamente adxudicada a esta Federación.
Posteriormente, por acordo da Asemblea de Vigo, instituiuse o campionato de seleccións rexionais, no que, con carácter obrigatorio, debían participar tódalas federacións rexionais durante un mínimo de dous anos, que foron soamente os que se celebraron. O primeiro ano triunfou a selección asturiana e o segundo a de Cataluña, e a fin de dedicir a posesión definitiva do trofeo que servía de premio para o dito campionato, celebráronse recentemente dous partidos entre ámbalas seleccións, que deron finalmente o triunfo á Federación Catalana.Real Federación Española de Fútbol. Anuario 1926-1927. p. 26.
Participaron as selección do Norte (País Vasco e Cantabria), de Cataluña e do Centro (Ávila, Cidade Real, Cuenca, Guadalaxara, Madrid, Segovia e Toledo). Tódolos partidos se disputaron no Campo de O'Donnell de Madrid. Disputouse en forma de liga e a campioa foi a selección do Norte, despois dun emapte e unha vitoria.[28]
10 de maio de 1915 | Centro | 1 – 2 | Cataluña | Madrid | ||
René Petit 30?' | Informe Informe 2 |
Paulino Alcántara 20?' Antoni Baró 40?' |
Estadio: Campo de O'Donnell Árbitro: Julián Ruete | |||
12 de maio de 1915 | Norte | 1 – 0 | Cataluña | Madrid | ||
Legarreta 75' | Informe Informe 2 |
Estadio: Campo de O'Donnell Árbitro: Bernardo Menéndez | ||||
14 de maio de 1915 | Centro | 1 – 1 | Norte | Madrid | ||
Santiago Bernabéu 50?' | Informe Informe 2 |
Patricio Arabolaza 60?' | Estadio: Campo de O'Donnell Árbitro: Carlos Dieste | |||
Campión Norte 1º título |
A seguinte edición do campionato ía ser disputada polas mesmas seleccións que a primeira edición. Porén, a selección do Norte finalmente non se presentou por non poder reunir tódolos seus integrantes por diferenzas existentes dentro da súa propia federación.[29] Dese xeito, as seleccións do Centro e Cataluña disputaron o trofeo, resultando vencedora a segunda, tras gaña-lo primeiro partido[30] e empata-lo segundo encontro.[31]
11 de maio de 1916 | Centro | 3 – 6 | Cataluña | Madrid | ||
Álvarez 15?' Santiago Bernabéu 40?' Larrañaga 80?' (p.) |
Informe Informe 2 |
Cabedo 12?' 20?' 35?' 60?' Emili Sampere 30?' Armet-Kinké 50?' |
Estadio: Campo de O'Donnell Árbitro: Carlos Dieste | |||
13 de maio de 1916 | Cataluña | 2 – 2 | Centro | Madrid | ||
Armet-Kinké 75?' 80?' (p.) | Informe Informe 2 |
De Miguel 50?' Larrañaga 70?' |
Estadio: Campo de O'Donnell Árbitro: Carlos Dieste | |||
Campión Cataluña 1º título |
Na terceira edición do torneo tomou parte a selección Cantábrica (formada polas provincias de Oviedo e Santander). Novamente se ausentou a selección do Norte (País Vasco). As outras dúas seleccións participantes foron a do Centro e a de Cataluña. Volveuse disputar en forma de liga, pero foi preciso un desempate final entre casteláns e cataláns,[32] que gañou a selección do Centro.[33]
10 de maio de 1917 | Centro | 2 – 2 | Cataluña | Madrid | ||
Villaverde 60?' 70?' | Informe Informe 2 |
Yáñez 20?' (p.p.) 30?' (p.p.) | Estadio: Campo de O'Donnell Árbitro: Carlos Dieste | |||
10 de maio de 1917 | Cataluña | 1 – 0 | Cantábrico | Madrid | ||
Josep Gumbau 30?' | Informe Informe 2 |
Estadio: Campo de O'Donnell Árbitro: Bernardo Menéndez | ||||
11 de maio de 1917 | Centro | 3 – 2 | Cantábrico | Madrid | ||
Castell 20?' (p.) José Agüero 30?' Villaverde 45?' |
Informe Informe 2 |
Felgueroso 50?' Pascual 60?' (p.p.) |
Estadio: Campo de O'Donnell Árbitro: Pelayo Serrano | |||
Durante o partido de desempate, cun resultado de 2-0 favorable aos casteláns, foi anulado un gol a Cataluña por ser marcado cun lanzamento directo de saque de esquina (non válido segundo as reglas da época). Tralas protestas foi expulsado un xogador catalán. A selección catalá abandonou o partido en sinal de protesta no minuto 75.[34]
15 de maio de 1917 | Centro | 2 – 0 | Cataluña | Madrid | ||
Miguel Mieg 50?' José Agüero 60?' |
Informe Informe 2 |
Estadio: Campo de O'Donnell Árbitro: Julián Ruete | ||||
Campión Centro 1º título |
A cuarta edición da competición deixou claro que estaba estancada. Os clubs de fútbol demandaron á Federación en xaneiro de 1918 que suspendese a competición. Ademais, a competición coincidía coa celebración da Copa do Rei polo que os mellores xogadores non podían tomar parte.[32] Finalmente só participaron as selección do Cento e do Cantábrico, e a competición foi disputada nunha final directa a dobre partido.[35] A vitoria foi para o Centro, que obtivo o trofeo en propiedade.[36]
20 de xaneiro de 1918 | Centro | 3 – 2 | Cantábrico | Madrid | ||
Sansinenea Gomar Rey |
Informe | Senén Villaverde Fernando Villaverde |
Estadio: Campo de O'Donnell Árbitro: Pelayo Serrano | |||
22 de xaneiro de 1918 | Centro | 3 – 1 | Cantábrico | Madrid | ||
Sansinenea Olarquiaga |
Informe Informe 2 |
Senén Villaverde | Estadio: Campo de O'Donnell Árbitro: Carlos Dieste | |||
Campión Centro 2º título |
Despois do éxito conseguido por España nos Xogos Olímpicos de Antuerpen, e de cara á preparación da selección española para os Xogos de París de 1924, a Asemblea Nacional acordou na reunión de 20 de xulio de 1922, restablecer a competición como base para a composición do equipo. Nesta edición participaron as oito federacións afiliadas á federación estatal: Galiza, Asturias, Biscaia, Guipúscoa, Cataluña, Levante, Centro e Sur.[32]
12 de novembro de 1922 | Asturias | 1 – 1 | Biscaia | Xixón | ||
Arcadio 40?' | Informe Informe 2 |
Larraza 30?' | Estadio: El Molinón Árbitro: Murguía | |||
Desempate 14 de novembro de 1922 | Asturias | 4 – 3 (pr.) | Biscaia | Xixón | ||
Zabala 30' 95' Barril 125' 144' |
Informe Informe 2 |
Travieso 33' Carmelo 111' Careaga 130?' (p.) |
Estadio: El Molinón Árbitro: Murguía | |||
19 de novembro de 1922 | Galiza | 4 – 1 | Centro | Vigo | ||
Chiarroni 5' Polo 55?' Pinilla 70?' (p.) Ramón González 80?' |
Informe Informe 2 |
Monjardín 15' | Estadio: Campo de Coia Árbitro: Ivo Lems | |||
19 de novembro de 1922 | Levante | 1 – 2 | Sur | Valencia | ||
Cubells 60?' (p.) | Informe Informe 2 |
Gabriel 30?' León 32?' |
Estadio: Camp d'Algirós Árbitro: Enric Peris de Vargas | |||
19 de novembro de 1922 | Guipúscoa | 0 – 3 | Cataluña | Irún | ||
Informe Informe 2 |
Samitier 19' Gràcia 37' Martí 80?' |
Estadio: Estadio de Amute Árbitro: Eulogio Aranguren | ||||
14 de xaneiro de 1923 | Asturias | 1 – 0 | Cataluña | Xixón | ||
José Luis Zabala 90' | Informe Informe 2 |
Estadio: El Molinón Árbitro: Torre | ||||
14 de xaneiro de 1923 | Sur | 1 – 4 | Galiza | Sevilla | ||
Armet Kinké | Informe | Ramon González Polo Chiarroni |
Estadio: Campo de la Victoria Árbitro: Montero | |||
25 de febreiro de 1923 | Galiza | 1 – 3 | Asturias | Vigo | ||
Polo | Informe | Meana Zabala |
Estadio: Campo de Coia Árbitro: Lucien Leclercq | |||
Campión Asturias 1º título |
Á tempada seguinte foi disputada unha nova edición desta competición, que non acadou o éxito da anterior, alén de que, completada a misión de servir de base para forma-lo equipo olímpico e tralo fracaso español en París, supuxo a supresión definitiva da competición segundo acordo adoptado pola Asemblea Nacional do 26 de xuño de 1924. Os participantes e o formato foron os mesmos que a tempada anterior.[32]
11 de novembro de 1923 | Sur | 3 – 2 | Levante | Sevilla | ||
Brand Armet Kinké Spencer |
Informe | Cubells | Estadio: Campo de la Victoria Árbitro: Luis Colina Álvarez | |||
18 de novembro de 1923 | Biscaia | 4 – 2 | Asturias | Bilbao | ||
Carmelo Laca Travieso |
Informe | Bolado Zabala |
Estadio: San Mamés Árbitro: Contreras | |||
25 de novembro de 1923 | Centro | 1 – 0 | Galiza | Madrid | ||
De Miguel | Informe | Estadio: Ciudad Lineal Árbitro: Agustí Cruella Tena | ||||
25 de novembro de 1923 | Cataluña | 2 – 1 | Guipúscoa | Barcelona | ||
Joan Olivella Juan Pellicer |
Informe | René Petit | Estadio: Camp de Les Corts Árbitro: Montero | |||
27 de xaneiro de 1924 | Centro | 2 – 1 | Sur | Madrid | ||
Monjardín | Informe | Herminio | Estadio: Stadium Metropolitano Árbitro: Josep Llovera Mas | |||
27 de xaneiro de 1924 | Cataluña | 1 – 0 | Biscaia | Barcelona | ||
Cristòfol Martí | Informe | Estadio: Camp de Les Corts Árbitro: Contreras | ||||
24 de febreiro de 1924 | Centro | 4 – 4 (pr.) | Cataluña | Bilbao | ||
Félix Pérez Triana Monjardín |
Informe | Samitier Piera Sagi-Barba |
Estadio: San Mamés Árbitro: Murguía | |||
Desempate 26 de febreiro de 1924 | Centro | 2 – 3 | Cataluña | Bilbao | ||
Monjardín | Informe | Carulla Samitier Piera |
Estadio: San Mamés Árbitro: Fermín Sánchez | |||
Campión Cataluña 2º título |
Finalizado o torneo, no ano 1926 aínda se disputou unha derradeira edición entre os dous gañadores do Campionato Interrexional: Asturias e Cataluña. A selección catalá proclamouse campioa, ficando co trofeo en propiedade.[32]
5 de setembro de 1926 | Asturias | 0 – 2 | Cataluña | Xixón | ||
Informe Informe 2 |
Broto 22' 80' | Estadio: El Molinón Árbitro: José María Steimborn Ludeuvik | ||||
19 de setembro de 1926 | Cataluña | 4 – 3 | Asturias | Barcelona | ||
Forgas 11' 82' Pellicer 60' Alcantara 80' |
Informe Informe 2 |
Avilesu 6' Herrera 85' 87' |
Estadio: Camp del Guinardó Árbitro: José María Steimborn Ludeuvik | |||
Campión Cataluña 3º título |
Tempada | Campión | Subcampión |
1915 | Norte | Cataluña |
1916 | Cataluña | Centro |
1917 | Centro | Cataluña |
1918 | Centro | Cantábrico |
1923 | Asturias | Galiza |
1924 | Cataluña | Centro |
1926 | Cataluña | Asturias |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.