Stadium Metropolitano de Madrid
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Stadium Metropolitano de Madrid foi un estadio da cidade de Madrid, España, que albergou os partidos do Club Atlético de Madrid ata 1966, cando se inaugurou o Estadio Vicente Calderón.
Stadium Metropolitano de Madrid | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 40°26′51″N 3°42′58″O |
Localización | Madrid, España |
Construción | |
Inauguración | 13 de maio de 1923 |
Demolición | 1966 |
Arquitecto | José María Castell |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Dimensións | 105 x 70 |
Capacidade | 25.000 |
Propietario | Sociedad Stadium (1923−1950) Atlético de Madrid (1950-1966) |
Operadora | Atlético de Madrid |
Localía | Atlético de Madrid Real Sociedad Gimnástica Racing Club de Madrid |
Eventos | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Stadium Metropolitano foi un estadio de fútbol, construído a inicios da década de 1920 e inaugurado o 13 de maio de 1923, durante o mandato de Julián Ruete como presidente do Atlético de Madrid, sendo inicialmente o club colchonero arrendatario e compartíndoo con outros equipos da capital, como a Gimnástica ou o Racing Club de Madrid.
Foi construído como parte da urbanización Colonia del Metropolitano, que fora promovida pola división inmobiliaria do que hoxe en día é Metro de Madrid, de aí o seu nome. Situábase preto da actual rúa Reina Victoria, no que hoxe é a Plaza de la Ciudad de Viena, entre as rúas Beatriz de Bobadilla, Santiago Rusiñol e o Paseo de Juan XXIII.[1]
Durante a Guerra Civil Española o estadio quedou practicamente esnaquizado, do mesmo xeito que todo o barrio onde se atopaba, polos efectos dos combates realizados na fronte de batalla situado na próxima Cidade Universitaria. Trala contenda, o Metropolitano foi reconstruído, nunha actuación dirixida polo arquitecto Javier Barroso (dianteiro, medio e porteiro do primeiro equipo do Atlético de Madrid na década de 1920 e posteriormente presidente do club entre 1955 e 1964).
O 21 de febreiro de 1943 o Atlético, baixo a presidencia de Juan Touzón retorna ao seu antigo estadio, que é reinaugurado cun encontro fronte á Real Sociedad. O equipo local venceu por 2 a 1. O primeiro gol foi marcado polo atlético Monchín Triana.
Ese mesmo ano, o Metropolitano acolleu a final da Copa de España (entón Copa do Xeneralísimo). Disputouse o 20 de xuño e nela venceu o Athletic de Bilbao ao Real Madrid por un gol a cero.
O 15 de abril de 1950, o Atlético asinou a acta de compra do estadio, que pertenceu ata devandita data á Sociedade Stadium, de irmáns Otamendi.
Unha vez que en 1966 o Atlético de Madrid consumou o traslado ao seu novo estadio xunto ao río Manzanares (posteriormente chamado Vicente Calderón), o Metropolitano foi demolido e substituído por edificios de vivendas e oficinas.
A Selección española disputou un total de tres partidos como local no Metropolitano, todos eles amigábeis:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.