A Convención Europea de Dereitos Humanos (CEDH), en inglés European Convention on Human Rights (ECHR), foi adoptada polo Consello de Europa en 1950 e entrou en vigor en 1953. O nome oficial da Convención é Convenio Europeo para a Protección dos Dereitos Humanos e das Liberdades Fundamentais. Ten por obxecto protexer os dereitos humanos e as liberdades fundamentais, permitindo un control xudicial do respecto de devanditos dereitos individuais, e fai referencia á Declaración Universal dos Dereitos Humanos, proclamada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 10 de decembro de 1948.[1]

Datos rápidos Tratado internacional, Creación ...
Convención Europea de Dereitos Humanos
Thumb]]
Estados membros do Consello de Europa que ratificaron a Convención (CEDH). Rusia foi expulsada do Consello en 2022 e xa non está suxeita á xurisdición do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos nin está obrigada a cumprir coa CEDH.
Tratado internacionalConvención de dereitos humanos
Creación4 de novembro de 1950
Ratificación3 de setembro de 1953
TextoTexto en inglés
LinguaMultilingüe (os textos oficiais están en inglés e francés)
Atopado enConsello de Europa
LocalizaciónTribunal Europeo de Dereitos Humanos
AutoresConsello de Europa
Signatarios46 estados membros do Consello de Europa
FunciónProtección dos dereitos humanos e liberdades fundamentais en Europa
Cita"Toda persoa ten dereito ao respecto da súa vida privada e familiar, do seu fogar e da súa correspondencia." (Artigo 8.1; considérase un dos artigos máis abertos, e especialmente matizado polo 8.2)
TribunalTribunal Europeo de Dereitos Humanos
Pechar

Co fin de permitir un control do respecto efectivo dos dereitos humanos, a Convención instituíu o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (ou Corte Europea de Dereitos Humanos), efectiva en 1954, e o Comité de Ministros do Consello de Europa.

O Consello de Europa non debe ser confundido co Consello da Unión Europea, que non é unha parte comprendida na Convención (a pesar de estar adherida á Convención polo Tratado de Roma de 2004) e non ten ningún papel na administración do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos. En tanto, a Convención exerce unha certa influencia sobre o Dereito da Unión: por exemplo, a Carta dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea, no seu preámbulo, "reafirma [...] os dereitos recoñecidos especialmente por [...] a xurisprudencia [...] do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos".

Dereitos que se protexen e cobertura

Os Estados que ratificaron a Convención, tamén coñecidos como "Estados Partes", comprometéronse a asegurar e garantir a todas as persoas baixo a súa xurisdición, non só aos seus nacionais, os dereitos civís e políticos fundamentais definidos na Convención.

Os dereitos e liberdades garantidos pola Convención inclúen o dereito á vida, o dereito a un xuízo xusto, o dereito ao respecto da vida privada e familiar, a liberdade de expresión, a liberdade de pensamento, conciencia e relixión e a protección da propiedade.

A Convención prohibe, en particular, a tortura e os tratos ou penas crueis ou degradantes, a escravitude e o traballo forzoso, a detención ilegal e arbitraria e a discriminación no goce dos dereitos e liberdades garantidos pola Convención.[1]

A Convención evolucionou co paso do tempo e comprende diversos protocolos adicionais. Por exemplo, o Protocolo N° 6 prohibe a pena de morte, excepto en caso de guerra.

Ratificación polos Estados da Península Ibérica

Portugal

Portugal entrou no Consello de Europa O 26 de setembro de 1976, após o PREC e a aprobación da súa Constitución democrática e ratificou a CEDH o 9 de novembro de 1978, entrando en vigor nesa mesma data.[2]

España

España uniuse ao Consello o 24 de novembro de 1977, durante a Transición. O convenio foi ratificado por España con data 26 de setembro de 1979, publicado no Boletín Oficial do Estado de 10 de outubro de 1979[3].

Xibraltar

O Reino Unido foi o primeiro Estado-nación a ratificar a Convención, no 8 de marzo de 1951, como parte do seu compromiso de protexer os dereitos humanos no contexto europeo, despois da Segunda guerra mundial. Xibraltar segue as directrices e tratados do Reino Unido en materia de dereitos humanos, incluída a CEDH.[4]

Andorra

Andorra uniuse ao Consello de Europa o 10 de novembro de 1994 e ratificou a Convención adheríndose ás normativas e proteccións establecidas polo Consello de Europa dous anos despois, en 1996.[5]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.