From Wikipedia, the free encyclopedia
A clasificación Aarne-Thompson-Uther (ATU) é unha revisión en profundidade da Clasificación Aarne-Thompson (AT, ou AaTh), utilizada nos estudos do folclore e que permite a indexación de contos e outros relatos tradicionais por tipo de conto (conto-tipo).
Foi publicada por vez primeira en 2004, da man do folclorista alemán Hans-Jörg Uther.
A Clasificación Aarne-Thompson empregada anteriormente proviña da versión inicial do finés Antti Aarne (1910)[1] e fora xa revisada en dúas ocasións, en 1928 e 1961, polo norteamericano Stith Thompson.[2]
H.J. Uther subliña no preámbulo [3][4] que ningunha tipoloxía científica rigurosa era capaz de reflectir " a tradición narrativa do mundo real", ou dito doutro modo, que calquera tentativa de clasificación dentro deste dominio sempre sería imperfecta.
Con todo, el tivo en conta, na medida do posible, as principais críticas das que foran obxecto as versións anteriores, principalmente[5]:
Por outra banda, non se foi en contra do principio da numeración, que estaba entre as prácticas habituais, mesmo se son recoñecibles algunhas recodificacións e reagrupamentos. Deste xeito, por exemplo, o conto-tipo AaTh 1587 mudou en ATU 927D ("O home que a quen se lle permite escoller a árbore da que será colgado").
O principio da distinción entre contos veciños por unha letra maiúscula e/ou un ou dous asteriscos (por exemplo: ATU 705 / 705A / 705B / 705A) mantívose, pero estas notacións xa non gardan necesariamente un significado preciso.[5] Uther indica tamén que a sección AaTh 850-999, (Contos románticos) non se corresponde de feito con ningún xénero literario específico, pero que decidiu conservala malia todo.
As notas de Uther, resumos breves pero significativos, fornecen un gran número de referencias sobre os motivos-tipo codificados por Stith Thompson e tamén achegan indicacións sobre as combinacións frecuentes de contos-tipo; as distincións (sobre todo nas primeiras versións documentadas por escrito) e, por cada entrada, unha lista de referencias a catálogos especializados xa publicados. En caso contrario, as principais variantes para un conto-tipo aparecen resumidas ben a nivel do conxunto do conto ou das súas partes principais (introdución, nó etc.)
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.