Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Defínese como tradición oral a forma de transmitir desde tempos anteriores a cultura, a experiencia e as tradicións dunha sociedade a través de relatos, cantos, oracións, lendas, fábulas, conxuros, mitos, contos etc.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2014.) |
Transmítese de pais a fillos, de xeración a xeración, chegando ata os nosos días, e ten como función primordial a de conservar os coñecementos ancestrais a través dos tempos. Dependendo do contexto os relatos poden ser antropomórficos, teogónicos, escatolóxicos etc.
Desde épocas remotas en que os seres humanos comezaron a comunicarse a través do fala, a oralidade foi fonte de transmisión de coñecementos, ao ser o medio de comunicación máis rápido, fácil e utilizado. Esta forma de transmisión adoita distorsionar os feitos co paso dos anos, polo que estes relatos sofren variacións nos xeitos de contarse, perdendo ás veces o seu sentido inicial.
A tradición oral foi fonte de grande información para o coñecemento da historia e costumes de gran valor fronte aos que defenderon a historiografía como único método fiable de coñecemento da Historia e da vida. A sociedade occidental actual perdeu e segue perdendo en grande medida as tradicións orais, e na actualidade en moitas culturas só aparecen recollidas nos mellores casos en libros, sons ou vídeos; esta perda da tradición oral debeuse e débese principalmente ao grande influxo actual dos medios de comunicación, que en moitos casos fan diminuír a comunicación familiar e a transmisión da cultura tradicional, así como a novos cambios nos hábitos da vida onde as tecnoloxías son máis valoradas que as tradicións.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tradición oral |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.