numismático británico From Wikipedia, the free encyclopedia
Christopher J. Howgego é un numismático británico especializado na moeda da antigüidade, conservador do gabinete numismático do museo Ashmolean, da Universidade de Oxford.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1957 (66/67 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Británica |
Educación | Universidade de Oxford |
Q89547790 | - Estudos da moeda da Antiga Roma e da Antiga Grecia. - Conservador do museo Ashmolean, de Oxford. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e museística |
Ocupación | numismático |
Empregador | Universidade de Warwick (pt) |
Lingua | Lingua inglesa |
Premios | |
- (1996): Premio Lhotka, da Royal Numismatic Society. - Medalla de prata da Sociedade Numismática Norueguesa. | |
Howgego é tamén, desde 1988, profesor de Numismática Grega e Romana no Wolfson College, da mesma universidade, e profesor honorario da Universidade de Warwick.[2]
Na literatura científica é citado frecuentemente como C. J. Howgego.[3]
O seu centro de interse como investigador é a moeda antiga como elemento que contribúe ao entendemento da historia. O seu primeiro libro versaba sobre as contramarcas da moeda provincial romana, utilizadas como elemento de datación para investigar as relacións entre as cuñaxes e os exércitos, as migracións, a inflación e a función do diñeiro.[1]
A partir de aí, ocupouse nas súas investigacións de temas como os motivos das civilizacións antigas para cuñaren moeda, a subministración e o uso do diñeiro no mundo romano, a circulación monetaria e a súa vinculación coa economía na Antiga Roma ou a relación entre a cuñaxe de moeda e a identidade nas provincias romanas do Imperio.[1][4] Howgego foi fundador e un dos directores de Roman Provincial Coinage Online e, xunto con Andrew, dirixiu tamén o proxecto Coin Hoards of the Ronman Empire ("Achados monetarios do Imperio Romano").[5][6][7] Participa, así mesmo, como editor nas series Roman Imperial Coinage e Roman Provincial Coinage.[1][2][8]
Ingresou no museo Ashmolean en 1988, inicialmente como conservador das moedas da Antiga Grecia e da Antiga Roma, e en 2005 ascendeu a responsable da sala Heberden de moedas.[9] Finalmente, en 2006 foi nomeado conservador xeral e coordinador de investigación do museo.[1][2][10]
Howgego é vicepresidente da Real Sociedade Numismática de Londres, membro honorario da Sociedade Real de Numismática de Bélxica e membro correspondente da Sociedade Numismática Americana.[1]
Esta é unha escolma das monografías e os artigos máis salientables de Cristopher Howgego:[3][13][14]