From Wikipedia, the free encyclopedia
Chris Van Allsburg, nado o 18 de xuño de 1949 en Grand Rapids, Míchigan, é un escritor e ilustrador estadounidense especializado en literatura infantil. É mundialmente coñecido por ser o autor dos bestsellers The Polar Express, Jumanji e Zathura, os tres adaptados para o cine.[1]
(2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de xuño de 1949 (75 anos) East Grand Rapids, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Míchigan Escola de Deseño de Rhode Island East Grand Rapids High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | escritor, escritor de ciencia ficción, concept artist (en) , guionista, novelista, escritor de literatura infantil, ilustrador |
Empregador | Escola de Deseño de Rhode Island |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | chrisvanallsburg.com |
Chris estudou na Escola de Artes da Universidade de Míchigan e obtivo o seu máster na Escola de Deseño de Rhode Island (RISD).
Chris Van Allsburg vive en Providence, Rhode Island, coa súa muller Lisa e dúas fillas; Sofía e Ana.
Converteuse nun premiado autor de libros infantís, xa no seu primeiro libro, The Garden of Abdul Gasazi, que en 1980 recibiu a Medalla de Honra Caldecott, o mesmo aconteceu en 1982 e 1985, con Jumanji e The Polar Express, respectivamente.
Os seus libros adoitan traer como temática eventos fantásticos, descontrolados e ás veces empregando a crúa ironía. Allsburg escapa do lado inocente e cómodo da literatura infantil e explora o lado máis escuro da natureza humana. Un bo exemplo diso está no seu libro The Sweetest Fig (O figo máis doce), cuxo tema é a historia dun home moi egoísta que de súpeto consegue facer realidade os seus desexos máis salvaxes. A súa cobiza acaba sendo a causa da súa caída -o que non é unha lección moral infrecuente, nos libros infantís-, pero Allsburg consegue dar unha frialdade na caracterización do personaxe que imprime un ton aterrador á narración.
En The Wretched Stone, toda a tripulación dun barco está hipnotizada e controlada pola pedra do título, unha alegoría cruel sobre o efecto negativo da televisión.
O seu tema tamén inclúe os soños, os suburbios ou obxectos que teñen vida propia (como os xogos de mesa de Jumanji e Zathura). Unha presenza constante nos seus libros é Fritz o can.
Varios dos seus libros foron traducidos ao portugués e ao castelán. É coñecido principalmente polas versións cinematográficas da súa obra. Allsburg escribiu ou ilustrou os seguintes libros:
Nome | Escrito por el | Ilustrado por el | Adaptación cinematográfica |
---|---|---|---|
Bad Day at Riverbend | |||
Ben's Dream | |||
The Garden of Abdul Gasazi | |||
Jumanji | |||
Just a Dream | |||
The Mysteries of Harris Burdick | |||
The Polar Express | |||
The Stranger | |||
Swan Lake | |||
The Sweetest Fig | |||
Two Bad Ants | |||
The Wreck of the Zephyr | |||
The Wretched Stone | |||
The Widow's Broom | |||
The Z Was Zapped | |||
Zathura | |||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.