heptaloxía literaria de C. S. Lewis From Wikipedia, the free encyclopedia
The Chronicles of Narnia é o nome dunha serie de sete novelas de fantasía escritas polo británico C. S. Lewis. Ilustradas por Pauline Baynes e publicadas orixinalmente entre 1950 e 1956, a serie de The Chronicles of Narnia adaptouse para radio, televisión, teatro, cinema e mesmo videoxogos.
The Chronicles of Narnia | |
---|---|
Título orixinal | The Chronicles of Narnia |
Autor/a | C. S. Lewis |
Ilustrador/a | Pauline Baynes |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | Inglés |
Colección | The Chronicles of Narnia |
Tema(s) | novela de aprendizaxe |
Xénero(s) | Fantasía, literatura infantil |
Editorial | Geoffrey Bles (libros 1–5) The Bodley Head (libros 6 e 7)[1][2] HarperCollins (actualmente a nivel mundial) |
Data de pub. | 16 de outubro de 1950 – 4 de setembro de 1956 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ten lugar nun reino ficticio chamado Narnia, un mundo de fantasía e maxia cheo de criaturas mitolóxicas e animais que falan. Trata as aventuras de varios nenos e nenas que xogan un papel central na historia de Narnia. Agás en The Horse and His Boy, os protagonistas son sempre nenos do mundo real que son transportados maxicamente a Narnia, onde deben loitar contra o mal por petición do león Aslan. Os libros recollen a historia enteira de Narnia, dende a súa creación en The Magician's Nephew até a súa destrución en The Last Battle.
A serie de The Chronicles of Narnia considérase un clásico da literatura infantil e é a obra máis vendida de C. S. Lewis, con arredor de 100 millóns de copias en 47 linguas.[3][4][5]
Os admiradores da serie adoitan ter diferentes opinións sobre a orde na que se deberían ler os libros. O problema atópase no lugar que ocupan The Magician's Nephew e The Horse and His Boy na serie. Ambos os dous recollen acontecementos que teñen lugar moito antes dentro da cronoloxía de Narnia do que lles correspondería por orde de publicación, rompendo a liña narrativa dos outros libros. A orde de lectura dos outros cinco libros non xera discusión.
Libro | Ano de publicación | Cronoloxía interna[7] | |
---|---|---|---|
Ano na Terra | Anos en Narnia | ||
The Lion, the Witch and the Wardrobe | 1950 | 1940 | 1000–1015 |
Prince Caspian: The Return to Narnia | 1951 | 1941 | 2303 |
The Voyage of the Dawn Treader | 1952 | Verán de 1942 | 2306–2307 |
The Silver Chair | 1953 | Outono de 1942 | 2356 |
The Horse and His Boy | 1954 | [1940] | 1014 |
The Magician's Nephew | 1955 | 1900 | 1 |
The Last Battle | 1956 | 1949 | 2555 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.