club de fútbol escocés From Wikipedia, the free encyclopedia
O Celtic Football Club é un club de fútbol escocés da zona de Parkhead, en Glasgow, que actualmente compite na Scottish Premier League. Fundouse en 1887 e disputou o seu primeiro partido en 1888. Desde a súa fundación, o Celtic conseguiu 50 títulos de liga –só superado polo Rangers FC– e 39 copas escocesas –máis que ningún outro club escocés. O club disputa os seus partidos como local no Celtic Park, o estadio con maior capacidade do fútbol escocés, que alberga 60.832 espectadores sentados.
Celtic | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Celtic Football Club | |||
Alcume(s) | The Bhoys | |||
Fundación | 6 de novembro de 1887 (136 anos) | |||
Estadio | Celtic Park, Glasgow, Escocia | |||
Inauguración | 20 de agosto de 1892 | |||
Capacidade | 60.832 | |||
Presidente | Ian Bankier | |||
Adestrador | Neil Lennon | |||
Liga | Scottish Premier League | |||
2023/24 | 1º | |||
Vestimenta | New Balance | |||
Patrocinador | Dafabet | |||
Na rede | ||||
http://www.celticfc.net/ | ||||
| ||||
É moi sonada a grande rivalidade que o Celtic ten co Rangers dende 1888 (ano do nacemento do Celtic). É o derbi por excelencia de Escocia e pode que do mundo posto que o mesmo Sir Alex Ferguson (que xa leva visto moito fútbol na súa vida) fala na súa autobiografía de que endexamais vira nun enfrontamento de rivalidade unha atmosfera e unha paixón semellantes ás que se poden vivir nos encontros entre Celtic e Rangers. De feito, dicía que nin nos derbis que vira en España, Italia, Inglaterra... tivera visto nada que se lle achegase. E tamén boa conta disto pode dála o futbolista ferrolán do Rangers Nacho Novo que recoñeceu nunha entrevista concedida a un xornal deportivo que aquilo era impresionante e que se algún compañeiro lle quería dicir algo, como estivese a 3 ou 4 metros xa non oía o que lle quería comentar. Tanto esta rivalidade, por intres da historia esaxerada, coma cando se fai referencia a ámbolos dous clubs se fala do Old Firm.
O equipo xoga os seus partidos coma conxunto local no Celtic Park tamén coñecido coma Parkhead por estar chantado nesa avenida e coma The Paradise ou simplemente Paradise grazas ós boísimos momentos que alí puideron pasar moitos seareiros. O estadio ten unha capacidade de 60.832 prazas todas elas de sentar sendo o estadio con meirande capacidade da Escocia e o segundo do Reino Unido en canto a clubs se refire.
Abofé que o fito por excelencia do club foi a proclamación do mesmo coma campión de Europa no 1967 trala vitoria acadada cun xogo de reis sobre o Inter de Milán por 2-1 en Lisboa. E velaquí a explicación de que tódolos xogadores que artellaban o equipo recibiran a denominación de Lisbon Lions. Cómpre salientar tamén ó falar deles que, hogano, inda segue a se-lo único club de Europa que foi quen de gaña-la máxima competición continental botando man tan só de xente do país da orixe do equipo. E é máis, os xogadores tiveran nacido todos eles nun raio de 30 millas (algo máis de 55 quilómetros) con respecto á casa do club, Celtic Park.
O Celtic tamén é coñecido coma o equipo dos católicos, estando formada a súa afección principalmente pola minoría católica de Escocia, polos norteirlandeses católicos e polos irlandeses. Tamén ten importantes núcleos de seguidores en Australia, Estados Unidos ou Inglaterra, e aínda noutros países anglosaxóns coma o Canadá ou Nova Zelandia alén de moitos milleiros máis de afeccionados do equipo que están espallados polo resto do mundo.
O estadio adoita estar cheo en cada partido e nas últimas tempadas as estatísticas indican unha asistencia media ó terreo de xogo de arredor dunhas 57.000-58.000 persoas; cifras tan só superadas polos seguidores do Manchester United a nivel británico.
O primeiro equipamento do equipo é a de camisola con franxas horizontais verdes e brancas, pantalonciño cor branca e medias brancas inda que hai que dicir ó respecto que houbo ó longo da historia do club diversas tempadas nas que as medias eran, á imaxe da camisola, con franxas verdes e brancas. En canto ó segundo equipamento hai que salientar que foi mudando ó longo dos anos pero por pór un exemplo a da tempada 2005-2006 era completamente verde.
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.