club de fútbol escocés From Wikipedia, the free encyclopedia
O Rangers Football Club é un club de fútbol da localidade de Glasgow (Escocia) que adoita ser chamado Glasgow Rangers inda que oficialmente ese nome non o posúa ningún equipo de fútbol. Este costume de darlle esta denominación a puxeron ben de moda os comentaristas ingleses dos partidos de fútbol que falaban do Glasgow Rangers para tentar face-la diferenciación con respecto ó Queens Park Rangers londiniense. Tamén ten denominacións alternativas coma os alcumes "The Gers" que non deixaría de se-la abreviación de The Rangers, "Light Blues" pola cor da súa camisola e "The Teddy Bears" pola rima que isto fai con Rangers.
Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Rangers | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Rangers Football Club | |||
Alcume(s) | The Gers; The Teddy Bears; The Light Blues | |||
Fundación | Marzo, 1872 | |||
Estadio | Ibrox Stadium, Glasgow, Escocia | |||
Inauguración | 1899 | |||
Capacidade | 50.817 | |||
Propietario | Rangers International Football Club Plc | |||
Presidente | Dave King | |||
Adestrador | Steven Gerrard | |||
Liga | Scottish Premiership | |||
2021/22 | 2.º | |||
Vestimenta | Castore | |||
Patrocinador | 32Red | |||
Na rede | ||||
http://www.rangers.co.uk/ | ||||
| ||||
En 2012 o Rangers F.C. entrou nunha profunda crise financeira debido a problemas coa administración de impostos do Reino Unido, polo que o 14 de xuño do mesmo ano, tras non poderse solucionar a dura situación económica do club, o equipo desapareceu, véndose obrigado a refundarse na Terceira División escocesa.
Club nado no 1872 e que foi o primeiro do mundo en acadar 55 títulos do se campionato nacional de liga e tamén o que pode fachendear de se-lo pioneiro en sumar 100 títulos oficiais (ó remate da tempada 2012-13 xa acumulaba 117).
É moi sonada a grande rivalidade que o Rangers ten co Celtic. É o derbi por excelencia de Escocia e pode que do mundo posto que o mesmo Sir Alex Ferguson fala na súa autobiografía de que endexamais vira nun enfrontamento de rivalidade unha atmosfera e unha paixón semellantes ás que se poden vivir nos encontros entre Celtic e Rangers. E tamén boa conta disto pode dala o futbolista ferrolán do Rangers Nacho Novo que recoñeceu nunha entrevista concedida a un xornal deportivo que aquilo era impresionante e que se algún compañeiro lle quería dicir algo, como estivese a 3 ou 4 metros xa non oía o que lle quería comentar. Tanto esta rivalidade, por intres da historia esaxerada, coma cando se fai referencia a ámbolos dous clubs se fala do Old Firm.
O primeiro equipamento do equipo é o de camisola cor azul, pantalonciño cor branca e medias azuis. En canto ó segundo equipamento hai que salientar que foi mudando ó longo dos anos pero por pór un exemplo a da tempada 2005-2006 era con camisola branca cunha franxa vermella cruzando verticalmente o peito dende o pescozo, pantalonciño azul e medias brancas.
O estadio que acolle os seus encontros coma locais é o de Ibrox Stadium cunha capacidade para 50.987 persoas sendo tódalas bancadas de sentar. Ademais este estadio é un cinco estrelas segundo criterios UEFA e é o terceiro en capacidade de público de Escocia tan só por detrás, e nesta orde, do Celtic Park e do Hampden Park onde xoga a Seleción Escocesa de Fútbol tódolos seus encontros oficiais coma local a non ser que haxa algún problemiña.
O maior fito da historia do Rangers de seguro que foi a consecución da xa extinta Recopa no ano 1972 tras derrotar ó Dínamo de Moscova no Camp Nou por 3-2.
O equipo do Rangers tamén é coñecido por se-lo conxunto dos protestantes de Escocia. E ós seus seareiros se lles coñece coma "Bears" e "Bluenoses".
Actualizado 13 de xuño de 2018
|
|
Nome | Nacionalidade | Período | Liga | Copa | Copa da Liga | UEFA | Total |
---|---|---|---|---|---|---|---|
William Wilton | Escocia | 1899-1921 | 8 | 1 | — | — | 9 |
Bill Struth | Escocia | 1921-1954 | 18 | 10 | 2 | — | 30 |
Scot Symon | Escocia | 1954-1967 | 6 | 5 | 4 | — | 15 |
David White | Escocia | 1967-1969 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
William Waddell | Escocia | 1969-1972 | 0 | 0 | 1 | 1 | 2 |
Jock Wallace | Escocia | 1972-1978 | 3 | 3 | 2 | 0 | 8 |
John Greig | Escocia | 1978-1983 | 0 | 2 | 2 | 0 | 4 |
Jock Wallace | Escocia | 1983-1986 | 0 | 0 | 2 | 0 | 2 |
Graeme Souness | Escocia | 1986-1991 | 3 | 0 | 4 | 0 | 7 |
Walter Smith | Escocia | 1991-1998 | 7 | 3 | 3 | 0 | 13 |
Dick Advocaat | Países Baixos | 1998-2001 | 2 | 2 | 1 | 0 | 5 |
Alex McLeish | Escocia | 2001-2006 | 2 | 2 | 3 | 0 | 7 |
Paul Le Guen | Francia | 2006-2007 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
Walter Smith | Escocia | 2007-2011 | 3 | 2 | 3 | 0 | 8 |
Ally McCoist | Escocia | 2011-2014 | 2 | 0 | 0 | 0 | 2 |
Mark Warburton | Inglaterra | 2015-2017 | 1 | 0 | 0 | 0 | 1 |
Pedro Caixinha | Portugal | 2017 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
Graeme Murty | Escocia | 2017-2018 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 |
Steven Gerrard | Inglaterra | 2018-presente | 1 | 0 | 0 | 0 | 1 |
Os adestradores intermedios foron Willie Thornton (2 partidos en 1969), Tommy McLean (4 partidos en 1983), Ian Durrant (1 partidos en 2007) e Graeme Murty (6 partidos en 2017).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.