Árbore norteamericana que dá un froito semellante á noz From Wikipedia, the free encyclopedia
Carya illinoinensis[1] é unha especie do xénero Carya, na familia Juglandaceae (familia á que pertence tamén a nogueira común). O seu froito é comestíbel e recibe o nome de pacana ou noz pacana[2].
Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
É unha árborecaducifolia e monoica que pode superar os 40 m de altura, de casca cinsenta clara ou parda e cuberta de escamas ou exfoliacións laminares. As follas, imparipinnadas, xeralmente glabras ou con pelos simples curtos, miden 40–70cm e teñen 7-17 folíolospeciolados ovalo-lanceolados, habitualmente falcados, de 2-16 por 1–7cm, de ápice agudo, base asimétrica e marxe finamente aserrada. Os amentos (candeas) pénsiles masculinas están compostos por numerosas flores con estames escasamente pilosos e miden uns 20cm de longo co rabo cuberto de tricomas glandulares. Inflorescencias femininas en espigas terminais pauciflores. Froito drupáceo en trima (drupa involucrada) de cor marrón, ovoide-elipsoide, non comprimido, de 2-6 por 1,5–3cm con involucro áspero de 3–4mm de espesor, dehiscente case até a súa base en 4 valvas. A noz, indehiscente, ten cor exterior canela, coa superficie macía e brillante, asucada por riscos lonxitudinais anastomosados pouco marcados e de cor máis clara; ten forma ovoide, casca de espesor milimétrico e 4-5 costelas de pouco relevo e que non se corresponden cos tabiques internos, mais coas suturas de dehiscencia da envoltura da noz (mesocarpo e epicarpo, ou sexa o nauco[nota 1]). Arrodea unha semente sen endospermo, engurrada e lobulada, de cor parda clara con tons dourados e finamente puntuada de marrón máis escuro, con 2 sucos lonxitudinais separados por unha crista e que corresponden a un tabique duplo, moi incompleto, perpendicular ao tabique principal completo, de consistencia pergaminoide, que separa os dous cotiledóns.[4][5][6]
Nota: a distribución orixinal non é clara, por mor ao seu intenso cultivo dende épocas remotas.
O seu hábitat natural nos seus países de orixe sitúase ao longo dos ríos, as chairas de alagamento e en solos ben drenados. Florece na primavera en altitudes comprendidas entre o nivel do mar e os 600m, excepcionalmente 1000m,[4]
No sur de España, semella que comeza a se naturalizar nalgunhas zonas da Alpujarra granadina e maila Axarquía almeriense.[8]
A pacana pode ser consumida fresca ou ser utilizada na cociña, especialmente en repostaría, mais tamén en pratos de moito sabor: úsase en recheos, pans de noces ("panque de nuez" en México[11]), xeados e pratos de verduras salgadas. Unha das sobremesas máis coñecidas coa noz pacana coma ingrediente principal é o pastel coñecido coma «pecan pie» dos Estados Unidos.
Un leite doce, "pawcochiccora", obtido ao ferver as sementes úsase para facer doces e cociñar entre os indios americanos.[12]
Os indios Comanches usábana, ademais de fins medicinais, coma alimento, en particular durante o inverno.[9]
No Perú teñen moita sona os doces recheos deste froito: "teja", "chocoteja".
A madeira, vermella, escura, pesada, dura mais elástica, usábase para facer apeiros agrícolas, mobles, esquís, arcos e paus de golf.[12]
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente desde a última vez que se editou, que foi en marzo de 2019.
Estados Unidos, ademais de ser o lugar de orixe desta árbore, é tamén o maior produtor mundial, acaparando máis do 60% da produción anual (2012-2013).
Principais produtores (estimacións campaña 2012-2013 - en toneladas, con casca)[13]
Carya illinoinensis foi descrita por Wangenh. coma Juglans illinoensis en Beitr. Forstw. Nord-Am. Holz., 54, t. 18, fig. 43 en 1787 -e que é o basiónimo- e atribuído despois ao xénero Carya por K.Koch e publicado en Dendrologie, 1, p.593 en 1869 como Carya illinoënsis.[5]
e, supostamente co tetraploideCarya tomentosa ( = Carya × schneckii Sargent).[4]
Nota: O vocábulo "pacana", e todos os seus derivados, é unha palabra de orixe algonquina:[15] por exemplo o creepakan, o ojibwapagan ou o abnakipagann, que significa "cuncha dura".[16]
A especie é a árbore emblema oficial do estado de Texas.[4]
No senso que lle deron uns autores [3], coma vocábulo emprestado do latínnaucum, - i que xa tiña este senso para os Romanos da antigüidade que o empregaban para designar a envoltura da noz da nogueira común (Juglans regia).
Ningún dicionario galego recolle o nome vulgar actualmente, porén é unha especie que adoita ter nomes vulgares en todas as lingua romances, incluíndo o portugués, no que se denomina nogueira-de-pecã ou pecan. Mentres non apareza o nome vulgar galego nunha publicación, manterase o nome científico coma entrada no artigo
Blanca G., Cabezudo B., Cueto M., Salazar C. & Morales Torres C. (2011, eds.). Flora Vascular de Andalucía Oriental. 2ª Edición corrixida e aumentada, páx. 926
CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Capital Nat. México. CONABIO, Cidade de México.
Flora of China Editorial Committee. 1999. Flora of China (Cycadaceae through Fagaceae). 4: 1–453. In C. Y. Wu, P. H. Raven & D. Y. Hong (eds.) Fl. China. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
Manning, W. E. 1949. The genus Carya in Mexico. J. Arnold Arbor. 30: 425–432.