Remove ads
política galega From Wikipedia, the free encyclopedia
María del Carmen Lovelle Alén, nada en Ourense o 9 de xullo de 1941, é unha política galega.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xullo de 1941 (83 anos) Ourense, España |
Alcaldesa de Verín | |
1975 – 1983 ← José Arjiz Salgado – Santiago Cid Harguindey → | |
Actividade | |
Ocupación | política, mestra |
Partido político | Partido Popular |
Membro de |
Mestra de educación primaria (daquela chamada EXB) e delegada da Sección Femenina en Verín, foi elixida concelleira de Verín nos últimos anos do franquismo en representación do terzo familiar.[2] Foi tenenta de alcalde de Verín, e trala dimisión do alcalde en 1975, foi nomeada alcaldesa de Verín polo gobernador civil.[3] Nas primeiras eleccións municipais democráticas presentouse nas listas de Alianza Popular, e conseguiu a alcaldía grazas a un pacto co PSOE.[2] Foi deputada provincial. En 1981 presentouse ás eleccións galegas na candidatura de Alianza Popular pola provincia de Ourense e foi elixida deputada no Parlamento de Galicia. Ademais, e sen deixar de ser deputada, foi designada senadora en representación do Parlamento de Galicia (1982-1986).
Nas municipais de 1983 perdeu a alcaldía en favor do candidato de Coalición Galega Santiago Cid Harguindey. En 1986 abandona AP xunto co dirixente provincial Jaime Tejada en desacordo coa converxencia cos Centristas de Galicia de Victorino Núñez, constituíndo Agrupación de Independentes de Ourense (ADEI-O). Encabezou esta formación en Verín nas municipais de 1987 sen conseguir recuperar a alcaldía, dado que Cid Harnguindey logrou a maioría absoluta. Posteriormente achegouse ao daquela empresario e incipiente político José María Ruiz-Mateos, e conseguiu ser secretaria xeral da Agrupación Ruiz Mateos, formación que obtivo éxito nas eleccións europeas de 1989 ó lograr dous escanos.
En decembro de 2003 foi nomeada vicepresidenta do Rayo Vallecano, equipo de fútbol tamén vencellado á familia e empresas de Ruiz-Mateos. Dirixiu a emisora Radio Libertad en Madrid. En agosto de 2021 presentou en Verín o seu libro Diario de Carmen en cuarentena. Mi verdad con libertad.[4]
O seu home é médico e foi delegado local de Sanidade de Verín. Dende os anos noventa vive en Madrid.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.