A Educación Xeral Básica (EXB) é o nome que recibe o ciclo de estudos primarios obrigatorios en varios países (Arxentina, Chile, Costa Rica e Ecuador). Nalgúns, como España, trátase dun sistema educativo antigo que xa foi substituído por outros.

España

Segundo a Lei Xeral de Educación de 1970,[1] a Educación Xeral Básica consistía en oito cursos de escolarización obrigatoria divididos en dúas etapas:

  • Primeira etapa: 1º, 2º,3º, 4º e 5º de EXB.
  • Segunda etapa: 6º, 7º e 8º de EXB.

A reforma curricular parcial de 1980-1982 dividiu a primeira etapa en dous ciclos diferenciados, pasando a EXB a dividirse en tres ciclos:

  • Ciclo inicial: 1º e 2º de EXB.
  • Ciclo medio: 3º, 4º e 5º de EXB.
  • Ciclo superior: 6º, 7º e 8º de EXB.

Lingua, Matemáticas, Ciencias Naturais, Ciencias Sociais, Idioma estranxeiro (xeralmente francés ou inglés), Educación Artística, Relixión ou Ética e Educación Física eran as materias do terceiro ciclo de EXB que se iniciaba aos 12 anos e finalizaba aos 14.[2] Unha vez finalizado o ensino básico existían dous camiños: FP e BUP. Quen non conseguían aprobar todas as materias, obtendo o Graduado escolar (herdeiro do antigo Certificado de estudos primarios —aínda que este último non facultaba en principio para cursar o Bacharelato, cuxo exame de ingreso facíase aos 10 anos—) recibían o Certificado de escolaridade, que permitía continuar estudos en Formación Profesional (FP).

O Bacharelato Unificado Polivalente (BUP), de tres anos de duración, eran os estudos secundarios posteriores á EXB. Posteriormente realizábase o Curso de Orientación Universitaria (COU) como último paso antes de comezar estudos universitarios.

En primeiro de BUP estudábase Lingua, Matemáticas, Ciencias Naturais, Historia, Idioma estranxeiro, Música, Debuxo Técnico, Relixión ou Ética e Educación Física.

En segundo de BUP as materias eran Literatura, Matemáticas, Física e Química, Xeografía, Latín, Idioma estranxeiro, Relixión ou Ética, Educación Física e EATP (elección dunha materia entre as ofertadas por cada centro, algunhas das materias ofertadas eran electricidade, deseño, teatro, informática, segundo idioma estranxeiro, labores do fogar, fotografía etc.).

En terceiro de BUP as materias obrigatorias eran Historia, Filosofía, Idioma estranxeiro, Relixión ou Ética, Educación Física e EATP. Os alumnos debían elixir entre a opción de ciencias (descartando unha materia do seguintes catro: Física e Química, Ciencias Naturais, Matemáticas e Literatura) ou letras (descartando unha das seguintes materias: Literatura, Latín, Grego e Matemáticas).

Xa no Curso de Orientación Universitaria (C.O.U.) o alumno podía elixir entre dúas ramas de ciencias (opción Biosanitaria e Técnica) e dúas de letras (Ciencias Sociais e Humanidades).

En tódolos cursos, tanto na EXB como no BUP, nas Comunidades Autónomas con máis dunha lingua oficial estudábase, como materia obrigatoria, a lingua vernácula (e, noutra materia á parte a escoller entre as de letras de terceiro de BUP, a literatura en devandita lingua).

Este sistema educativo foi derrogado e substituído progresivamente polo da LOGSE de 1990. O seis primeiros cursos de EXB corresponden á Educación Primaria e os dous últimos da EXB e os dous primeiros de BUP corresponden á Educación Secundaria Obrigatoria. A principal diferenza é que co actual sistema os alumnos dos colexios públicos pasan ao Instituto de Educación Secundaria o ano en que cumpren 12 anos, con dous menos que no anterior sistema, ou ben permanecen no mesmo centro até os 14 ou os 16 anos, ao impartirse tamén a secundaria obrigatoria ou as súas dous primeiros cursos en moitos centros rurais, deixándose para o Instituto o Bacharelato.

O último ano que se cursou a EXB foi no curso escolar 1996/1997 (8º EXB).

Sistema educativo español (LOE)

O sistema é o seguinte:

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.