ensinanza obrigatoria que se lle debe dar a unha persoa From Wikipedia, the free encyclopedia
Educación obrigatoria, escolarización obrigatoria, escolarización compulsiva, estudos obrigatorios ou ensino obrigatorio son os nomes que reciben os distintos ciclos de educación, ensino ou estudos que de forma obrigatoria debe cursar un neno ou xove e cuxo currículo, duración, obxectivos, contidos, procedementos e metodoloxía varían en función do sistema educativo de cada país e época.
A loita pasa por estender a obrigatoriedade do ensino cantos máis anos mellor. A maioría de países teñen oferta de ensino público (gratuíta) para os anos obrigatorios. Hai que precisar, no entanto, que o cumprimento da obrigatoriedade varía moito en función da rexión, debido ao fenómeno coñecido como absentismo escolar, que afecta máis aos pobres e aos residentes das áreas rurais.[Cómpre referencia]
Os críticos da educación obrigatoria argumentan o seguinte:
En España, desde a promulgación da LOGSE en 1990[1], a educación obrigatoria consta de dúas etapas:
Estas etapas corresponden ás idades comprendidas entre 6 e 16 anos. Con todo, un alumno pode cumprir os 16 anos e abandonar o sistema sen acabar a ESO debido ás repeticións de curso.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.