Remove ads
político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Santiago Cid Harguindey, nado en Verín en 1944 e finado no mesmo concello o 4 de xuño de 2021,[1] foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1944 Verín, España |
Morte | 4 de xuño de 2021 (76/77 anos) Verín, España |
Alcalde de Verín | |
1983 – 1991 ← Carmen Lovelle – Emilio González Afonso → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Foi un dos fundadores do Verín Club de Fútbol en 1971. En 1978 foi elixido membro da Cámara Agraria Provincial.[2] Durante a transición foi nomeado membro da xestora municipal de Verín presidida por Carmen Lovelle. Militante de UCD, encabezou a candidatura de Verín nas eleccións municipais de 1979, sendo a forza máis votada pero sen lograla alcaldía tras apoiar o PSdeG a Carmen Lovelle (Coalición Democrática). Nese mandato foi deputado provincial e vicepresidente da Deputación provincial de Ourense.
Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura de Coalición Galega ao concello de Verín e foi elixido alcalde por maioría simple. Nas municipais de 1987 encabezou a coalición de Alianza Popular e Centristas de Galicia e foi reelixido alcalde con maioría absoluta. O 6 de febreiro de 1988, no primeiro congreso no monte Medo (Baños de Molgas), formou parte do comité executivo de Centristas de Galicia encabezado por Xosé Luis Baltar Pumar. En xuño de 1990 foi condenado a dez anos de inhabilitación por prevaricación.[3] Nas municipais de 1991 volveu ser elixido alcalde como candidato de Centristas de Galicia, nesta ocasión con maioría simple. Foi deposto por unha moción de censura encabezada por Emilio González Afonso o 17 de outubro de 1991.[4] En marzo de 1993 o Tribunal Supremo confirmou a súa inhabilitación de 10 anos, polo que abandonou a política.
Tras cumpri-la condena, nas municipais de 2003 encabezou a formación Verinenses Independentes e logrou 3 concelleiros, sendo chave de goberno. Tras non chegar a un acordo con ningún partido, continuou gobernando o PPdeG da man de Juan Manuel Jiménez Morán. Porén, en abril 2004 apoiou unha moción de censura que fixo alcalde a Emilio González Afonso (agora membro socialista), pasando a formar parte dun goberno tripartito co PSdeG e o BNG. Nas municipais de 2007 pasou de 3 a 1 concelleiro, recuperando o PPdeG a maioría absoluta, polo que renunciou a recolle-la súa acta de concelleiro e abandonou a primeira liña política.
Predecesor: María del Carmen Lovelle Alén |
Alcalde de Verín 1983 - 1991 |
Sucesor: Emilio González Afonso |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.