arqueóloga e numismática suíza From Wikipedia, the free encyclopedia
Carmen Arnold-Biucchi, nada en Lugano, cantón de Tesino, é unha arqueóloga e numismática suíza, afincada nos EEUU e vinculada á American Numismatic Society.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Lugano, Suíza |
País de nacionalidade | Suíza |
Educación | Universidade de Friburgo. |
Q89547790 | Estudos de iconografía numismática. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática |
Ocupación | numismático |
Influencias | |
Premios | |
2012: Medalla Gunnar Holst. 2014: Jeton de Vermeil (SFN). 2022: Medalla da RNS. |
Arnold-Biucchi estudou Arqueoloxía Clásica na Universidade de Friburgo, onde acadou o seu grao de mestrado en 1971 e o seu doutoramento en 1976, baixo a dirección de Lilly Kahil, cunha tese acerca das terracotas chipriotas, cuxa preparación a obrigou a pasar estadías en Heidelberg, Alemaña.[1][2]
O seu interese pola numismática xurdiulle durante un seminario en Friburgo impartido por Herbert Cahn.[1]
Entre 1974 e 1977 formou parte do equipo de numismáticos que se encargaron da elaboración do Lexicon Iconographicum Mythologiae Classicae (LIMC), en Basilea, no que se encargou da iconografía numismática. Este proxecto levouna a desprazarse aos EEUU, para traballar no LIMC US Center, da Universidade Rutgers, de Nova Jersey.[1]
En Nova York, Carmen Arnold-Biucchi accedeu en 1982 ao posto de conservadora axudante de moeda da Antiga Roma e da Antiga Roma na American Numismatic Society (ANS), e en 1989 foi nomeada conservadora de moeda da Antiga Grecia.[2] Na ANS, compaxinou este labor co de profesora nos seus seminarios de verán desde 1982 ata 1999.[1]
Así mesmo, foi profesora adxunta na Universidade Columbia (1995-1999), no Bryn Mawr College, de Pensilvania (2000) e na Universidade da Cidade de Nova York (2001), e profesora visitante en diversas institucións europeas, como a Universidade de Padua (1993) ou a Sorbona, en París (2007). Desde 2002 é profesora de Numismática na Universidade Harvard, onde tamén desempeña o papel de conservadora, foi a primeira, da colección de moedas antigas do Harvard Art Museum;[1][2][3] cargo do cal se retirou en 2019.[4]
En 2003 foi elixida membro do Consello Internacional de Numismática, organismo do que foi secretaria ata 2009 e presidenta entre ese ano e 2015.[1][2] En tal condición, encargouse da organización do XV Congreso Internacional de Numismática, que tivo lugar en Taormina, Sicilia, en 2015.[1][2][5]
Carmen Arnold-Biucchi é autora de ducias de artigos publicados en diversas revistas científicas sobre historia e numismática. Esta é unha selección dos seus traballos monográficos máis significativos:[9][10]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.