tenista profesional español From Wikipedia, the free encyclopedia
Carlos Moyà Llompart, nado en Palma o 27 de agosto de 1976, é un ex xogador profesional de tenis español.
(2007) | |||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 27 de agosto de 1976 (48 anos) Palma, España | ||||||||||||||||
Residencia | Xenebra | ||||||||||||||||
Altura | 190 cm | ||||||||||||||||
Peso | 86 kg | ||||||||||||||||
Lateralidade | destro | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | tenista (1995–2010), adestrador de tenis | ||||||||||||||||
Período de actividade | 1995 - 17 de novembro de 2010 | ||||||||||||||||
Patrimonio estimado | 13.443.970 $ | ||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||
Deporte | tenis | ||||||||||||||||
Disciplina deportiva | tenis individual | ||||||||||||||||
Man de xogo | destro e revés a dúas mans | ||||||||||||||||
Adestrado por | Luis Lobo (en) | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||
2004 | Tênis nos Jogos Olímpicos de Verão de 2004 (pt) | ||||||||||||||||
1998 | Roland-Garros de 1998 (pt) (1º) | ||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||
Parella | Flavia Pennetta | ||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||
Comezou a xogar á idade de seis anos. En 1996 entrou no top 20 da ATP por primeira vez. Acabou 1997 como mellor español e no top 10 por primeira vez na súa carreira. Ademais, converteuse no primeiro español en alcanzar a final do Aberto de Australia desde Andrés Gimeno en 1969. En 1998 gañou o seu primeiro título de Grand Slam derrotando a Álex Corretja na final de Roland Garros. En 1999, converteuse no primeiro español en situarse como número 1 da clasificación da ATP desde que se instaurara en 1973, onde se mantivo dúas semanas.
Formou parte do equipo español que gañou a Copa Davis do 2004, final que se disputou no Estadio Olímpico da Cartuja (Sevilla), na que tivo un papel destacado, obtendo dous dos tres puntos para España, gañando o primeiro punto ante Mardy Fish e conseguindo a vitoria decisiva contra Andy Roddick, logrando así a segunda Ensaladeira de Prata na historia do tenis español.
En 2005 doou o premio obtido por gañar o torneo de Chennai ás vítimas do Terremoto do Océano Índico de 2004.
Retirouse oficialmente o 17 de novembro de 2010.
Na súa vida sentimental, estivo unido a modelos e presentadoras como Patricia Conde así como á xogadora de tenis italiana Flavia Pennetta. Actualmente a súa parella é Carolina Cerezuela coa que iniciou unha relación a mediados de 2007. A parella ten unha filla, Carla, que naceu o 18 de agosto de 2010 na clínica USP Palmaplanas de Palma.
Ano | Campionato | Opoñente na final | Resultado en final |
1998 | Roland Garros | Álex Corretja | 6-3 7-5 6-3 |
Ano | Campionato | Opoñente na final | Resultado en final |
1997 | Open de Australia | Pete Sampras | 2-6 3-6 3-6 |
Lenda |
Grand Slam (1) |
Tennis Masters Cup (0) |
ATP Masters Series (3) |
ATP Tour (16) |
Nº | Data | Torneo | Superficie | Opoñente na final | Resultado |
---|---|---|---|---|---|
1. | 6 de novembro de 1995 | Bos Aires, Arxentina | Terra batida | Félix Mantilla (España) | 6-0 6-3 |
2. | 12 de agosto de 1996 | Umag, Croacia | Terra batida | Félix Mantilla (España) | 6-0 7-6(4) |
3. | 18 de agosto de 1997 | Long Island, Estados Unidos | Dura | Patrick Rafter (Australia) | 6-4 7-6(1) |
4. | 20 de abril de 1998 | Monte Carlo TMS, Mónaco | Terra batida | Cédric Pioline (Francia) | 6-3 6-0 7-5 |
5. | 25 de maio de 1998 | Roland Garros, París, Francia | Terra batida | Álex Corretja (España) | 6-3 7-5 6-3 |
6. | 10 de abril de 2000 | Estoril, Portugal | Terra batida | Francisco Clavet (España) | 6-3 6-2 |
7. | 16 de xullo de 2001 | Umag, Croacia | Terra batida | Jerome Golmard (Francia) | 6-4 3-6 7-6(2) |
8. | 25 de febreiro de 2002 | Acapulco, México | Terra batida | Fernando Meligeni (Brasil) | 7-6(4) 7-6(4) |
9. | 8 de xullo de 2002 | Bastad, Suecia | Terra batida | Younes O Aynaoui (Marrocos) | 6-3 2-6 7-5 |
10. | 15 de xullo de 2002 | Umag, Croacia | Terra batida | David Ferrer (España) | 6-2 6-3 |
11. | 5 de agosto de 2002 | Cincinnati TMS, Estados Unidos | Dura | Lleyton Hewitt (Australia) | 7-5, 7-6(5) |
12. | 17 de febreiro de 2003 | Bos Aires, Arxentina | Terra batida | Guillermo Coria (Arxentina) | 6-3 4-6 6-4 |
13. | 21 de abril de 2003 | Barcelona, España | Terra batida | Marat Safin (Rusia) | 5-7 6-2 6-2 3-0 |
14. | 21 de xullo de 2003 | Umag, Croacia | Terra batida | Filippo Volandri (Italia) | 6-4 3-6 7-5 |
15. | 5 de xaneiro de 2004 | Chennai, India | Dura | Paradorn Srichaphan (Tailandia) | 6-4 3-6 7-6(5) |
16. | 1 de marzo de 2004 | Acapulco, México | Terra batida | Fernando Verdasco (España) | 6-3 6-0 |
17. | 3 de maio de 2004 | Roma TMS, Italia | Terra batida | David Nalbandian (Arxentina) | 6-3 6-3 6-1 |
18. | 9 de xaneiro de 2005 | Chennai, India | Dura | Paradorn Srichaphan (Tailandia) | 3-6 6-4 7-6(5) |
19. | 13 de febreiro de 2006 | Bos Aires, Arxentina | Terra batida | Filippo Volandri (Italia) | 7-6(6) 6-4 |
20. | 29 de xullo de 2007 | Umag, Croacia | Terra batida | Andrei Pavel (Romanía) | 6-4 6-2 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.