Estoril
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Estoril é unha vila portuguesa, pertecente ao concello de Cascais. Cunha área de 8,79 km², en 2011 tiña 26.397 habitantes, cunha densidade de 3003,1 hab./km². Até 2013 foi unha freguesía de seu, pasando nese ano á União das Freguesias de Cascais e Estoril[1].
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Portugal | |||
Distritos | Distrito de Lisboa | |||
Concello | Cascais | |||
Freguesía | Cascais e Estoril (pt) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 26.399 (2011) (3.003,3 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 8,79 km² | |||
Sucedido por | Cascais e Estoril (pt) | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Está situado moi preto de Lisboa. Entre os seus puntos de interese está o Parque Natural de Sintra-Cascais, o maior casino de Europa, o Autódromo do Estoril e varios campos de golf.
Segundo algunhas fontes, o topónimo Estoril deriva etimoloxicamente do termo "estéril", ou deshabitado.
Comezou a acadar sona a comezos do século XX da man de Fausto Cardoso de Figueiredo, propietario da concesión de explotación de xogo, e do seu sócio, Augusto Carreira de Sousa. En 1913 comezou o proxecto para lanzar Estoril como centro turístico, que foi atrasado pola primeira guerra mundial. O 16 de xaneiro de 1916 colocouse a primeira pedra do casino de Estoril. Construíronse vivendas e infraestruturas en terreos anteriormente ocupados por piñeirais e terras agrícolas.
A partir de 1940 aumentou a súa popularidade grazas a unha nova estrada pegada ao mar. Durante a segunda guerra mundial e despois dela recibiu numerosos refuxiados e exiliados, como Xoán de Borbón, e os Reis Humberto II de Italia, Carlos II de Romanía e Simeón II de Bulgaria, o rexente Miklós Horthy do Reino de Hungría, amais de figuras do panorama deportivo e cultural. En 1956 o príncipe Xoán Carlos matou accidentalmente o seu irmán Afonso.
Na poboación de São João do Estoril tiña a súa residencia de vacacións o Presidente do Consello de Ministros António de Oliveira Salazar. Na súa época como tal, construíuse a Estrada Nacional n.º 6, máis coñecida como Avenida Marginal.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.