Remove ads
Bispo e santo cristián From Wikipedia, the free encyclopedia
San Capitón foi un bispo cristián do século IV, martirizado no Quersoneso e venerado pola Igrexa católica e pola Igrexa ortodoxa. Segundo a tradición local galega, foi tamén o primeiro bispo de Lugo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Lugo, España |
Morte | 65 |
Bispo de Lugo | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 7 de marzo (Igrexa católica, Igrexa ortodoxa) 4 de marzo |
Segundo a tradición local galega, Capitón sería un discípulo do apóstolo Santiago, elixido por este para ser primeiro bispo de Lugo.[1] A iconografía galega representa ao santo envolto en chamas, seica como martirizado queimado vivo.[2]
Segundo a tradición grega recollida por diversas fontes, Capitón sería un bispo do século IV enviado polo bispo de Xerusalén para evanxelizar os escitas da península de Crimea; os escitas querían unha proba da autenticidade da súa predicación, e lle pediron que entrase nun forno ardente, do que saíu indemne. Tempo despois, un 21 de decembro, sería afogado no río Dniéper por un grupo de pagáns:[3]
Os pagáns pedíronlle un milagre, prometendo aceptar a fe cristiá se o bispo Capitón pasaba a proba [...] O bispo Capitón, con vestimentas sagradas, entrou no forno ardente e permaneceu nel o dobre do tempo acordado. Cando saíu, todos os xentís e os seus fillos foron bautizados [...] Por varios anos san Capitón serviu no Quersoneso. Entón tomou un barco cara a Constantinopla, pero sufriu unha importante tormenta. Levado polo vento, o barco encallou na desembocadura do Dniéper. Bárbaros locais atacaron a embarcación e mataron todos os pasaxeiros, incluíndo san Capitón. Isto sucedeu o 21 de decembro, pero a Igrexa lembra este evento na memoria dos outros santos mártires do Quersoneso (7 de marzo).
Os martiroloxios recollen un bispo mártir chamado «Capitón», mais localizan o seu martirio no Quersoneso. A obra España sagrada de Henrique Flórez rexeita que o santo bispo mártir Capitón fose en realidade bispo de Lugo.[4] Esta é tamén a postura de Vicente Risco,[1] de Ramón Otero Pedrayo,[5] de Amador López Valcárcel,[6] de Vicente de la Fuente,[7] e de Antolín López Peláez:[8]
En ningún Breviario español anterior ao século XVII nin en Martiroloxio algún grego ou romano se expresa que houbera un Bispo de Lugo chamado Capitón [...] Mais é o caso que de San Capitón como Bispo de Lugo non só non fala ningún escritor do primeiro século nin dos dezaseis seguintes até a aparición dos falsos cronicóns [...]
Da tradición grega que sostén a presenza dun bispo chamado «Capitón» existen, porén, restos arqueolóxicos que proban unha veneración xa antiga no Quersoneso da figura deste bispo:[9]
[...] Segundo as Vidas dos bispos do Quersoneso, [Capitón] foi guindado a un forno de cal polos nativos, coa intención de probar a forza da súa relixión. Logo de que o santo se salvase milagrosamente, puido proceder á conversión e ao bautismo dos quersoneses. De feito, baixo unha gran construción en forma de tetraconchos con portas en todas as ábsidas e con restos de mosaicos atopouse un forno para queimar o cal. O achado do tetraconchos (na parte meridional da cidade) tivo lugar a comezos do século XX e a súa documentación arqueolóxica permite —especialmente grazas á tipoloxía da cerámica— datar con precisión o tetraconchos a finais do século VI ou a comezos do VII.
A última edición do Martiroloxio Romano daba como data para a festa do bispo mártir Capitón o 7 de marzo, estabelecendo para a Igrexa latina a mesma data que a das igrexas católicas orientais:
Na rexión do Quersoneso, en Grecia, santos bispos Basilio, Uxío, Agatodoro, Elpidio, Eterio, Capitón, e Efrén, mártires.[10]
Os santos mártires e bispos do Quersoneso: Basilio, Uxío, Agatodoro, Elpidio, Eterio, Capitón, e Efrén, quen predicaron en Crimea e deron as súas vidas pola fe (século IV).[11]
Esta data do 7 de marzo é común coa data na que a Igrexa ortodoxa celebra estes santos.[12][13][14] No calendario particular da diocese de Lugo a súa festa, memoria libre, é no 4 de marzo;[15] deste xeito continúase a tradición dos martiroloxios anteriores, que daban a súa festa no 4 de marzo:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.