From Wikipedia, the free encyclopedia
A batalla de Fornelos foi unha batalla librada o 29 de marzo de 968,[1] probablemente preto do río Louro, entre os viquingos noruegueses de Gunrod (ou Gunderedo), que proviñan das súas bases no Loira,[2] e as tropas reunidas polo bispo de Iria Flavia, Sisnando Méndez.
Batalla de Fornelos | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
Belixerantes | |||||||||
Reino de Galicia |
Viquingos noruegueses | ||||||||
Líderes | |||||||||
Sisnando II de Iria † | Gunrod |
Os viquingos asaltaban as costas galegas dende había décadas, pois xa realizaran campañas no 844 e no 859[3] e, de novo, na terceira vaga de invasións no 968 desembarcaron nas Rías Baixas, segundo o Cronicón Iriense,[4] con 100 drakkars para saquear Galicia na súa totalidade, liderados polo caudillo noruegués Gunrod.[5] Entraron até o fondo da ría de Arousa e desembarcaron na Bacariza e dende alí marcharon cara Iria Flavia.[6]
O bispo de Iria Flavia, Sisnando II, organizou un exército para enfrontalos preto do Louro, en Fornelos,[6] onde logrou cercalos, pero non puido facer nada fronte aos invasores unha vez iniciado o enfrontamento. O bispo morreu[7] dun frechazo[8] e os viquingos seguiron coas súas incursións até o ano 970.
Os viquingos pretendían establecer un reino coma o de Normandía e fóronse esparexendo por toda Galicia, permanecendo durante un ano[9] até que foron derrotados por Rosendo de Celanova e expulsados definitivamente de Galicia, contra o 970, por Sancho III cando ía en peregrinación a Santiago de Compostela.
O lugar no que ocorreu a batalla non está claro. Enrique Chao Espina situouna nas proximidades do río Louro,[8] algunhas fontes sitúana no lugar de Fornelos, na parroquia de Rarís, en Teo.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.