From Wikipedia, the free encyclopedia
As augas anóxicas son zonas de auga mariña, doce ou subterránea nas que se esgotou o osíxeno disolto e presentan condicións de forte apoxia. O US Geological Survey define as augas anóxicas (anoxic waters) como aquelas nas que a concentración de osíxeno disolto é inferior a 5 miligramos por litro.[1] Esta condición atópase xeralmente en áreas onde o intercambio de auga foi restrinxido.
Na maioría dos casos existe unha barreira física que impide que o osíxeno chegue aos niveis máis profundos[2] así como unha pronunciada densidade de estratificación, na que, por exemplo, as augas hipersalinas máis pesadas permanecen no fondo dunha conca. As condicións anóxicas poden darse se a taxa de oxidación da materia orgánica por parte das bacterias é maior que a subministración de osíxeno disolto.
As augas anóxicas son un fenómeno natural,[3] e ocorreron ao longo da historia xeolóxica. De feito, algúns propoñen que o evento de extinción nos océanos durante o Pérmico - Triásico foi o resultado da extensión das condicións anóxicas. Actualmente existen condicións anóxicas no mar Báltico e noutros lugares do mundo.[4] Parece que a eutrofización estendeuse recentemente a augas anóxicas[5] e no Hood Canal do estado de Washington.[6]
No mar Báltico, a baixa taxa de descomposición en condicións anóxicas conservou os fósiles mantendo as impresións das partes brandas do corpo (Lagerstätte).
A eutrofización dos nutrientes na agricultura ou das augas residuais provocou un crecemento incontrolado de algas que cando morren se depositan no fondo e esgotan o osíxeno provocando augas anóxicas.
A temperatura dun corpo de auga afecta directamente a cantidade de osíxeno disolto que pode conter. Seguindo a Lei de Henry, canto máis quente sexa a auga, menos solúbel será o osíxeno. Esta propiedade leva a ciclos diarios de anoxia e ciclos estacionais. Polo tanto, as augas serán máis propensas á anoxia durante o verán.
Os ciclos diarios tamén están influenciados pola taxa de fotosíntese.[7]
Algúns organismos son capaces de bombear osíxeno desde os niveis superiores cara aos sedimentos, outros teñen hemoglobinas específicas, movementos máis lentos e, polo tanto, unha redución da taxa de metabolismo e relacións simbióticas coas bacterias anaerobias. En todos os casos, os niveis tóxicos de H₂S dan lugar a baixos niveis de actividade biolóxica e baixos niveis de biodiversidade. [8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.