From Wikipedia, the free encyclopedia
Un asasino en serie é polo xeral unha persoa que asasina tres ou máis persoas,[1] frecuentemente ó servizo dunha gratificación psicolóxica anormal e producíndose os asasinatos durante máis dun mes cun descanso importante (un "período de arrefriamento") entre eles.[1] Diferentes autoridades aplican diferentes criterios na definición dos asasinos en serie;[2] mentres que moitos estabelecen un limiar de tres asasinatos,[1] outros esténdeno a catro e outros redúceno a dous.[2] O Federal Bureau of Investigation (FBI), por exemplo, define un asasinato en serie como "unha serie de dous ou máis asasinatos, cometidos en eventos separados, normalmente pero non sempre, por un delincuente actuando só".[3][4]
Malia que a gratificación psicolóxica adoita ser o motivo para os asasinatos en serie, e a maioría dos asasinos en serie teñen contactos sexuais coas súas vítimas,[5] o FBI estabelece que os motivos dos asasinatos en serie poden incluír a rabia, a busca de emoción, a ganancia financeira e a chamada de atención.[4] Os asasinatos poden ser tentados ou completados de xeito similar, e as vítimas poden ter trazos en común: idade, aparencia, xénero ou raza, por exemplo.[6]
O asasinato en serie non é o mesmo que o asasinato masivo (que consiste en matar numerosas persoas nun mesmo incidente); tampouco é asasinato itinerante (na que se cometen asasinatos en dous ou máis lugares, nun curto espazo de tempo). Porén, os casos de asasinatos itinarantes prolongados de xeito secuencial durante períodos de semanas ou meses sen aparente "período de arrefriamento" ou "regreso á normalidade" fixeron que algúns expertos suxerisen unha categoría híbrida de "asasino en serie itinerante".[7]
A acuñación do termo serial killer (asasino en serie) atribúese comunmente ó axente especial do FBI Robert Ressler nos anos 1970,[8] pero xa fora descrito moitos anos antes. Tense constancia de que o inspector policial alemán Erns Gennat xa utilizaba este concepto en 1930. [9] A expresión extendeuse ó linguaxe popular en gran parte debido á mediatización dos crimes de Ted Bundy e David Berkowitz ("O fillo de Sam"), a mediados da década de 1970.
O uso do termo permite ós criminalistas e criminólogos distinguir a aqueles delincuentes que matan a varias persoas nun longo período daqueles que asasinan a moita xente nun único evento (asasinos en masa). Un terceiro tipo de asasino múltiple é o asasino lóstrego.
Seguidamente, unhas breves definicións destes tres tipos:
Todos estes tipos de crimes mencionados son usualmente consumados por unha soa persoa. Pero houbo exemplos nas tres categorías nos que dous ou máis perpetradores actuaron en conxunto, como Os estranguladores do outeiro e Henry Le Lucas e Ottis Toole. O escritor Michael Newton afirma que isto sucede en aproximadamente un terzo dos casos. Existen outros tipos de asasinatos múltiples tamén, aínda que a miúdo están relacionados con grandes organizacións: os xenocidio e os ataques terroristas. Os asasinos múltiples foron na súa maioría homes. As mulleres representan unha minoría nas estatísticas de asasinos en serie. Os asasinos en serie están especificamente motivados por unha multiplicidade de impulsos psicolóxicos, sobre todo por ansias de poder e compulsión sexual. Con frecuencia teñen sentimentos de inadaptabilidade e inutilidade, algunhas veces debido a humillación e abusos na infancia e/ou pola pobreza vivida; tamén se debe ter en conta un baixo status socioeconómico en idade adulta, compensando nos seus crimes isto e outorgándolles unha sensación de potencia e frecuentemente vinganza, durante e despois de cometer os delitos. O coñecemento das súas accións aterroriza a comunidades enteiras e con frecuencia confunden á policía, o que incentiva a súa sensación de poder. Este aspecto motivacional os desliga dos asasinos a soldo e outros asasinos múltiples, quen están motivados polo lucro. Por exemplo, en Escocia durante a década de 1820, William Burke e William Hare asasinaron persoas no que se coñeceu como o "Caso do ladrón de cadáveres". Eles non figuran como asasinos en serie na maioría das definicións de criminólogos, porque os seus motivos foron principalmente económicos.
Os asasinos en serie frecuentemente teñen impulsos extremadamente sádicos. Estes anulan a capacidade de sentir empatía polo sufrimento doutros, desta maneira, son frecuentemente chamados psicópatas ou sociópatas, termos que foron renombrados por psicólogos como trastorno de personalidade antisocial. Algúns asasinos en serie fan uso da luxuria e a tortura, para obter pracer sexual por mutilación da vítima e tamén de matala lentamente por un prolongado lapso de tempo.
A maioría dos asasinos en serie teñen antecedentes enfermizos. Sábese que, frecuentemente, foron vítimas de abusos durante a súa infancia, xa sexa física, sexual ou psicoloxicamente,e que existe unha correlación entre os abusos da súa infancia e os crimes que cometen.
O elemento de fantasía no desenvolvemento dos asasinos en serie é extremadamente importante. A miúdo fantasean acerca de asasinar durante e aínda despois da adolescencia. Soñan espertos de maneira compulsiva sobre dominación, sometemento e asasinato, usualmente con elementos moi específicos das súas fantasías que despois aparecen nos seus crimes reais. Outros gozan lendo historias de sadismo, cheas de violación, tortura e homicidio. Pero nalgúns casos, estes trazos non están presentes.
Algúns asasinos en serie, presentan un ou máis signos de alerta na súa nenez do que se coñece como o "Conxunto McDonald" ou " Triada psicopática". Estes son:
Cabería facer unha aclaración: esta triada, desenvolta en 1963, foi recentemente cuestionada por outros investigadores. Moitos expertos afirmaron que, unha vez que o asasino en serie comeza cos seus actos delituosos, non pode parar (ou só en contadas veces). Algúns sosteñen a opinión de que aqueles que non son capaces de controlar os seus impulsos homicidas son máis fáciles de atrapar.
O FBI, sen demasiada precisión, categorizou ós asasinos en serie dentro de dous tipos diferentes: organizados e desorganizados:
Un número significativo de asasinos en serie mostran simultaneamente certos aspectos dos dous tipos mencionados, aínda que as características dun tipo sempre dominan. O comportamento dalgúns asasinos declina de ser organizado á desorganizado, segundo os seus homicidios continúan. Complementan coidadosa e metodicamente os asasinatos ao principio, pero conforme a súa compulsión sáese de control, deixan de dominarse, volvéndose descoidados e impulsivos. Algúns asasinos sofren de personalidade múltiple (Trastorno de identidade disociativo) o que os leva a cometer asasinatos tanto organizados como desorganizados. Aínda que varios psicólogos citaron á personalidade múltiple como unha das maiores causas de asasinatos, está comprobado que só a minoría dos asasinos en serie sofren este trauma.
Os patróns organizado e desorganizado están relacionados cos métodos dos asasinos. En consideración ós motivos, poden ser situados dentro de cinco categorías diferentes:
Contrariamente á opinión popular, rara vez os asasinos en serie son esquizofrénicos ou están motivados por alucinacións e/ou voces nas súas cabezas. Moitos pretenden ser exculpados pola razón da tolemia, como no caso do Fillo de Sam. Con todo, existen uns cuantos casos xenuínos de asasinos en serie, que foron tratados segundo tal concepción.
Herbert Mullin masacrou a 13 persoas despois de escoitar unhas voces que lle dixeron que os asasinatos eran necesarios para evitar que houbese un terremoto en California.
Ed Gein alegou que ó comer os cadáveres de mulleres que se asemellaban á súa nai defunta podía preservar a alma da súa nai no seu propio corpo. Matou dúas mulleres que lle lembraban á súa nai, coméndose a unha e sendo arrestado mentres se atopaba en proceso de preparar o segundo corpo para consumilo. Tamén usou a carne de cadáveres exhumados para dar forma a un "traxe de muller", e desta maneira poder "converterse" na súa nai, á vez que non deixaba de falar consigo mesmo cunha voz en falsete. Despois do seu arresto foi ingresado nunha institución mental polo resto da súa vida.
Os chamados asasinos apostólicos cren que os seus actos están xustificados, pois desfanse de certo tipo de persoas que eles consideran indesexables (prostitutas ou membros de certo grupo étnico), facéndolle un favor á sociedade. Robert Pickton, Gary Ridgway, Mark David Chapman, John Bodkin Adams e Aileen Wuornos son a miúdo descritos como asasinos apostólicos. Curiosamente, no caso de Wuornos, as vítimas non eran prostitutas, senón os clientes destas. Os asasinos apostólicos difiren doutros tipos de asasinos en serie en que as súas motivacións non son sexuais.
Este tipo asasina polo simple pracer de facelo, aínda que as características das que eles gozan poden diferir. Algúns poden deleitarse coa "procura" de perseguir e atopar unha vítima máis, mentres outros poden estar principalmente motivados polos actos de tortura e abuso da vítima mentres siga viva. Usualmente existe un forte trazo sexual nos crimes, aínda que non sexa inmediatamente obvio. Algúns asasinos obteñen unha onda de excitación que non é necesariamente sexual, como David Berkowitz, quen conseguía certa emoción ao disparar a parellas novas, cando estas atopábanse no seu auto, procura que facía ó azar, e despois escapaba sen sequera tocar fisicamente ás vítimas.
Entre a categoría de Hedonista existe tres tipos de asasino.
A maioría dos criminais que cometen asasinatos múltiples por fins materiais (tales como os asasinos a soldo), non son clasificados como asasinos en serie, porque están motivados polo afán de lucro ou algún tipo de ganancia económica, en lugar de estalo por unha compulsión psicopatolóxica. Aínda así, existe unha delgada liña que separa a ámbolos tipos de asasinos. Por exemplo, Marcel Petiot, quen operaba na Francia ocupada polos nazis, podería clasificarse como asasino en serie: facíase pasar como un membro da resistencia francesa e atraía con enganos a opulentos xudeus á súa casa, facéndolles crer que el podía facelos saír clandestinamente do país. En lugar diso, asasinábaos e roubaba as súas pertenzas, matando a 63 persoas antes de que fose finalmente atrapado. Aínda que a principal motivación de Petiot era material, poucos poden negar que un home desexoso de matar a tanta xente, simplemente por adquirir unhas poucas ducias de maletas con roupas e xoiería, foi un asasino compulsivo e un psicópata.
Este é o asasino en serie máis común. O seu principal obxectivo á hora de matar é obter e exercer poder sobre a súa vítima. Tales asasinos algunhas veces foron maltratados de nenos, séntense incriblemente impotentes e a miúdo satisfanse en prácticas que están vinculadas ás formas de abuso que sufriron eles mesmos. Moitos asasinos deste tipo abusan sexualmente das súas vítimas, pero difiren dos asasinos hedonistas en que a violación non é motivada por luxuria, senón por outra forma de dominación.
Algúns asasinos en serie poida que teñan características de máis dun dos tipos mencionados. Por exemplo, o asasino británico Peter Sutcliffe parece ser un asasino esquizofrénico e á vez misioneiro, tendo en conta que afirmou que escoitaba voces que lle ordenaban que limpase as rúas de prostitutas. Alternativamente, outra escola de pensadores clasifica os motivos por: necesidade, afán de lucro ou poder.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.