faraón da dinastía XVIII de Exipto entre -1390 e -1353 From Wikipedia, the free encyclopedia
Nebmaatra Amenhotep[1], Amenhotep III[2] ou Amenofis III[3] foi un importante faraón da dinastía XVIII de Exipto que gobernou de c. 1390 a 1353 a.C.[4]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1400 a. C. Exipto |
Morte | c. 1351 a. C. (48/49 anos) Malkata, Exipto |
Lugar de sepultura | Val dos Reis |
Faraón | |
← Tutmosis IV – Akhenatón → | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Antigo Exipto |
Ocupación | monarca, arquitecto |
Período de tempo | Imperio Novo de Exipto e Dinastía XVIII de Exipto |
Período de actividade | (Con vida en: século XIV a. C. ) |
Outro | |
Título | Faraón |
Familia | Dinastía XVIII de Exipto |
Cónxuxe | Tiy Iset Tadukhipa Gilukhipa Sitamón Q110256318 |
Fillos | Henuttaneb () Tiy Nebetah () Tiy Iset () Tiy A dama nova () Tiy Sitamón () Tiy Akhenatón () Tiy Beketaten () Tiy Kiya Thutmose () Tiy Semenkhkare () Tiy |
Pais | Tutmosis IV e Mutemuia |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Tamén é coñecido como Imenhotep III, Amenophis III, Memnon e outros nomes helenizados[5]. A transcrición dos xeroglíficos dos seus títulos é Neb-Maat-Ra Amen-Hotep, o seu nome de Trono e o de nacemento.
Amenofis III sucedeu ao seu pai, Thutmose IV. Xunto coa raíña Tiy tivo ao seu fillo, Akhenatón, que lle sucedeu no trono. Parece ser que Amenofis foi coroado sendo aínda un neno, probablemente a unha idade entre os seis e os doce anos. Foi debidamente rexido na súa infancia pola súa nai, a raíña Mutemuia, e por un consello de rexencia.
O reinado de Amenofis III pode cualificarse como o máis próspero de toda a historia de Exipto, pois foi inmediatamente logo das gloriosas campañas asiáticas de Thutmose III e de Amenofis II e xusto antes da crise de Amarna, que tivo como protagonista ao seu fillo Amenofis IV, o futuro Akhenatón.
Amenofis morreu o ano 39º do seu reinado e foi enterrado na tumba KV22 do Val dos Reis. A súa momia atopouse en pésimo estado de conservación preto da tumba do seu avó Amenofis II, xa que os sacerdotes da dinastía XX a trasladaron alí para protexela de saqueos e actos de vandalismo. Xunto a el había outros grandes reis e ata suponse que a momia de Tiy.
Sempre se falou da posibilidade dunha correxencia entre Amenofis III e Amenofis IV, e déronse prazos duns dous, nove ou ata doce anos, se é que tal situación chegou a existir. Grazas ás cartas de Amarna, en especial a unha recibida por Suppiluliuma, o rei hitita, que felicita cortesmente a Akhenatón pola súa subida ao trono, parece ser que a correxencia entre pai e fillo tivo que ser de dous anos como máximo.
A estabilidade lograda polas conquistas dos seus predecesores trouxo unha época de prosperidade, debido aos tributos pagados polos pobos vencidos. Exipto era, indiscutiblemente, a gran potencia da zona. A paz favorecía o comercio, fonte adicional de riqueza.
Apoiouse en dous conselleiros: o visir do Alto Exipto, Ramose e o arquitecto Amenofis, fillo de Hapu, coa poderosa influencia da primeira Grande Esposa Real, Tiy. O problema interno creábano os sacerdotes de Amón, que debido ás doazóns de Tutmosis III volvéronse tan poderosos que ameazaban ao propio faraón. Tutmosis IV intentara frear ao clero potenciando o culto ao disco solar, Atón, que figura na súa tumba. Amenofis III continuou con esta fuxida diplomática, afastouse de Tebas construíndo un palacio en Malkata, na ribeira occidental, e outro en O-Fayum. Mortos os seus conselleiros e ao subir como correxente o seu fillo, este empezou a verdadeira guerra política contra os amonianos, apoiado pola raíña Tiy.
Da infinidade de mulleres que tivo o faraón, só tres ascenderon ao rango de esposa real: a súa posible curmá Tiy, unha muller con grande enerxía e unha auténtica gobernante na sombra; a princesa real Giluhepa de Mitanni, que foi o símbolo da alianza entre ambos os países; e a primoxénita de Amenofis III e Tiy, a dama Sitamón, coa que cometeu incesto nos últimos anos de reinado. Este caso é puntual, pero non é o único na historia de Exipto. O vello faraón casaría con outras dúas fillas súas, ás que non ascendeu ao rango de grande esposa real. Outra esposa ben coñecida, e que tampouco foi grande esposa real, sería outra princesa mitannia, Taduhepa, sobriña de Giluhepa e identificada por algúns como a propia Nefertiti.
O período do seu reinado coincidiu cunha época de paz, prosperidade e esplendor artístico. Realizou numerosas construcións no templo de Amón en Karnak, incluíndo polo menos un pilono, unha columnata a continuación da nova entrada e un templo dedicado á deusa Maat. Tamén supervisou a construción dun novo templo en Tebas, unha monumental e belísima edificación que aínda pode admirarse. Crese que no undécimo ano do seu reinado empezou un xigantesco palacio no lugar coñecido hoxe en día como Malkata, na ribeira occidental, como agasallo á súa esposa Tiy.
O seu templo funerario, situado na beira occidental do río Nilo, foi no seu tempo o maior complexo relixioso de Tebas. Desgraciadamente construíuno nunha zona que sofre continuas inundacións; por iso, douscentos anos máis tarde, o templo xa estaba en ruínas. Os Colosos de Memnón, dúas estatuas de 18 metros de altura, que estaban situadas á entrada do complexo, son o único resto que aínda segue en pé daquel fabuloso complexo.
Non só se contentou con adornar Tebas, senón que fixo ampliacións noutras cidades sacras como Menfis e Heliópole. Chegou a construír templos en Nubia, como o de Soleb, cousa ata entón inaudita e que despois repetiría en varias ocasións Ramsés II, o único rei que superaría a Amenofis III en actividade construtora. A grande actividade construtora do seu reinado foi tamén grazas ao incesante labor do home forte do seu reinado, Amenofis, fillo de Hapu, un ancián devoto de Amón que foi a gran presenza ata aproximadamente o ano 30º. Foi tal valía a deste home que chegou a ser recompensado cun pequeno templo funerario próximo ao de Amenofis III, un privilexio só digno dos reis.
(Kanajt jaemmaat)
Touro potente, de quen xorde a Xustiza (Maat)
|
(Semenhepu segerhtauy)
Quen sustenta a lei e dá tranquilidade ás Dúas Terras (Exipto)
|
(Aajepeshjusedyu)
Quen vence aos asiáticos co seu gran poder
(Nebmaatra)
Ra, Señor da Xustiza (Maat)
(Amenhotep heqauaset)
Amón está satisfeito, Gobernante de Uaset (Tebas)
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.