Tiy

From Wikipedia, the free encyclopedia

Tiy
Remove ads

Tiy, nada c. 1400 a.C. e finada c. 1340 a.C. [1] foi unha raíña exipcia, esposa de Amenhotep III, da dinastía XVIII, e unha das mulleres máis carismáticas da historia exipcia.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Thumb
Tiy xunto a Amenhotep III. Fragmento. Museo do Louvre
Remove ads

Orixe

Ao contrario que todas as súas predecesoras, as Grandes Esposas Reais, Tiy non era de liñaxe real, o seu pai, Yuya, procedente de Akhmin era un oficial de alto rango na corte real, obstentando entre outros títulos o de xefe de carros de guerra do faraón, e podería ser de orixe estranxeira[2], mentres que a súa nai, Tuya, era unha alta sacerdotisa do palacio.

Reinado

Thumb
Baixorrelevo de Tiy. Mº Berlín

Tiy casou con Amenhotep III logo de este acceder ao trono, aínda os dous nenos. Tiy gozou dun papel prominente, foi a primeira[3] raíña consorte exipcia en aparecer regularmente á beira do faraón en estatuas, relevos, estelas, vasillas, ourivaría en todos os monumentos construídos polo seu marido, e o seu nome foi o primeiro dunha raíña en quedar rexistrado en actos oficiais[4]. Do seu matrimonio naceron cando menos seis fillos, entre eles Akhenatón; dúas das súas fillas, Sitamón e Isis levaron o título de Grande Esposa Real na última década do reinado de Amenhopted, o que aumentaba o status da propia Tiy[5] e outras dúas fillas tiñan tamén o título de esposas real[6]. Sobreviviu ao seu home doce anos e seguiu a manter un papel importante durante a primeira parte do reinado do seu fillo Akhenatón[7]

Thumb
Vasija cos nomes de Amenhotep III e Tiy
Remove ads

Tumba

É posible que Tiy recibira sepultura orixinalmente na tumba real de Akhenatón en Amarna, xa que se atoparon os restos dun sarcófago seu nesa tumba; non obstante a súa cámara funeraria atopouse en KV55 e aínda ushabtis (figuras funarias) seus na tumba WV22 de Amenhotep III.[8]

Finalmente en 1898 os seus restos momificados atopounos Victor Loret xunto a outras dúas momias nunha cámara no lado oposto da de Amenhotep II na tumba KV35. As outras momias eran un rapaz de aproximadamente dez anos, e unha muller nova. Os tres estaban xuntos, nunha pequena antecámara da tumba, danados pola acción de antigos ladróns de tumbas[9] Os investigadores non foron quen de identificar os restos, e á máis vella recibiu o nome de “A vella dama” e non foi ata o ano 2010 cando unha análise de ADN confirmou que correspondía coa raíña Tiy.[10]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads