KV55
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A tumba KV55 do Val dos Reis foi descuberta por Edward R. Ayrton o 6 de xaneiro de 1907; O patrocinador de Ayrton, Theodore M. Davis, publicou unha resumo da escavación (The Tomb of Queen Tîyi) en 1910. KV55 é un sitio arqueolóxico da dinastía XVIII problemático: parece ser utilizado para varios enterros, pero atribúese o primeiro á raíña Tiy, basándose na capela de madeira rota dedicada a ela (Tiy foi traída aquí tras o abandono de Amarna, e finalmente levada a KV35). A momia atopada aquí pode ser a do seu fillo, o faraón Akhenaton, ou posiblemente a do seu sucesor, Semenkhkare. En 1923, Harry Burton utilizouna como cuarto escuro para traballar coas súas fotografías durante a escavación da tumba de Tutankhamon por Howard Carter.
Tipo | xacemento arqueolóxico | |||
---|---|---|---|---|
Descubridor ou inventor | Edward Russell Ayrton (pt) | |||
Localización | ||||
División administrativa | Luxor, Exipto | |||
Localización | Val dos Reis | |||
| ||||
Historia | ||||
Ocupante | Amarna | |||
Data de descuberta ou invención | 1907 | |||
KV55 é unha tumba real relativamente pequena, a súa lonxitude total é soamente de 27,61 metros. [1] Está situada xunto á KV6, a tumba de Ramsés IX, encima da KV7 (de Ramsés II) e preto da KV62, a tumba de Tutankhamón.
A súa entrada está aberta na roca, en dirección leste. Conduce a un sistema de escaleiras que levan a un corredor lixeiramente inclinado e á cámara fúnebre. No lado do sur desta cámara hai paso a unha antecámara pequena, e marcas vermellas de albanelería na parede este indican a planificación doutra sala, que de terse construído igualaría a disposición da tumba de Tutankhamón.[2] Aínda que as paredes da tumba están tendidas de ieso, algo anormal para unha tumba real, non están decoradas. Un ostracón atopado por Lyla Pinch Brock en 1993 foi interpretado como o plano da tumba, suxerindo que a súa entrada orixinal fora ampliada, algo corroborado polas marcas atopadas nas paredes da tumba.[1]
O lugar foi alterado na antigüidade, e polo tanto é difícil de interpretar: aínda que puido ser profanado para infamar a memoria de Akhenaton, tamén foi trastornado durante a construción da KV6 en tempos da dinastía XX.
A evidencia da tumba complica a súa atribución. Os selos da porta levaban o nome de Tutankhamon, evidentemente a partir da época en que o seu inquilino foi enterrado por segunda vez; os vasos canopos atopados na tumba son parecidos aos da esposa secundaria de Akhenaton, Kiya; a capela rota, cuxos paneis están repartidos pola cámara, levan o nome e as representacións da nai de Akhenaton, a raíña Tiy; o nome de Akhenaton aparece nunha serie de "tixolos máxicos" atopados na tumba, así como o do seu pai, Amenhotep III e a filla e esposa deste, Sitamón.[2] Todos estes datos recordan ás figuras principais do período de Amarna, de aí o nome popular da tumba: o agocho de Amarna.
Pénsase que a tumba foi inicialmente deseñada para o enterro dalgún nobre ou funcionario usándoa despois para sepultura real, como ocorreu posteriormente coa tumba de Tutankhamon.[2]
Cando a tumba foi aberta en 1907 a única momia atopada no seu interior era a dun home. Pénsase que esta momia é Akhenaton debido á presenza dalgúns artigos funerarios (principalmente, ladrillos máxicos) así como polo vandalismo sufrido polo sarcófago (Akhenaton foi vilipendiado máis adiante como herexe). Os cartuchos co nome da momia están borrados e o uraeus retirado. Ademais, a momia presenta varias semellanzas coa de Tutankhamon: beizo leporino, cranio dolicocéfalo, e escolioses.[3]
Esta identificación non é totalmente aceptada; recentes estudos indican que esta persoa morreu aproximadamente aos vinte anos, demasiado novo para ser Akhenaton.[4] Por iso hai quen suxire que a momia poida ser Semenkhkare. Outras análises baseadas na súa dentición dan como resultado que a idade da momia é de trinta anos ou máis, o que sería consecuente coa súa identificación con Akhenaton. En calquera caso, a KV55 non contén ningunha mención de Semenejkara, así que identificar á momia con el é puramente especulativo.
Nicholas Reeves suxire unha teoría: Akhenaton e a súa nai, a raíña Tiy, foron orixinalmente inhumados na nova capital, Amarna, pero os seus corpos foron trasladados á KV55 durante o reinado de Tutankhamon, fillo de Ajenatón e da súa esposa secundaria, Kiya. A porta foi selada co nome de Tutankhamon. Alí as momias permaneceron preto de 200 anos, ata que a tumba foi descuberta polos traballadores que escavaban cerca a tumba de Ramsés IX. Nesa época Akhenaton era desprezado como o rei herexe, así que o sarcófago da raíña Tiy foi sacado de forma precipitada da súa presenza profanadora, fóra da capela de madeira dourada que o rodeaba e que houbo de ser desmontada para retirar o sarcófago. Os retratos de Akhenaton foron borrados con cicel, no seu sarcófago a máscara dourada foi rasgada e o cartucho co seu nome eliminado, para condenar ao esquecemento eterno ao seu inquilino. Como insulto final, unha gran roca grande foi guindada contra o cadaleito, pedra que esnaquizou os sopoortes con forma de león do sarcófago.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.