A sabella (Alosa fallax)[1] é un peixe da familia dos clupeidos moi semellante á zamborca, polo que tamén se coñece con este nome.[2][3]

Máis información SabellaAlosa fallax, Clasificación científica ...
Sabella
Alosa fallax

Alosa fallax
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Paracanthopterygii
Orde: Clupeiformes
Suborde: Clupeoidei
Familia: Clupeidae
Subfamilia: Alosinae
Xénero: Alosa
Especie: A. fallax
Nome binomial
Alosa fallax
(Lacépède, 1800)
Pechar
Detalle da cabeza.

Características

De corpo alongado, fusiforme, comprimido lateralmente, de até algo máis de 60 cm de lonxitude nas femias (os machos son máis pequenos) e 1,5 kg de peso e alonga, ten a aleta dorsal no medio do lombo, algo máis cerca da cabeza que do pedúnculo caudal. Ten de 60 a 65 escamas sobre a liña lateral.[3][4]

A coloración é azul verdosa no dorso e prateada nos flancos e na rexión ventral. Presenta unha ou dúas manchas negras detrás do opérculo e de 6 a 10 pintas, tamén negras, a cada lado o corpo.[3][4]

Hábitat e bioloxía

A sabella distribúese polas costas do Atlántico nororiental, desde o sur de Islandia e o golfo de Botnia até o extremo norte do noroeste africano, e por todo o Mediterráneo, até o oeste e o sur do mar Negro, formando cardumes.[4][5]

É unha especie anádroma, que penetra nos esteiros salobres e sobe polo grandes ríos na primavera para a reprodución. Esta realízase en fondos de area ou grava, e a femia pon uns 200 000 ovos, peláxicos, que van á deriva e se desenvolven rapidamente, nun período de 2 a 8 días. Despois da desova, os adultos regresan ao mar.[4]

As crías permanecen nos ríos e esteiros até que alcanzan os 5 ou 6 cm de lonxitude. Acadan a madurez sexual aos 3 ou 4 anos, cando miden de 30 a 40 cm.[4]

Aliméntase de zooplancto de larvas der peixes.[3][4]

En Galicia

A presenza sa sabella en Galicia foi rexistrada por de Buen en 1935, en fondos da plataforma continental menores de 200 m, desde a desembocadura do Miño até Fisterra.[6]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.