From Wikipedia, the free encyclopedia
Os alimentos transxénicos, tamén chamados alimentos sometidos a enxeñaría xenética, son aqueles que conteñen organismos modificados xeneticamente mediante técnicas de enxeñaría xenética. Dito doutro xeito, é un alimento elaborado a partir de organismos ós que lles incorporaron xenes doutro, para lograr nel a característica desexada. Proveñen na súa maior parte de plantas transxénicas, como o millo e a soia.
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2010.) |
Os alimentos transxénicos non sempre conteñen as proteínas codificadas polos xenes transferidos, porque moitas delas exprésanse en partes das plantas distintas dos órganos dos que se extrae rendemento.
A enxeñaría xenética é a ciencia que manipula as secuencias do ADN. A mellora das especies que serán usadas como alimento foron un motivo común na historia: xa no 1909 tivo lugar a primeira fusión de protoplastos, e no 1927 obtivéronse mutantes de maior produtividade mediante irradiación con raios X nas sementes. Finalmente, no 1983 produciuse a primeira planta transxénica e no 1994 aprobouse a comercialización do primeiro alimento modificado xeneticamente. No ano 2007 os cultivos de transxénicos estendíanse en 114,3 millóns de hectáreas de 23 países, dos cales 12 eran países en vías de desenvolvemento. No 2006 nos Estados Unidos o 89% das plantacións de soia eran de variedades transxénicas, así como o 83% do algodón e o 61% do millo.
O primeiro alimento modificado pola enxeñaría en ser producido para o consumo masivo foi o tomate Flarv Svr. Os alimentos que posteriormente se modificaron foron a soia transxénica, cuxa constitución se modificou para facela máis resistente a herbicidas, e o millo, que se modificou para resistir determinados insectos e xerar maiores rendementos.
O uso dos OMX aprobouse dunha maneira moi criticada por gran parte da comunidade científica. Seguiuse o criterio da equivalencia substancial, é dicir, a comparación dun organismo non modificado xeneticamente cun OMX equivalente, que se declaraba seguro se non se detectaba ningunha diferenza significativa.
Constatáronse os seguintes efectos sanitarios provocados polos transxénicos:
Porén, existen opinións favorables ó uso dos transxénicos. Segundo o doutor Thomas, os beneficios dos alimentos transxénicos para os consumidores veranse no futuro, cando saian dos laboratorios moitos dos produtos que actualmente se encontran en distintas fases de experimentación. Alimentos fortificados con vitaminas e micronutrintes esenciais, por exemplo, serán de grande utilidade para combater as deficiencias nutricionais que padece un elevado porcentaxe da humanidade. Incluso estase experimentando coa creación de alimentos que conteñan produtos medicinais. Os alimentos que conteñan vacinas son un bo exemplo disto.
As variedades transxénicas contaminan xeneticamente a outras variedades da mesma especie ou a especies silvestres emparentadas. Por exemplo, en México, o centro de diversidade e orixe mundial do millo, os millos transxénicos importados dos Estados Unidos están contaminando as variedades tradicionais. Os casos son especialmente graves nos estados de Puebla e Oaxaca. En Europa a colza transxénica é un cultivo de alto risco, dado que existen parentes silvestres deste cultivo. A permisividade do goberno chinés respecto á importación de soia transxénica pon en perigo o centro de diversidade e orixe mundial deste cultivo, podendo ocorrer o mesmo que pasou en México có millo. A contaminación xenética é irreversíbel e impredicíbel, non se pode volver á situación de partida. A polinización depende de factores naturais e, polo tanto, é imposíbel controlala.
Os científicos e enxeñeiros aseguran que o contido nutricional dos alimentos transxénicos é de maior calidade, polo que o risco de alerxias a determinados alimentos diminúe e o metabolismo mellora. Afirman tamén que estes alimentos se logran sen alterar as cualidades beneficiosas do produto.
Outros defenden o tema argumentando que:
Os grupos opositores deste tipo de alimentos están formados principalmente por ecoloxistas, asociacións de dereitos do consumidor, científicos e políticos. Estes buscan que se etiqueten estes alimentos por diferentes motivos: uns pola súa preocupación sobre a seguridade alimenticia, outros pola dependencia económica, polo seu impacto ambiental etc. Xurdiron en varios países do mundo e baséanse en:
A empresa Monsanto ten o 80% do mercado das plantas transxénicas, seguida por Aventis, co 7%, Syngenta (antes de Novartis) co 5%, BASF co 5% e DuPont co 3%.[cando?] Estas empresas tamén producen o 60% dos plaguicidas e o 23% das sementes comerciais.[Cómpre referencia]
Case dous terzos dos cultivos transxénicos que se producen no mundo atópanse nos Estados Unidos (59%). Aínda que a superficie plantada de cultivos transxénicos neste país segue crecendo, a súa proporción da superficie mundial diminuíu rapidamente, ó incrementar Arxentina (20%), Brasil (6%), Canadá (6%), China (5%), Paraguai (2%) e Suráfrica (1%) as súas plantacións. Así, os transxénicos cultívanse en 7 países industrializados tales como Estados Unidos, Canadá, Australia, España, Alemaña, Romanía e Bulgaria e en 11 países en desenvolvemento: Arxentina, China, Suráfrica, México, Indonesia, Brasil, India, Paraguai, Uruguai, Colombia, Chile, Honduras e Filipinas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.