Remove ads
filósofa feminista arxentina From Wikipedia, the free encyclopedia
Alicia Puleo, nada en Buenos Aires o 30 de novembro de 1952, é unha filósofa feminista radicada no Estado Español. Destacou polo desenvolvemento do pensamento ecofeminista. Entre as súas principais publicacións atópase Ecofeminismo para otro mundo posible (2011).[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de novembro de 1952 (72 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | filósofa, Ecofeminista |
Empregador | Universidade de Valladolid |
Sitio web | aliciapuleo.net |
É doutora en Filosofía pola Universidade Complutense de Madrid e Titular de Filosofía Moral e Política (Catedrática Acreditada) na Universidade de Valladolid.
Forma parte do Consello da Cátedra de Estudos de Xénero desta universidade e do Consello do Instituto de Investigacións Feministas da Universidade Complutense de Madrid.
Dirixiu a Cátedra de Estudos de Xénero da Universidade de Valladolid durante unha década (2000-2010) e coordinou no Instituto de Investigacións Feministas diversos seminarios, entre eles o Discurso sobre la sexualidad y crítica feminista e Feminismo y ecología[2].
Puleo compaxinou a súa carreira como docente coa investigación e a publicación de numerosos libros e artigos sobre desigualdade entre homes e mulleres, xénero e feminismo.
Nos seus traballos analiza os mecanismos socio-culturais que impiden a superación desta desigualdade e os medios que a filosofía feminista ofrece para desactivalos. Nalgúns dos seus estudos sobre a Ilustración francesa examina as raíces desta materia pendente das democracias modernas. Os traballos que dedica á evolución do concepto de sexualidade na filosofía contemporánea de Schopenhauer a Georges Bataille configúranse como unha crítica ás teorías lexitimadoras da violencia ás que se referiu co concepto de "erotismo transgresivo".[3]
Co libro Dialéctica de la sexualidad. Género y sexo en la Filosofía Contemporánea (1992) foi finalista do Premio Nacional de Ensaio.
En 2004 coordinou a edición do libro Mujeres y Ecología: Historia, Pensamiento, Sociedad no que se recollía a relación entre o movemento ecoloxista e o movemento feminista e diferentes experiencias no Estado Español e no ámbito internacional.
En 2011 publicou Ecofeminismo para outro mundo posible unha obra na que ademais de recoller a historia do ecofeminismo e analizar as achegas do movemento feminista ao ecoloxista, non sempre recoñecida, desenvolve a súa proposta do que denominou un ecofeminismo crítico ou ilustrado.
En setembro de 2014 asume a dirección da Colección Feminismos da Editorial Cátedra.[4]
En 2015 edita o libro colectivo Ecología y género en diálogo interdiciplinar no que se analizan os armazóns socio-culturais que tecen as relacións entre os corpos e os ecosistemas que habitamos[5]
A súa obra articúlase ao redor da preocupación pola desigualdade entre homes e mulleres. Analiza os mecanismos socio-culturais que impiden a superación desta desigualdade e os medios que a filosofía feminista ofrece para desactivarlos.[6] Nalgúns dos seus estudos sobre a Ilustración francesa examina as raíces desta materia pendente das democracias modernas. Os traballos que dedica á evolución do concepto de sexualidade na filosofía contemporánea de Schopenhauer a Georges Bataille configúranse como unha crítica ás teorías lexitimadoras da violencia ás que se referiu co concepto de "erotismo transgresivo".[7]
Na teoría feminista o traballo de Alicia Puleo tendeu pontes entre diferentes correntes feministas. Ao ir máis aló da polarización entre feminismo da igualdade e da diferenza que caracterizou a teoría feminista española nos anos 1980 e anos 1990, Puleo atopou modos de combinar a razón do feminismo da igualdade e a afectividade do feminismo da diferenza apunta Roberta Johnson da Universidade de California.[8]
Puleo está recoñecida como unha das pensadoras ecofeministas máis relevantes na actualidade. "No que se refire ao movemento mundial ou orientación teórica coñecida como ecofeminismo, Alicia Puleo é posibelmente a máis prominente filósofa de España" escribe Johnson en “For a better World: Alicia Puleo’s Critical Ecofeminism”.
A súa proposta do que denominou un ecofeminismo crítico ou ilustrado pode considerarse unha nova forma non esencialista de ética ambiental en clave de xénero.[9] Non considera que as mulleres se atopen nunha especie de simbiose coa Natureza, senón que parte da convicción de que vivimos unha época de crecemento insustentábel que fai inevitábel a vinculación entre feminismo e ecoloxía.[10] Sostén que o enriquecemento mutuo de ambas as perspectivas permitiría construír unha cultura de igualdade e sostibilidade.
A miña posición -escribe Puleo- enraízase na tradición ilustrada de análise das doutrinas e prácticas opresivas. Reivindica a igualdade e a autonomía das mulleres, con particular atención ao recoñecemento dos dereitos sexuais e reprodutivos que nalgunhas formas de ecofeminismo podían ser erosionados en nome da santidade da vida. Acepta os beneficios do coñecemento científico e tecnolóxico con prudencia e actitude vixiante. Fomenta a universalización dos valores da ética do coidado, evitando facer das mulleres as salvadoras do planeta. Propón unha aprendizaxe intercultural sen menoscabo dos dereitos humanos das mulleres e afirma a unidade e continuidade da Natureza desde o coñecemento evolucionista, o sentimento de compaixón e a vontade de xustiza para cos animais non humanos, ese Outro ignorado e silencioso, mais capaz de anhelar, amar e sufrir.[11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.