rei de Galiza e de León From Wikipedia, the free encyclopedia
Afonso IV de León e Galiza (falecido en 933), cognominado o Monxe, foi rei de toda Galiza altomedieval[1] de 925 a 931.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2010.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 899 (Gregoriano) Reino de León |
Morte | agosto de 933 (Gregoriano) (33/34 anos) mosteiro de San Xulián e Santa Basilisa de Ruiforco, España |
Causa da morte | morte natural |
Lugar de sepultura | Basílica de Santo Isidoro de León |
Monarca do Reino de León | |
926 – 931 ← Afonso Froilaz – Ramiro II → | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | rei |
Outro | |
Título | Rei de León |
Familia | Dinastía ástur-leonesa |
Cónxuxe | Oneca Sánchez de Pamplona |
Fillos | Ordoño IV |
Pais | Ordoño II de Galicia e León e Elvira Menendiz |
Irmáns | Ramiro II Sancho I |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopedic Lexicon (en) |
Fillo máis vello de Ordoño II de Galiza, non ascendeu ao trono por morte do pai en 924, tendo a Ordoño sucedido o tío Froila II; coa morte deste no ano seguinte, sendo Afonso o descendente máis vello de entre os fillos de Ordoño e Froila, tornouse rei na cidade de León. Trala morte do seu irmán Sancho Ordóñez, Afonso IV pasou a actuar como rei de toda Galiza, desde a sede de León. Nesas condicións sería difícil asegurar a gobernación, tendo resignado en favor do seu irmán Ramiro II, e entrado de seguida nun mosteiro. Inconstante, porén, no seu carácter, tomou armas co fillo de Froila (Afonso Froilaz) contra Ramiro, tendo suspendido a súa renuncia ao trono, por un lado, e a vida monástica por outro. Ramiro derrotouno, mandouno cegar e colocouno baixo prisón no mosteiro de Sahagún, onde viría a falecer en 933. Ordoño IV, futuro rei de Galiza era seu fillo.
"Cando morreu Froila fillo de Ordoño, rei de Galiza[2], a quen deus maldiga (...) os cristiáns fixeron rei no seu lugar ao seu irmán Afonso fillo de Ordoño, a quen lle disputou o trono o seu irmán Sancho fillo de Ordoño, maior que el, o cal entrou en León, capital do reino dos galegos, como opoñente do seu irmán Afonso, sendo apoiado por algúns galegos, mentres que outros se mantiveron fieis a este (...) até que acordaron depor a Sancho e expulsalo de León, uníndose baixo o rei Afonso fillo de Ordoño. Sancho fuxiu entón ao extremo de Galiza, cuxa poboación o recoñeceu e entronizou, sendo súa unanimemente, mentres o seu irmán Ramiro fillo de Ordoño (...) detentaba a zona adxacente desde o oeste de Galiza até o límite de Coímbra.
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.