Remove ads

As adhesinas bacterianas son compoñentes da superficie celular ou de apéndices das bacterias que facilitan a adhesión a outras células (eucariotas ou procariotas) ou a superficies. Son un tipo de factor de virulencia.

A adherencia é esencial na patoxenia bacteriana ou infeccións, necesaria para que as bacterias colonicen o novo hóspede[1]

Introdución

As bacterias atópanse normalmente adheridas e vivindo en estreita asociación con superficies. Durante a vida dunha bacteria esta está suxeita frecuentemente a forzas de cizalla. As adhesinas serven de áncoras que axudan a que as bacterias resistan esas forzas de cizalla ambientais, e así permanezan no ambiente desexado. Porén, as adhesinas bacterianas non serven como un adhesivo universal para estes microorganismos, senón que actúan máis ben como moléculas de recoñecemento de superficie específicas, xa que permiten que unha determinada bacteria se una a unha determinada superficie, como pode ser un tecido das raíces das plantas, tecidos dos condutos lacrimais de mamíferos ou mesmo ao esmalte dental.[2]

A maioría das fimbrias das bacterias gramnegativas funcionan como adhesinas, pero en moitos casos é unha subunidade menor proteica situada no extremo da fimbria a que funciona como verdadeira adhesina. Nas bacterias grampositivas, unha capa superficial de proteína ou polisacárido serve como adhesina específica. Para conseguir unha adherencia efectiva ás superficies do hóspede, moitas bacterias producen moitos destes factores de adherencia chamados adhesinas.

As adhesinas bacterianas proporcionas un tropismo de especie e de tecido. Expresan adhesinas tanto as bacterias patóxenas coma as saprofíticas. Esta prevalencia márcaas como factores de virulencia microbiana claves, xunto coa capacidade das bacterias de producir toxinas e de resistir ás defensas inmunitarias do hóspede.

Remove ads

Estruturas

No decurso da evolución distintas especies de bacterias desenvoloveron diferentes solucións ao problema de unirse a proteínas receptoras específicas da superficie celular. Actualmente coñécense varios tipos e subclases de adhesinas bacterianas.

A estrutura típìca dunha adhesión bacteriana é a dunha fimbria ou pili.[2] A adhesión bacteriana consiste principalmente nunha proteína estrutural intramembranosa que serve de armazón no cal se poden unir varias adhesinas extracelulares.[2] Porén, como ocorre no caso das fimbrias CFA1, a proteína estrutural por si soa pode ás veces actuar como unha adhesión se unha porción da proteína se estende pola matriz extracelular.

Estrutura da adhesina FimH

A adhesina bacteriana mellor cracterizada é a adhesina FimH de fimbria de tipo 1. Esta adhesina é responsable da adhesión sensible a D-manosa.[2] A bacteria sintetiza unha proteína precursora que consta de 300 aminoácidos despois procesa a proteína eliminando varios péptidos sinais quedando finalmete unha proteína de 279 aminoácidos.[2] A FimH madura está exposta na superficie bacteriana como un cmpoñente da fimbria de tipo 1.[2]

En 1999, a estrutura de FimH foi resolta por cristalografía de raios X. FimH está pregada en dous dominios. O dominio adhesivo N-terminal é o que desempeña o papel principal no recoñecemento de superficies, mentres que o dominio C-terminal é responsable da integración en orgánulos.[3] Un bucle tetrapéptido une os dous dominios. Ademais, identificouse un peto de unión a carbohidratos no extremo do dominio adhesivo N-terminal.[3] Esta estrutura básica está conservada entre as adhesinas de fimbria de tipo 1, aínda que estudos recentes mostraron que as mutacións inducidas in vitro poden orixinar a adición de especificidade ao dominio C-terminal, o que dá lugar a unha adhesión bacteriana con dous sitios de unión e fenotipos de unión relacionados.[4]

Remove ads

As adhesinas como factores de virulencia

A maioría dos patóxenos bacterianos utilizan a súa adhesión específica ás células do hóspede como o seu principal factor de virulencia. “Identificouse un gran número de adhesinas bacterianas con especificidades de receptor individualizadas.”[2] Moitos patóxenos bacterianos poden expresar un conxunto de adhesinas diferentes. A expresión destas adhesinas en diferentes fases durante a infección xoga o papel máis importante na virulencia baseada na adhesión.[2] Numerosos estudos indican que a inhibición dunha soa adhesina neste esforzo coordinado pode a miúdo ser suficiente para facer que unha bacteria patóxena se faga non virulenta. Isto levou a que se empezase a explorar a interrupción da actividade das adhesinas como método de tratamento de infeccións bacterianas.

Remove ads

Vacinas baseadas en adhesinas

O estudo das adhesinas pode servir para crear vacinas como indicaban xa os primeiros estudos que demostraron que un importante compoñente de protección inmunitaria contra certas bacterias procede da capacidade de impedir a unión das adhesinas.[5] Ademais, as adhesinas son candidatos atractivos para crear vacinas porque a miúdo son esenciais para a infección e están localizadas na superficie, o que as fai doadamente accesibles aos anticorpos.

A efectividade dos anticorpos antiadhesinas demostrouse en estudos con FimH, a adhesina da Escherichia coli uropatóxena (UPEC). En países subdesenvolvidos é frecuente que os nenos sufran repetidos episodios de diarreas asociadas con E. coli durante os seus primeiros tres anos de vida. Se o neno sobrevive a este período inicial de susceptibilidade, as taxas de infección caen substancialmente, debido a que se crea unha inmunidade adquirida contra as adhesinas bacterianas.[2]

Estudos recentes do Instituto Politécnico de Worchester indican que o consmo de zume de arandos pode inhibir a acción das adhesinas da E. coili uropatóxena, xa que as forzas de adhesión diminúen, como se descubriu utilizando o microscopio de forza atómica.[6] Este tipo de investigacións abren o camiño á creación de vacinas orais contra as adhesinas bacterianas.

Na creación de vacinas antiadhesinas hai que vencer varios problemas. O primeiro é o gran número de adhesinas bacterianas diferentes que teñen como diana os mesmos tecidos humanos. Outros problemas xorden pola capacidade de cada bacteria individual de producir moitos tipos de adhesinas xeralmente en diferentes momentos e lugares, e en resposta a diferentes causantes ambientais.[2] Finalmente, moitas adhesinas presentan diversas variedades inmunoloxicamente diferentes, incluso no mesmo clon (como por exemplo en Neisseria gonorrhoeae).[7]

Malia todos estes problemas, estanse a facer progresos na creación de vacinas antiadhesinas. En modelos animais, a inmunización pasiva con anticorpos anti-FimH e a vacinación coa proteína reduce significativamene a colonización por E. coli uropatóxenas.[8] Ademais, as adhesinas FHA de Bordetella pertussis e a pertactina son compoñentes de 3 das 4 vacinas acelulares contra a pertussis que actualmente foron aprobadas nos Estados Unidos. Adicionalmente, as vacinas antiadhesión están sendo exploradas como solción para infeccións do tracto urinario. O uso de péptidos de adhesión FimH sintéticos impide as infeccións da mucosa uroxenital por E. coli en ratos.[9]

Remove ads

Exemplos

Familia Dr

Datos rápidos Identificadores, Símbolo ...
Adhesina bacteriana
Thumb
Adhesina drae de Escherichia coli
Identificadores
SímboloAdhesin_Dr
PfamPF04619
Pfam clanCL0204
InterProIPR006713
Pechar

As adhesinas da familia Dr de adhesinas únense ao antíxeno do grupo sanguíneo humano Dr compoñente do factor acelerador da descomposición (DAF).[10] Estas proteínas conteñen tanto estruturas de adherencia de fimbrias e non de fimbrias e median a adherencia da Escherichia coli uropatóxena ao tracto urinario.[11] Fano inducindo o desenvolvemento de longas extensións celulares que rodean a bacteria.[10] Tamén confiren o fenotipo de hemaglutinación resistente á manosa, que pode ser inhibida polo cloranfenicol. A porción N-terminal da proteína madura crese que é responsable da sensibilidade ao cloranfenicol.[12] Ademais, inducen a activación de varias fervenzas de transdución de sinais, incluíndo a activacion da PI-3 quinase.[10]

A s adhesinas da familia Dr están especialmente asociadas coa cistite e a pielonefrite asociada co embarazo.[10]

Neisseria gonorroheae

N. gonorrhoeae afecta case exclusivamente a humanos.[2] “Estableceuse en amplos estudos que as adhesinas de fimbria de tipo 4 dos factores de virulencia de N. gonorrhoeae.”[2] Estes estudos mostraron que só son patóxenas as cepas que poden expresar fimbrias. A alta supervivencia de neutrófilos polimorfonucleares (PMNs) é característica das infeccións por N. gonorrhoeae. Ademais, estudos recentes indican que Neisseria pode adherirse aos PMNs utilizando os seus pili de adhesinas o que os oculta da actividade fagocítica dos neutrófilos. Esta acción facilita o espallamento do patóxeno polas capas de células epiteliais.[13]

Escherichia coli

Certas cepas de E. coli que poden causar diarrea poden encontrarse en tecidos intestinais de porcos e humanos, nos que expresan as proteínas K88 e CFA1[14] para adherirse ao revestimento intestinal. Ademais, as cepas de E. coli uropatóxenas causan un 90% das infeccións do tracto urinario.[15] Das E. coli que causan infeccións do tracto urinario, o 95% expresa fimbrias de tipo 1. A FimH en E. coli vence a resposta inmunitaria baseada en anticorpos pola súa conversión natural desde o estado de afinidade alta ao de baixa. Por medio desta conversión, a adhesión FimH pode protexerse dos anticorpos dirixidos contra ela. A FimH de E. coli é un bo exemplo de resposta inmunitaria específica de conformación, que potencia o impacto sobre a proteína.[15] Estudando esta adhesión, os investigadores esperan desenvolver vacinas específicas de adhesión, que poden servir como modelo para a mediación por anticorpo da adhesión do patóxeno.[15]

Remove ads

Notas

Remove ads

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.

Remove ads