Remove ads
especie de bacterias gramnegativas From Wikipedia, the free encyclopedia
Bordetella pertussis é unha especie de bacterias gramnegativas, aerobias con forma de cocobacilo e con cápsula, causante da tose ferina. A diferenza doutras bordetelas, como B. bronchiseptica, B. pertussis non é móbil. Produce factores de virulencia como a toxina pertussis, hemaglutinina filamentosa, pertactina, fimbrias, e citotoxina traqueal.
Bordetella pertussis | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Bordetella pertussis' (Bergey et al. 1923) Moreno-López 1952 |
Non parece que exista un reservorio zoonótico para B. pertussis, xa que os seus únicos hóspedes coñecidos son os humanos.
A bacteria espállase por pequenas gotas levadas polo aire, que os pacientes soltan ao tusir. O seu período de incubación é de 7 a 14 días.
A tose ferina ou pertusis é unha infección do aparato respiratorio caracterizada por un son afogado característico cando se respira. A vacina é moi efectiva, o que rebaixou enormemente o número de casos mortais nos países cun sistema de vacinación axeitado. Segundo datos do ano 2000 da OMS no mundo son infectadas anualmente arredor de 39 millóns de persoas e morren unhas 297.000. Bordetella pertussis infecta ao seu hóspede colonizando as células epiteliais do pulmón. A bacteria contén unha proteína adhesina de superficie chamada adhesina hemaglutinina filamentosa, que se une aos sulfátidos que se encontran nos cilios das células epiteliais. Unha vez ancorada, a bacteria produce citotoxina traqueal, que detén o batido dos cilios. Isto impide que os cilios limpen os residuos que se acumulan nos pulmóns, polo que o corpo responde producindo tose. A tose expulsa algunhas bacterias no aire en pequenas gotas, que poden infectar a outros hóspedes.
B. pertussis ten a capacidade de inhibir o sistema inmunitario do seu hóspede. A toxina, coñecida como toxina pertusis (ou PTx), inhibe o acoplamento da proteína G que regula a conversión mediada pola adenilato ciclase do ATP a AMP cíclico. O resultado final é que os fagocitos converten demasiado ATP a AMP cíclico, o cal pode causar distorsións nos mecanismos de sinalización celular, e impide que os fagocitos respondan correctamene á infección. A PTx, denominada formalmente factor promotor da linfocitose, causa un decrecemento na entrada de linfocitos nos ganglios linfáticos, o cal pode levar a unha linfocitose, cun reconto de linfocitos completo de 4000/μL en adultos ou de 8000/μL en nenos.
A infección dáse principalmente en nenos de menos dun ano cando non están inmunizados, ou en nenos e adolescentes coa súa inmunidade debilitada, normalmente entre 11 e 18 anos. Os signos e síntomas son inicialmente similares aos dun arrefriado: secreción nasal, espirros, tose suave, e febre baixa, pero despois aparece a tose convulsiva, ás veces con vómitos. O paciente é máis contaxioso durante o estadio catarral da infección, normalmente dúas semanas despois de que comece a tose. Pode transmitirse polo aire cando a persoa tose, espirra ou ri. A vacina pertussis forma parte da inmunización que se administra contra a difteria, tétano, e pertusis acelular (DTaP). A tose paroxística é seca e violenta e precede a un son inspiratorio asubiante agudo característico desta doenza.[1] Os adultos teñen síntomas máis suaves, como unha tose prolongada sen ese son. Un ataque de tose pode durar un minuto ou máis, producindo cianose, apnea e convulsións. Porén, cando o paciente non está experimentando un ataque de tose, non ten problemas para respirar. Isto débese a que B. pertussis inhibe a resposta inmunitaria, polo que se xera moi popuco mucus os pulmóns. Unha tose prolongada pode ser irritante e ás veces unha tose incapacitante pode non ser diagnosticada en adultos por moitos meses.
Para diagnosticala pode facerse un frotis nasofarínxeo ou orofarínxeo e examinalo no laboratorio de bacterioloxía con tinguidura de Gram no que se observarán, se é positivo, cocobacilos gramnegativos dispostos como diplococos, ou cultivalo en placas de ágar Bordet-Gengou ou de ágar BCYE aos que se lle engadiu cefalosporina para seleccionar o organismo, o cal, de estar presente, aparece formando colonias similares a pingas de mercurio.
Disponse de varias probas diagnósticas, especialmente kits ELISA. Están deseñados para detectar a adhesina hemaglutinina filamentosa (FHA) e/ou anticorpos contra a toxina pertussis (PTx) do tipo IgG, IgA e IgM. Algunhas destes equipos de probas usan unha combinación de varios antíxenos que lles dan unha maior sensibilidade, pero isto pode facer tamén que a interpretación dos resultados sexa máis difícil, xa que non se pode saber que anticorpo foi detectado. Hai tamén un novo test molecular rápido, de PCR en tempo real, baseado na tecnoloxía FilmArray, que tarda aproximadamente unha hora en detectar uns 15-17 virus e bacterias diferentes, entre as que se inclúe B. pertussis.
A bacteria é oxidase positiva, pero é negativa para as probas de urease, nitrato redutase, e citrato. Tamén é non motil.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.