Activina
hormona segregada polas gónadas, hipófise e placenta From Wikipedia, the free encyclopedia
A activina é unha hormona proteica dímera segregada polas gónadas, hipófise e placenta. A activina fai aumentar a síntese e secreción de hormona estimulante dos folículos (FSH) e participa na regulación do ciclo menstrual. Describíronse ademais moitas outras funcións da activina, como influír na proliferación celular, diferenciación celular, apoptose,[1] metabolismo, homeostase, respostas inmunitarias, curación de feridas,[2] e funcións endócrinas.

INHBA (beta A) | |
Identificadores | |
Símbolo | INHBA |
Símbolos alt. | activin A |
Entrez | 3624 |
HUGO | 6066 |
OMIM | |
RefSeq | NM_002192 |
UniProt | P08476 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 7 p15-p13 |
INHBB (beta B) | |
Identificadores | |
Símbolo | INHBB |
Símbolos alt. | activin B |
Entrez | 3625 |
HUGO | 6067 |
OMIM | |
RefSeq | NM_002193 |
UniProt | P09529 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 2 cen-q13 |
INHBC (beta C) | |
Identificadores | |
Símbolo | INHBC |
Símbolos alt. | activin C |
Entrez | 3626 |
HUGO | 6068 |
OMIM | |
RefSeq | NM_005538 |
UniProt | P55103 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 12 q13 |
INHBE (beta E) | |
Identificadores | |
Símbolo | INHBE |
Símbolos alt. | activin E |
Entrez | 83729 |
HUGO | 24029 |
OMIM | |
RefSeq | NM_031479 |
UniProt | P58166 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 12 q13.2 |
A activina actúa conxuntamente coa hormona inhibina, moi relacionada con ela e con estrutura química similar (teñen unha subunidade igual). A activina e a inhibina teñen efectos opostos.[3]
Estrutura
A activina é unha proteína dímera composta por dúas subunidades beta moi similares ou idénticas (e similares á unidade beta da inhibina).[4][5] Os dous monómeros que forman o dímero de activina están unidos por unha ponte disulfuro.[4][6] A activina pertence á superfamilia proteica do TGF-β, xunto coa inhibina e outras proteínas estruturalmente relacionadas como a hormona antimülleriana, a proteína morfoxenética ósea, e o factor de diferenciación do crecemento.[7]
Na táboa móstranse os complexos de activina máis comúns:
| ![]() |
A similitude entre as subunidades beta é do 65% (e teñen un 25% de homoloxía coa subunidade alfa da inhibina).[7]
Nos mamíferos, describíronse catro subunidades beta, chamadas activina βA, activina βB, activina βC e activina βE. A activina βA e a βB son idénticas ás dúas subunidades beta da inhibina. Describiuse unha quinta subunidade, a activina βD, no anfibio Xenopus laevis. A unión de dúas subunidades de activina βA dá lugar á activina A, a unión dunha subunidade βA e unha βB orixina a activina AB, e así sucesivamente. Atopáronse varios heterodímeros, aínda que non todos os teoricamente posibles.[8][9]
A subunidade βC pode formar heterodímeros de activina coas subunidades βA ou βB pero non pode dimerizarse coa subunidade α da inhibina.[10]
Funcións
A activina prodúcese nas gónadas, hipófise (ou pituitaria), placenta, e outros órganos, e exerce as seguintes funcións:
- No folículo ovárico, a activina actúa incrementando a unión da FSH e a aromatización inducida pola FSH. Participa na síntese de andróxenos potenciando a acción da hormona luteinizante (LH) no ovario e testículos. Nos machos, a activina aumenta a espermatoxénese.
- A activina exprésase en abundancia na pel ferida, e a sobreexpresión da activina na epiderme de ratos transxénicos mellora a curación de feridas e favorece a cicatrización. A súa acción na reparación de feridas e na morfoxénese da pel realízase a través da estimulación dos queratinocitos e células estromais dun modo dependente da dose.[11]
- A activina tamén regula a morfoxénese de órganos como a próstata, pulmóns, e especialmente os riles. A activina A incrementa o nivel de expresión do coláxeno tipo I, o que suxire que a activina A actúa como un activador potente dos fibroblastos.
- A falta de activina durante o desenvolvemento orixina defectos no desenvolvemento neural.
Mecanismo de acción
As activinas interaccionan con dous tipos de receptores de superficie transmembrana, denominados tipo I e II, os cales teñen actividades intrínsicas de serina/treonina quinase nos seus dominios citoplasmáticos:
- Receptores de activina tipo 1: ACVR1, ACVR1B, ACVR1C.
- Receptores de activina tipo 2: ACVR2A, ACVR2B.
A activina únese ao receptor tipo II e inicia unha cascada de reaccións que leva ao recrutamento, fosforilación, e activación do receptor de activina tipo I. Este despois interacciona cos SMAD2 e SMAD3 e despois fosforílaos, os cales son dúas das proteínas citoplasmáticas SMAD.
O SMAD3 despois translócase ao núcleo celular e interacciona co SMAD4 a través da multimerización, orixinando na súa modulación como factores de transcrición responsables da expresión dunha gran variedade de xenes.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- MeshName - Activin
- Grusch M, Kreidl E (2008-08-01). "Activin and follistatin in liver biology and hepatocellular carcinoma". SciTopics. Elsevier. Consultado o 2008-12-24.
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.