Remove ads
lugar da parroquia de Goián, no concello de Tomiño From Wikipedia, the free encyclopedia
A Centinela é un lugar da parroquia de Goián, no concello pontevedrés de Tomiño, na comarca do Baixo Miño.[1] Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 256 habitantes (119 homes e 137 mulleres).
A Centinela | |
---|---|
Parroquia | Goián |
Concello | Tomiño |
Coordenadas | 41°56′57″N 8°46′01″O |
Poboación | 256 hab. (2022) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Situado ó norte da parroquia, está preto do antigo forte das Chagas no leste, e polo oeste fronte o forte dos Medos ou do Carrillo, en Estás.
O nome procede do sentinela que vixiaba os movementos das tropas entre os dous fortes na época da independencia de Portugal. O forte das Chagas era ocupado polos portugueses, e o dos Medos polas forzas do Arcebispo de Santiago.
Nun documento do século XVII, na visita que fixo o delegado da mariña de guerra á devesa boial da parroquia, convocou a varios veciños, entre eles un carpinteiro, á acompañalo para o reconto do arboredo (carballo), marcando os que se podían cortar para leña por inservibles. Tamén fixo unha visita ós viveiros no lugar da Gargantada recomendando sementar o carballo albar (quercus robur).
Lugares da parroquia de Goián no concello de Tomiño (Pontevedra) | |
---|---|
A Avenida de Ordóñez | A Avenida do Brasil | O Barrio de Triana | O Barrio Novo | A Calle | A Centinela | O Couto | Fontela | A Gándara | O Pazo | San Lourenzo | Soutelo | Tollo |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.