signo diacrítico From Wikipedia, the free encyclopedia
A cedilla[1] (do castelán: «pequeno z») é un signo diacrítico.
¸ |
---|
Cedilla |
Diacríticos do alfabeto latino |
acentos |
Signos ortográficos empregados como diacríticos |
apóstrofo ( ’ ) |
Diacríticos de alfabetos non latinos |
Diacríticos do alfabeto árabe |
Ç | ç |
Ḉ | ḉ |
Ḑ | ḑ |
Ȩ | ȩ |
Ḝ | ḝ |
Ģ | ģ |
Ḩ | ḩ |
Ķ | ķ |
Ļ | ļ |
Ṃ | ṃ |
Ņ | ņ |
Æ, | æ, |
Ŗ | ŗ |
Ş | ş |
Ţ | ţ |
Z, | z, |
Historicamente, a cedilla castelá (e, por extensión xeográfica, a galegoportuguesa, a portuguesa, a catalá e mais a francesa) colócase soamente baixo un c orixinado, entre outras posibilidades, dun c latino palatalizado. Forma, polo tanto, a letra ç (ce cedillado), pronunciada orixinalmente /ts/, despois convertida en [s].
A cedilla non forma parte do alfabeto galego da norma actual.
A cedilla (cedrilla na vernácula) é un pequeno z. A grafía actual tivo orixe na escrita gótica medieval (ʒ). A utilización do sinal gótico é debido á limitación do alfabeto latino. O nome da cedilla provén do castelán onde apareceu contra o século XVII.
O castelán abandonou o uso da cedilla no século XVIII (o ç foi substituído por z ou c simple antes de e e i). O galego tamén tendeu ao seu abandono coa perda do seseo total en parte do territorio. No rexurdimento algúns autores, coma Rosalía de Castro aínda a empregaban para representar o seseo. Os outros idiomas próximos, catalán, francés e portugués, consérvana. A variante reintegracionista do galego tamén continúa a empregala indistintamente para os diferentes sons das variedades dialectais [ɵ] ou [s].
A introdución e a manutención da cedilla é un xeito eficaz e consensual de regular definitivamente o problema da pronuncia ambigua do c latino.[Cómpre referencia] De feito, se o ce cedillado precede un a, un o ou un u é pronunciado [s], ao contrario do ce non cedillado, que é pronunciado [k], cando precede as mesmas vogais. Desta forma, o sinal permite evitar que se renuncie aos vínculos co pasado, preservando a coherencia gráfica da lingua e tornando a escrita menos ambigua. A presenza da cedilla é importante nunha palabra, pois deixa clara súa orixe etimolóxica, que co galego normativo é imposíbel adiviñar.[Cómpre referencia]
No galego actual o ç só se emprega en palabras de orixe estranxeira (cachaça) ou en topónimos e antropónimos doutras linguas (Valença, Eça, Barça). No galego-portugués empregouse en palabras que hoxe se escriben con "z" ou "ci": (espaço: espazo; canção/cançom: canción).
En galego reintegracionista é utilizada baixo a letra c para xerar o son [s]/[ɵ] (segundo a variedade dialectal) antes de a, o e u.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.