Por árabe pódese entender:
- Natural de Arabia ou membro ou descendente dalgunha das súas antigas tribos.
- Persoa que ten como lingua materna o árabe, á marxe da súa orixe étnica. Os países árabes son aqueles nos que a súa poboación (ou a maior parte da mesma) fala árabe. Os países árabes son produto da expansión do imperio islámico, e polo tanto da súa lingua oficial e litúrxica, dende o seu berce orixinal en Arabia.
- Lingua árabe. Lingua semítica falada en países do norte de África, como Exipto, Libia, Tunisia, Alxeria, Marrocos, Sudán, Sáhara Occidental , Mauritania, Chad e Djibuti. Minoritariamente nas illas Comores, e algúns sectores de Malí, Níxer, Somalia e nas prazas de soberanía española de Ceuta e Melilla, e no suroeste de Asia: Arabia Saudita, Iemen, Omán, Emiratos Árabes Unidos, Qatar, Kuwait, Iraq, Siria, Líbano, Palestina, Xordania e Bahrain, fálase tamén nalgunhas zonas de Israel, Turquía e Irán, algúns sectores da India, Indonesia e as Filipinas. Fálana tamén grupos importantes de emigrantes en Europa, países como España, Francia, Italia, Portugal, Grecia, Alemaña e o Reino Unido. O árabe ten unha variedade literaria, chamada en árabe al-luga al-fushà ou "a lingua máis elocuente", que en idiomas occidentais acostuma nomearse como árabe clásico e que comprende a lingua da literatura anterior ao islam, a lingua do Corán e a lingua da literatura posterior ao islam. A variedade lingüística estándar que se usa como lingua oficial no mundo árabe actual é unha modalidade de árabe clásico que en occidente acostuma recibir o nome de árabe literal ou literario. Por outro lado, no nivel da lingua falada o árabe ten multitude de dialectos moi diferentes entre si.
- Alfabeto árabe. Conxunto de signos propio do árabe, que é ou foi utilizado para codificar tamén os idiomas de poboacións musulmás non árabes como o urdú, o persa, o dari, o paxto, o kurdo ou o uigur na actualidade, e no pasado tamén o turco e demais linguas desta familia, o malaio, o tártaro, o wolof e outras linguas africanas e mesmo o castelán entre os mouriscos.
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.