![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/40/Zelda_Fitzgerald_circa_1919_Retouched.jpg/640px-Zelda_Fitzgerald_circa_1919_Retouched.jpg&w=640&q=50)
Zelda Fitzgerald
From Wikipedia, the free encyclopedia
Zelda Fitzgerald (de solteira Sayre), nada en Montgomery (Alabama) o 24 de xullo de 1900 e finada en Asheville (Carolina do Norte) o 10 de marzo de 1948, foi unha novelista, bailarina e celebridade estadounidense, esposa do escritor F. Scott Fitzgerald. Converteuse nunha icona dos anos vinte, sendo alcumada polo seu esposo como “a primeira flapper do Estados Unidos”. Despois do éxito da primeira novela do seu esposo, This Side of Paradise (1920), os Fitzgerald volvéronse celebridades.
![]() (1917) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Zelda Sayre ![]() 24 de xullo de 1900 ![]() Montgomery, Estados Unidos de América ![]() |
Morte | 10 de marzo de 1948 ![]() Asheville, Carolina do Norte, Estados Unidos de América ![]() |
Causa da morte | morte accidental, incendio ![]() |
Lugar de sepultura | St. Mary's Catholic Cemetery (en) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
Residencia | Montgomery Antibes París Baía de Chesapeake (pt) ![]() ![]() |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Sidney Lanier High School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía, belas letras, danza e pintura ![]() |
Ocupación | novelista , xornalista , artista , pintora , socialité , autobiógrafa , escritora , poetisa , bailarina ![]() |
Período de actividade | 1920 ![]() |
Pseudónimo literario | Sayre, Zelda Fitzgerald, Mrs. F. Scott Fitzgerald, Zelda Sayre Fitzgerald, Mrs. Francis Scott Key ![]() |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Familia![]() | |
Cónxuxe | F. Scott Fitzgerald (1920–1940), morte do cónxuxe |
Fillos | Frances Scott Fitzgerald (pt) ![]() ![]() |
Pais | Anthony D. Sayre (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Parentes | John Tyler Morgan (pt) ![]() ![]() ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Tras ser o símbolo da era do jazz, os anos vinte e a xeración perdida, Zelda Fitzgerald tivo trala súa morte un rexurdir, grazas á publicación en 1970 do libro supervendas Zelda: A Biography, de Nancy Milford.[1] A biografía de Milford retratouna como unha icona feminista e unha vítima dun esposo controlador.[2]
En 1992 foi incluída no Salón da Fama das mulleres de Alabama.[2] O seu nome inspirou o título da famosa saga de videoxogos The Legend of Zelda.